A continuación vos deixo cun vídeo espectacular, creado polo Equipo de Observación da Terra do centro Espacial Johnson, da NASA, a partir de imaxes fixas tomadas entre agosto e outubro deste mesmo ano polos astronautas da Estación Espacial Internacional.
Para levar este proxecto a cabo, utilizaron unha cámara especial, que é capaz de obter fotografías marabillosas incluso cun mínimo de luz. Os vídeos obtidos (18 en total) mostran fenómenos tales como auroras boreais sobre diversas zonas do planeta, así como incribles tomas nocturnas en Asia, Europa Occidental, África e América.
Os vídeos, que os podedes atopar nesta páxina da NASA por separado: http://eol.jsc.nasa.gov/Videos/CrewEarthObservationsVideos/#spacific_iss_20111029 , cada un coa súa explicación detallada, foron despois montados, adaptados, pulidos e tratados por Michael König e o resultado foi este:
Earth | Time Lapse View from Space, Fly Over | NASA, ISS from Michael König on Vimeo.
FONTE DE INFORMACIÓN: http://www.abc.es/20111114/ciencia/abci-tierra-como-jamas-visto-201111140841.html