viernes, 28 de enero de 2011

As familias neandertais intercambiaban as fillas entre si.




O estudo xenético dunha familia neandertal formada por 12 nenos e adultos atopados nunha cova asturiana (El Sidrón) indica que, cando ainda eran nenas, as hembras neandertais eran cambiadas pola súa familia con outros grupos. Ainda que é pura especulación, o experto Rosas aventura a posibilidade de que puido suceder durante episodios de caza masiva. Nesta época a familia neandertal de Asturias atopábase conoutras familias de Francia e Alemania mentres perseguían grandes grupos de renos. Despois de matar máis de cen animais xuntando as suas forzas daríase o intercambio de nenas (isto é unha suposición, polo que para ser científico teriamos que poder ter probas, recordade como traballan os científicos).

Outras preguntas que nos podemos facer serían: foi unha actitude voluntaria, coa fin de evitar enfermidades ou problemas pola consanguinidade? Ou pola contra sería unha actividade inconsciente, sen ningún fin?





Mario Blanco Cid 1ºA Bach.

Ambam o gorila que camiña

Chámase Ambam, ten 21 anos e pesa 220 kilos, é o único gorila que anda erguido como as persoas. Vive no zoolóxico de Kent, o sur de Inglaterra. Pertence a un grupo de machos procedentes dos bosques tropicais de África occidental. Os gorilas como Ambam están en perigo de extincion, tan só quedan 700 en estado salvaxe en todo o mundo.
Os seus coidadores aseguran que desde pequeno moveuse desta forma, ao igual que o seu pai. Andar erguido proporcionalle numerosas avantaxes como chegar antes ao punto de comida ou levar mais comida nas súas mans.



http://www.lavanguardia.es/vida/20110128/54108117622/ambam-el-gorila-que-camina-es-la-sensacion-en-internet.html


Publicado por: Antía Arias Garcia 1ºB