domingo, 21 de octubre de 2012

España afógase coa polución

   Varios estudos realizados por Ecoloxistas en Acción a través das estacións de medición da calidade do aire repartidas por todo o territorio español amosan que o noso país ten unha taxa de polución no medio preocupante para a nosa saúde. Un 22% dos españois respira un aire que excede os límites legais de contaminación sinalados pola Unión Europea. Se tomamos coma referencia ós máximos marcados pola Organización Mundial da Saúde (OMS), a porcentaxe elévase ó 94% do total da poboación española.
   Os contaminantes máis comúns no noso entorno son as partículas en suspensión (PM10 e PM2,5), o ozono troposférico (O3) e o dióxido de nitróxeno (NO2). Varias institucións dedicadas á saúde (entre elas a OMS ou a Sociedade Española de Alergoloxía e Inmunoloxía clínica) advirten de que o alto nivel de contaminación ambiental favorece ás alerxias e ó asma, acelera o deterioro psíquico en adultos e incrementa as posibilidades de sufrir ataques ó corazón ou ictus cerebrais; así como de padecer cancros de pulmón ou enfermidades nas vías respiratorias, incluíndo tamén á poboación máis nova.
   Existen moitos núcleos de polución en España (a Comunidade de Madrid, á cabeza da lista; Barcelona, Granada, Palma de Mallorca...), pero varios reporteiros do periódico EL PAÍS visitaron tres deses puntos negros da contaminación.


BAIXO NERVIÓN / BILBAO
   No concello de Muskiz, a menos de 50 kilómetros da capital bilbaína, atópase unha planta da refinería de Petronor, que emite constantemente gases, po e cheiros á hidrocarburos. Instalouse unha estación de medida que detectou cantidades de benceno (C6H6) máis altas do común. Segundo o último estudo do censo, na comarca do Baixo Nervión houbo un importante incremento da mortalidade en máis dun 10% con respecto a resultados anteriores, sendo unha das maiores causas os tumores pulmonares.
 



MONTCADA I REIXAC (BARCELONA)
   Nesta pequena cidade colindante con Barcelona, aparte do intenso tráfico que acontece pola Autopista do Mediterráneo (que atravesa o lugar) e dos polígonos industriais da zona, a maior causa da polución é unha fábrica de cemento que leva en funcionamento dende fai décadas. O último informe da calidade do aire de Montcada declara que excédese con creces o límite de partículas en suspensión PM10 e tamén supérase o límite de dióxido de nitróxeno (NO2). Esta cidade foi a primeira en España en ser nomeada zona de atmosfera contaminada, alá por 1987.

 


MADRID
   Curiosamente, o punto desta zona con taxas de contaminación máis altas atópase moi preto do pulmón da capital, que é o parque do Retiro, concretamente no barrio de Salamanca. A cabina de detección desa zona rexistrou altos niveis de dióxido de nitróxeno (NO2), procedente do intenso tráfico que percorre a cidade cada día. O ambiente en Madrid pódese facer moi insoportable se a chuvia escasea, debido a acumulación das partículas en suspensión PM10 , que tamén superan os límites establecidos.

 




FONTE DE INFORMACIÓN: http://sociedad.elpais.com/sociedad/2012/10/06/actualidad/1349552436_512916.html


Onde se atopan os principais núcleos de polución en Galicia?

É compatible, ou o podería chegar a ser nun futuro, o avance tecnolóxico coa saúde humana?

Iago Rodríguez Peña 1º BACH A