domingo, 24 de octubre de 2010

Movemento da auga ao traves dunha membrana semipermeable

Nun experimento vimos como se comportaba un ovo en medios hipertónico, hipotónico e isotónico. Noutro comprobamos como o proceso de ósmose ten lugar nas células vivas. Nesta animación estudaremos o fundamento do proceso da ósmose.

Editado por Carmen Cid Manzano

Animación sobre a auga para os amantes da Bioloxía molecular

Na seguinte animación podedes ver a polaridade da molécula de auga e os enlaces por pontes de hidróxeno que se forman entre elas.
Queres saber o que ocorre cando se disolve sal en auga? preme aqui.
Repasade as propiedades da auga vendo esta animación no idioma da ciencia, o inglés.

Editado por Carmen Cid Manzano

X Conferencia das Partes do Convenio de Biodiversidade Biolóxica

Ata o día 29 de outubro celébrase en Nagoya (Xapón) a X Conferencia das Partes do Convenio de Biodiversidade Biolóxica. Nesta reunión espérase que se adopten metas internacionais para o período 2020-2050. Espero que esteades atentos ás conclusións e comentédelas no blog.





Ecoloxistas en Acción ten un canal de televisión por internet http://www.somosbiodiversidad.tv/ co obxectivo de acercar o décimo Cumio sobre Biodiversidade a todos os que se desexen informar sobre este encontro tan decisivo para o futuro do planeta.


Que é para vós a biodiversidade?
Editado por Carmen Cid Manzano