domingo, 27 de febrero de 2011

Os monos xa xogan aos videoxogos!!!

Parece mentira pero é verdade. Agora os monos difrutan cos videoxogos ou máis ben coa recompensa que obteñen se o fan ben.
Todo isto forma parte dunha investigación onde se descubriu que estes animais teñen dúbidas ante unha decisión complicada e o que é o máis sorprendente: Son perfectamente conscientes de ter estes pensamentos!!!!

Na clase de filósofía tivemos varias discusións sobre se os animais tiñan a capacidade da metacognición e sempre chegamos a conclusión de que eso non era posible. Claro que agora todo isto cambia ao ler este artículo do xornal El Mundo.
Os expertos en Psicoloxía John David Smith e Michael Bern situaron aos macacos frente a unha palanca e deronlles un mando con forma de palanca para que desplazaran un punteiro polo monitor no cal aparecían manchas de cor vermella con distintas densidades. Denpendendo delas os animais desplazaban o punteIro cara un lado ou cara outro. Se o facía ben, recibían un premio en forma de comida; se o facía mal a pantalla púñase en negro durante uns instantes, facendo "enfadar" así aos impacientes monos que querían xogar, ou recibir a súa recompensa, segundo se mire.
Pero aínda que non o creades esto non foi o máis incrible. Os monos tiñan a opción de darlle a unha interrogación se non sabían a resposta e pasar a seguinte pregunta sen responder, o sorprendente foi que eles recorreron a ela ao igual que fixeron varos humanos que participaron támen no experimento. Os investigadores cren que aínda que os animais non poideron expresalo con palabras o seu comportamento debeuse a que optaban obviar a resposta para non equivocarse, no momento no que tiñan dúbidas. Segundo isto, estes monos saberían identificar os seus propios pensamentos e actuar en consecuencia, algo que ata agora se cría totalmente imposible.
E agora eu me pregunto, que será o proximo? Máis animais con capacidade para decidir ? Ou tal vez outra especie como o ser humano ?
Aínda é cedo para contestar a estas preguntas, pero por canto tempo ?




Coral Real Llamas 1º Bacharelato B

Máis datos sobre a época na que as primeiras estrelas do Universo comezaron a brillar

Despois da creación do universo polo Big Bang fai 13.000 millóns de anos, o cosmos quedou sumido na escuridade. Non había nin estrelas nin galaxias. Só existía o gas (maiormente hidróxeno) que quedou despois do Big Bang. Co tempo, esa época chegou ao seu fin, iso ocorreu cando as primeiras estrelas acendéronse. Un experimento levado a cabo recentemente permitiu desvelar algúns detalles desa época fascinante do universo, a de cando se fixo a luz.




Esa fase da historia do universo en que as primeiras estrelas comezaron a funcionar como tales e a emitir o seu resplandor, chámase a Época da Reionización, e está intimamente ligada a moitas cuestións fundamentais da Cosmoloxía. Pero mirar cara a tan atrás no tempo presenta numerosos desafíos observacionales.





Judd Bowman, da Universidade Estatal de Arizona, e Alan Rogers, de Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts, levaron a cabo un experimento deseñado para detectar un sinal, nunca antes vista, desa época arcaica da reionización do universo. O sinal está presente nas ondas de radio emitidas desde as primeiras galaxias. Algunhas desas ondas de radio están a chegar á Terra hoxe en día, e certas características das ondas poden achegar datos decisivos sobre a Época da Reionización.



A medida que se formaron as galaxias, ionizaron o hidróxeno primordial ao redor delas e causaron que ese sinal de radio característica e case omnipresente do hidróxeno desaparecese. Por tanto, verificando se a liña estaba presente ou non en certas épocas (o que se logra observando ás distancias correspondentes en anos-luz), os astrónomos poden obter indirectamente datos acerca das primeiras galaxias e como evolucionaron no universo temperán.

Os primeiros resultados obtidos por Bowman e Rogers indican que o gas non ionizado tardou polo menos 5 millóns de anos en ionizarse.



para máis información déixovos esta páxina :




Editado por: Antia Arias Garcia 1ºB

Nova especie de dinosaurio de poderosas patas

O Brontomerus mcintonshi é unha nova especie de dinosaurio descuberta en Utah (EEUU). As súas poderosas extremidades servíanlle para dar fortes patadas ós seus inimigos e para desprazarse por zonas rochosas nas que viviu fai 110 millóns de anos, durante o Cretácico inferior. Os saurópodos eran xigantes dinosaurios de catro patas e de longo pescozo e cola. O óso da cadeira era inusualmente grande en comparación co de outros dinosaurios similares; a forma deste óso indica que probablemente este animal tiña os músculos das patas máis potentes que calquera outro membro da familia dos saurópodos, e empregaba esta enorme forza como arma nas pelexas e para protexer ás súas crías, dando patadas.
O exemplar adulto do Brontomerus mcintonshi medía uns 14 metros de lonxitude e pesaba ó redor de 6 toneladas. O pequeno en cambio debía pesar sobre un 200 quilogramos e medía catro metros e medio. Os paleontólogos crían e especulan a posibilidade de que se trate dunha nai ca súa cría.



Lucía Rodríguez 1ºBacharelato B