miércoles, 24 de abril de 2013

Buscan voluntarios para unha viaxe sen retorno a Marte en 2023


O proxecto dunha empresa holandesa é instalar a primeira colonia humana no planeta vermelllo.Calquera que cumpla certos requisitos pode solicitar xa formar parte da misión.




O proxecto privado holandés "Mars One",que pretende establecer unha colonia humana permanente en Marte, comezou hoxe a seleccionar voluntarios para envialos sen retorno ao planeta vermello a partir de 2023.


A selección de astronautas está aberta a calquera persoa que cumpla os requisitos de ser maior de idade,ter boa saúde,certas aptitudes de supervivencia e un coñecemento adecuado do inglés.



Non parecen demasiadas esixencias para convertirse nos primeiros humanos que pisen a superficie do mundo veciño,unha fazaña que se adiantaría incluso aos plans da NASA se é que a compañía é capaz de cumplir o que anuncia.

A idea é tan audaz tanto desde o punto de vista económico como humano,que practicamente roza o imposible.



A Mars One Foundation preséntase como unha organización sen ánimo de lucro que pretende enviar humanos a Marte para establecer o primeiro asentamento permanente fora da Terra.En 2016 sería enviado un satélite para facer unha primeira aproximación do terreo.



Dous anos despois,un robot analizaría a mellor localización para establecer o campamento base.



O primeiro grupo emprendería unha viaxe de 7 meses en 2022 para chegar ao Planeta Vermello no ano seguinte.


Cada dous anos, sería enviado un novo grupo.Alí os colonos establecerían un hábitat autosuficiente coa axuda de rovers.Vivirían en casiñas de 50 metros cadrados e cultivarían os seus alimentos. En cada viaxe a tripulación estaría formada por dous homes e dúas mulleres, para que se poidan reproducir, ainda que non se enviarán parellas. Cámaras instaladas por toda a base retransmitirán á Terra como é alí a vida,de forma que "Mars One" tamén podería ser o primeiro "Gran Hermano" desde o espacio.






Fontes de información:

http://www.elconfidencial.com/alma-corazon-vida/2013/04/23/ldquoen-2023-marte-tendra-una-colonia-humana-permanente-y-un-reality-show-119416/

http://www.youtube.com/watch?v=MsXE-ii9eCA



Pablo Estévez Feijóo 1ºA Bacharelato