martes, 21 de diciembre de 2010

Os xenes dos fósiles neandertais atopados en Asturias

Analizáronse restos fósiles descubertos en 1994 na cova asturiana de "El Sidrón" por un equipo científico que mostrou as súas conclusións na revista Proceedings, da Academia Nacional de Ciencias (EEUU). Trátase dun grupo familiar formado por unha ducia de individuos neandertais que perderon a vida fai aproximadamente uns 49000 anos. O ADN desvelou o seu parentesco e proporcionou algunhas pistas novas sobre o comportamento e a demografía de aquela especie europea que dominou o continente e que desapareceu fai menos de 30000 anos. Os restos daqueles individuos da cova presentan claras marcas de canibalismo, práctica coñecida dos neandertais. Chegouse á conclusión de que tódolos individuos de aquela familia deberon morren simultáneamente, dada a disposición e as características dos fósiles, posto que se atoparon moi fragmentados e moitos, incluso os cráneos, foron golpeados para extraer o contido. Díxose que puideron morrer todos á vez e, tras ser devorados, os seus restos permanecerían no chan fora da cova; despois, algún tipo de fenómeno natural extremo puido provocar o fundemento do terreo no Sidrón e os ósos precipitaron ata a galería agora coñecida como o Osario.




Os fósiles foron atopados na cova de 3700 metros de lonxitude, con unha galería principal e varias secundarias transversais.

O ADN dun dos individuos, un adolescente, foi empregado no "proyecto internacional del Genoma Neandertal", estudo no cal se obteu ADN mitocondrial de fragmentos de ósos dos 12 individuos, sobre todo de dentes; polas pezas dentarias os investigadores saben que a población estaba formada por tres adultos (dúas mulleres e un home), tres xóvenes adultos (dous homes e unha muller), tres adolescentes de entre 12 e 15 anos posiblemente masculinos na súa totalidade, e tres individuos xuveniles ou infantiles entre dous e nove anos.

As probas arqueolóxicas, paleontolóxicas e xeolóxicas indican que istes individuos constituían a totalidade ou unha parte dun grupo social contemporáneo de neandertais. O ADN foi o factor clave que permitiu relacionalos parentalmente e a proba do cromosoma Y foi a axuda para diferencialos sexualmente. Estos resultados proporcionaron pistas tentadoras sobre a demografía e o comportamento da especie que foi unha vez, parente cercana da nosa e poden ser empregadas para axudar a comprender os factores que contribuíron na súa extinción.







Lucía Rodríguez Rodríguez 1ºB