sábado, 26 de noviembre de 2011

Os novos parentes dos neandertales que viviron en Atapuerca.

A especie humana que habitou na serra de Atapuerca fai medio millón de anos, e cuxos restos se acumulan na Sima dos Ósos, o maior 'cemiterio' do Pleistoceno Superior en Europa, podería ser unha linaxe 'parente' dos neandertales e non os seus antepasados, como se defendeu até agora.

Esta é a conclusión á que chegou o equipo liderado pola paleontóloga, experta en dentición, María Martinón-Torres, do Centro Nacional de Investigación en Evolución Humana (CENIEH), tras o estudo de máis de 500 pezas dentais fosilizadas atopadas na Sima durante os últimos anos.

A análise, cuxos resultados se publican na revista 'Journal of Human Evolution', conclúe que aqueles homínidos, clasificados como 'Homo heidelbergensis', non son os antepasados dos neandertales clásicos, como se apuntaba até agora, porque, curiosamente, teñen trazos dentais "máis neandertales que estas poboacións típicas". "Se fosen os seus devanceiros, os trazos haberían ir parecéndose co tempo, pero o que vemos é que hai 500.000 anos tiñan trazos neandertales mesmo esaxerados".

Apúntanse dúas posibilidades ante estes resultados: ou houbo un pescozo de botella evolutivo que fixo que todos os neandertales posteriores fosen descendentes dos homínidos da Sima; ou estes últimos foron unha linaxe paralela, uns "irmáns" evolutivos que, ademais, non terían por que ser os únicos que existiron. "Iso explicaría a variedade de trazos que se identificaron na especie 'Homo heidelbergensis', que é como un caixón de xastre e que tería que ser redefinida porque igual houbo varias liñaxes paralelas"

A NASA busca vida en Marte.


Todo está listo no kennedy Space Center en Cabo Cañaveral (Florida), para que de comezo a misión MSL (Mars Science Laboratory), un laboratorio científico que irá no vehículo 'Mars Curiosity' e que a NASA lanzará hoxe ao redor das 16:02 (hora peninsular española) a bordo dun cohete Atlas V. Despois de que o tiveran que aplazar 24 horas para sustituir unha batería.
A nave contén o rover 'Curiosity', o maior vehículo que xamáis a pisado o planeta vermello. Realizará unha viaxe de máis de 570 millóns de kilómetros e chagará a Marte en agosto de 2012. Leva a bordo dous equipos españois: unha antena e unha estación meteorolóxica.

O seu obxetivo é o cráter Gale, unha depresión na que os científicos creen que puido haber auga no pasado.A superficie de marte parece un lugar inhóspito para a vida, está desprotexida das radiacións solares, o chan está formado por moitos productos químicos e a agua líquida (necesaria para a vida) ferve ou conxelase rápidamente. Sen embargo, no pasado esta paisaxe puido ser diferente, por iso a nave buscará indicios de carbono (un compoñente esencial para todas as formas de vida que coñecemos), coa esperanza de atopar trazas de que algún microorganismo pudiera ou poida subsistir.

Enlaces: http://www.abc.es/20111126/ciencia/abcp-mision-esperada-busca-vida20111126.html e http://www.elmundo.es/elmundo/2011/11/25/ciencia/1322222927.html

María Cerreda Pereira nº 8. 1ºD