miércoles, 30 de julio de 2014

Considérase "mala sorte" a extinción dos dinosaurios.

O impacto dun asteroide acabou cos dinosauros, pero se ese asteroide ocorrese máis tarde ou máis cedo na historia, poderían sobrevivir. Os paleontólogos teñen construído unha nova narrativa da desaparición destas criaturas prehistóricas, uns 66 millóns de anos, grazas a un estudo de rexistros fósiles actualizado e ferramentas de análise melloradas.

Os resultados deste traballo foron publicados en "Biological Reviews", os autores atoparon que a Terra estaba pasando por unha turbulencia ambiental, que incluíu unha extensa actividade volcánica, un cambio no nivel do mar e variación de temperatura en poucos millóns antes de que un asteroide batera no que hoxe é México.

Probablemente, debido a cambios no clima e do medio ambiente, a cadea alimentaria viuse debilitada pola falta de diversidade entre os grandes dinosauros herbívoros dos que outros individuos alimentabanse. Isto fixo que os dinosauros foran vulnerables e tiveron poucas posibilidades de supervivencia tras o impacto do asteroide.

O impacto causaría diversos cambios ambientais polo que só sobreviviron os dinosaurios que podían voar debido a que as cadeas alimentarias derrumbaronse, estos dinosaurios evolucionaron ata convertirse nas aves da actualidade.
Por iso mesmo se o asteroide caera sobre a Terra uns millóns de anos antes poderían sobrevivir debido a que as cadeas alimenticias eran máis robustas e as especies de dinosaurios eran máis diversas.



Un equipo de paleontólogos da Universidade de Edimburgo estudaron un catálogo de fósiles de dinosauros para crear unha imaxe do cambio que sufriron.

Segundo Steve Brusatte os dinosaurios tiveron unha mala sorte colosal, porque non só un asteroide impactou na Terra senon que pasou no momento errado, cando eles eran vulnerables.

O Dr Richard Butler di que, independentemente de que eles estaban nun período vulnerable no momento do golpe  do asteroide, non hai nada que suxira que foron condenados á extinción. "Sen ese asteroide, os dinosauros probablemente aínda estarían aquí e nós probablemente non. "


                               Nuria Vila Seijas Nº30 1ºBach-D