Hoxe recibín  outro correo onde me mandou dúas noticia relacionadas co seu traballo, aquí  tendes a primeira.
 José Tubio pertence ao  departamento de hematoloxía do Complexo Universitario de Santiago (CHUS) e agora  está no Centro de Regulación Xenómica de Barcelona realizando unha estancia de  dous anos traballando sobre o cancro. Nunha recente publicación explica o  proceso da cromotripse que consiste na ruptura do ADN en pequenos anacos que,  cando a célula se intenta reparar, o fai incorrectamente xerando mutacións  xenéticas que inician o cancro. A cromotripse non é un fenómeno gradual, senón  puntual, xa que un único evento catastrófico sería o responsable de que nun  único momento na vida da célula se produzan centos de mutacións no ADN que  causan o cancro”. Segundo isto rómpese coa visión convencional da orixe do  cancro que se entendía como o resultado da acumulación dunha mutación ao  longo da vida. Segundo estos autores a cromotripse é un fenómeno xenético é  responsable do 2-3% dos casos de cancro, e que se eleva ao 25 por cento nos  tumores de ósos.
 Jose Tubío e Xavier Estivill  publicaron na revista Nature unha hipótese na que pensan que detrás de  cromotripse encóntrase un hespevirus.
 Lorena Yáñez López 1º A
 
 
