lunes, 1 de septiembre de 2014

Os problemas de memoria do rover Opportunity tras dez anos en Marte.


Imagen de Marte captada por el rover Opportunity de la Nasa

O rover Opportunity presenta problemas de memoria tras a súa chegada a Marte fai dez anos. A NASA está planteándose formatear a súa memoria flash debido a que cada vez máis reiniciábase o seu ordenador para poder funcionar.Todo esto interfiere coas actividades científicas programadas, a pesar de que a recuperación de cada incidente complétase nun día ou dous.

Por este motivo, o equipo que dirixe o rover Opportunity dende a Terra prepárase para formatear a súa memoria flash, que é a encargada de conservar os datos, incluso apagada. As células individuales da memoria flash poden desgastarse co uso repetido, é creése que estas células son as responsables dos desaxustes.

Os rovers xemelgos Spirit e Opportunity chegaron a Marte a principios do ano 2004 para comezar misiones planificadas para tan só tres meses. Spirit traballou durante 6 anos e o Opportunity aínda continúa activo. Estos rovers descubriron cousas como os ambientes húmidos antigos en Marte.

Fai cinco anos formateouse a memoria do rover Spirit para deter unha serie de problemas na súa memoria. Agora, en setembro, a NASA plantea facer o mesmo co rover Opportunity. Os preparativos inclúen a descarga á Terra de todos os datos útiles que ten a memoria flash e cambiar o rover a un método de funcionamento que non utilice a memoria flash. Ademáis o equipo está reestruturando as sensións de comunicación do rover para utilizar unha velocidade de datos máis lenta, o que pode añadir capacidade de recuperación en caso de reinicio durante estos preparativos.

Fonte de información: http://www.rtve.es/noticias/20140901/problemas-memoria-del-rover-opportunity-tras-diez-anos-marte/1003500.shtml

Rebeca González Pérez, 1º Bach. D