Segundo anunciou
a Universidade inglesa de Cambridge, o investigador británico Robert Edwards, Premio
Nobel de Fisioloxía e Medicina no 2010 e pioneiro na investigación na
fecundación in vitro (FIV) morreu este mércores 10 de abril aos 87 anos.
Edwards comenzou
as súas investigacións sobre fertilidade nos anos 50, que lle levaron a
concebir a fecundación in vitro e que permitiu o nacemento de Louise Joy Brown,
o primeiro bebé probeta, o 25 de xullo de 1978. Desde entón, calcúlase que en
todo o mundo naceron uns cinco millóns de nenos probeta.
Ao longo da súa investigación, o
científico británico descubriu como extraer o óvulo do corpo da muller,
describiu os períodos nos que o óvulo está preparado para ser fertilizado e
desenvolveu finalmente a técnica para que os espermatozoides se activen e
fecunden o óvulo.
Edwards desenvolveu primeiro a
súa técnica en animais, demostrou despois que o embrión humano podía ser
cultivado e, tras a súa implantación, dar lugar ao nacemento dun neno san.
En 1969 Edwards
logrou fertilizar un óvulo fóra do corpo feminino. Era a primeira vez que se
conseguía. O seguinte paso foi estudar como implantalo no útero da nai.
Descubriu os avances no campo da ciruxía de quen, pouco despois sería o seu
compañeiro da investigación, o xinecólogo Patrick Steptoe.
O primeiro
intento tivo lugar en 1972, pero fracasou na décimoterceira semana de embarazo.
A partir dese momento, Edwards e Steptoe decidiron suprimir os tratamentos de
hormonas que empregaran ata a data polos problemas que causaban.
Foi en outono en
1977 cando o matrimonio Brown chamou á porta desta parella de científicos:
Lesley Brown non tiña trompas de Falopio e precisaba dun "milagre"
médico para ter un fillo. Edwards e Steptoe aplicaron os seus últimos avances e
o 25 de xullo de 1978 nacía Louise Brown, a primeira bebé probeta.
De feito, Edwards
fundou en 1980 a
primeira clínica do mundo especializada na fecundación in vitro, na cidade de
Cambridge.
Todos os seus
descubrimentos trouxeron unha gran polémica pero pese a todo, as súas
aportacións mereceron o recoñecemento do instituto Karolinska de Estocolmo, que
en 2010 concedeulle o Premio Nobel de Medicina: “Os seus logros fixeron posible
tratar a infertilidade, unha condición médica que afecta ao 10% das parellas en
todo o mundo”, argumentaba o instituto nun comunicado.
Aínda así, as
dudas éticas e científicas que espertaban as súas investigacións entre os seus
colegas fixeron que, nun principio, non recibira o apoio financeiro por parte
do organismo británico Medical Research Council.
En calqueira caso,
modificou por completo a concepción humana, tal como recalcou a Universidade de
Cambridge ao anunciar a súa morte: “O seu traballo tivo un inmenso impacto en
todo o mundo”, sinala o comunicado, que asegura que morreu “apaciblemente
mentres durmía”.
En España en 2010
estimábase que o 3% dos nacementos débense a estas técnicas de reprodución
asistidas. Así, colocábase como o terceiro país en Europa con máis tratamentos
de fertilidade, segundo o rexistro da Sociedade Española de Fertilidade, so por
detrás de Francia e de Alemaña.
E por se queredes
ver un debate sobre o que pasaría se non existise a fecundación in vitro, déixovos
o enlace dun video que encontrei.
Enlaces:
Paula Meixeiro
Calvo, 1º Bach. D