viernes, 31 de enero de 2014

Comezo da vida según a teoría da Panspermia

Según a teoría da Panspermia a vida chegou do espazo ; os cometas e os asteroides foron capaces de levar as”sementes da vida” por todo o Universo. Pero a isto hai que engadir tamén as pequenas par
tículas de po  interplanetarias que flotan libremente no Universo.
Estas partículas de po tamén serían capaces de liberar auga e compostos orgánicos na Terra primitiva e en outros planetas, según o estudo levado a cabo por un grupo de investigadores dos laboratorios Lawrence levermore, Lawrence Berkeley e das Universidades de Hawaii e California.
Iste po, procede de cometas, asteroides e materiaís sobrantes do Sistema Solar, e chove continuamente sobre a Terra e os restos do mundos do Sistema Interplanetario. Estas partículas  son bombardeadas pola radiación solar que actúa sobre  os ións de hidróxeno, disgregando os grans de po e liberando osíxeno que pode unirse ó hidroxeno e formar auga.
Iste po actúou como unha choiva de pequeñas probetas que levan no seu interior auga e compostos orgánicos, que poideron se a orixe da vida na Terra e probablemente en Marte. Posiblemente poideron desenrolar o proceso da vida en todo o Universo.
Según ista teoría, todo corpo espacial no que non hai aire, podería desencadear auga;  explica como pode aparecer auga en lugares tan inhóspitos como a Lua e demostra que os compostos orgánicos foron suministrados a todos os planetas ao mesmo tempo. Podería producirse auga suficiente para encher os océanos.

No futuro hai que estimar a cantidade de auga que o po interplanetario aportou a Terra, e coñecer a clase de material orgánico presente nestas minúsculas pingas de auga formadas no ezpazo.
                              Miguel Pimentel Pérez 1ºBachA

martes, 28 de enero de 2014

OS PESTICIDAS E O ALZHEIMER

Unha das enfermidades máis investigadas en tempos recentes é a enfermidade do Alzheimer , quizais debido ao elevado impacto que está a ter na poboación adulta. Os avances , aínda que lentos , ocorren a diario en canto as causas e as posibles respostas á cura ou polo menos poder aliviar os síntomas da mesma.

 A revista JAMA Neurology  publicou un estudo que destaca a importancia do medio ambiente nesta desorde e  en especial , que o estar expostos a un pesticida como DDT  aumenta o risco de desenvolver a enfermidade.

O DDT, sintetizado por primeira vez en 1874, foi amplamente utilizado como insecticida na agricultura e a silvicultura,a partires de 1939. Décadas máis tarde, distintos estudos mostraron os seus efectos nocivos para a saúde e foi gradualmente prohibido en moitos países. Estados Unidos fixerono en 1972 e España , unha década máis tarde. Con todo, o noso país seguiu a permitir o uso desta sustancia para producir  DICOFOL , un plagicida , e non foi ata 2008, cando o prohibe como sustancia intermedia para a produción doutros compostos

Os metabolitos derivados do DDT,  chamados DDE permanecen no ambiente durante décadas e varios estudos confirman a presenza de DDE no 100 % da poboación española. Estes inclúen recen nados, o que significa que o feto ten sido exposto a ela durante o embarazo.

Ese mesmo especialista ,  Miguel Porta ,investigador do Instituto de Investigación Médica do Hospital do Mar ( IMIM ) sinala que a presenza de DDE en sangue mostra que non estamos a conseguir detectar a exposición a esta sustancia.



A INVESTIGACIÓN:
 Ao Estudar 86 pacientes con  Alzheimer e 79 sen a enfermedade descubriu que 74 persoas coa enfermidade tiñan  4 veces máis DDE que aqueles sen a enfermidade. Ademais, dos que tiñan niveis sanguíneos altos en plagicida, desenvolverán un deterioro cognitivo máis grave.

O Dr Jason R.Richardson , un dós autores deste artigo, non exclúe que outros pesticidas esten implicados nesta enfermidade  ," particularmente os organofosfatos " e non se mostra sorprendido polos resultados senon que o que lle preocupa é que non atendamos as probas científicas que van aparecendo .

Autores españois resaltan deste estudo  que o máis importante é ter chamado a atención sobre este vínculo , porque agora investigarase máis sobre iso, e que o traballo reflicte a importancia do impacto ambiental en enfermidades neurodegenerativas. Físoxe perante moito tempo, gran fincapé sobre a xenética , pero hai que ter en conta factores como a exposición a tóxicos.

As dúas últimas xeracións son as de máis longa duración que calquera xeración anterior, pero foron expostos a condicións que xa pertencen aos antepasados , como a minería, pesticidas, guerras, mala alimentación , e estas cousas teñen un impacto moito máis tarde , despois de 20,30 ou 40 anos. Moitas persoas insisten en poñerse en forma aos 60 anos, pero a clave está nas idades medianas de vida.

  
                                                      NURIA VILA SEIJAS Nº30 1ºBACH- D




Os pastores ibéricos fixéronse tolerantes á lactosa para adaptarse ás fames da Idade de Bronce

Un estudo publicado en 2009 revelou que a tolerancia á lactosa desenvolta polos europeos produciuse hai máis de 7.500 anos.

Os científicos tiñan unha soa hipótese para xustificar esta tolerancia: os antigos pastores neolíticos necesitaban adquirir vitamina D para procesar o calcio e evitar enfermidades mortais como o raquitismo.

Agora, investigadores europeos acaban de probar que a hipótese da vitamina D é válida para os habitantes do norte, pero non para os do sur do continente, segundo un artigo publicado na revista Molecular Biology and Evolution e no que participaron científicos españois.

Ó analizar ADN da cova do Portalón, no depósito de Atapuerca (Burgos) de hai 3.800 anos, os científicos comprobaron que os nosos antepasados ibéricos non tiñan o xen que lles permitía dixerir o azucre do leite. 


A maioría dos pastores ibéricos da época non eran tolerantes á lactosa, pero si podían consumir fermentados lácticos, como queixo ou iogur, xa que a fermentación transforma gran parte da lactosa en graxas dixeribles. Os expertos apuntan a que en épocas de fame, cando as colleitas non eran suficientes, se viron obrigados a comer máis alimentos procedentes do leite.

Este cambio na dieta provocou fortes episodios de diarrea e outras doenzas -síntomas da intolerancia á lactosa- que en persoas con problemas de nutrición podían ser graves e mesmo mortais. Os autores do estudo cren que o proceso de selección natural permitiu desenvolver a persistencia da lactasa -a adaptación que permite tolerar os azucres do leite- en rexións como a península ibérica.

"A nosa investigación demostra que estes xenes se desenvolveron grazas a unha selección natural. Estes resultados debilitan a teoría da asimilación do calcio, xa que algo máis produciu esta mutación xenética", explica unha das investigadoras.

A teoría establecida ata o momento defendía que a tolerancia á lactosa europea se producíu como resposta á necesidade dos antigos poboadores neolíticos de adquirir vitamina D para procesar o calcio.
Os habitantes da península ibérica, pola súa banda, poderían adquirir vitamina D grazas a que estaban expostos aos raios UVA do sol durante máis horas que os seus contemporáneos do centro e norte de Europa.

"Se a selección natural impulsa a evolución cara á persistencia da lactasa nun lugar onde as persoas non teñen problemas para adquirir vitamina D, a hipótese da asimilación do calcio non é a única. Esa teoría pode ter certa relevancia no norte de Europa, pero non en todas as rexións"

Segundo os expertos, os restos de ADN de Atapuerca demostran que a tolerancia á lactosa se desenvolveu de xeito independente en distintas partes do mundo grazas a outras presións evolutivas, e non só a necesidade de asimilar o calcio.



Alba Álvarez Pacios, nº1, 1ºBACH. - A

lunes, 27 de enero de 2014

Un cazador de ollos azuis e pel oscura de fai 7.000 anos

Todo comenzou con unha publicación da prensa. Julio Manuel Vidal Encinas tivo que enterarse en 2006 do achado de dous esqueletos humanos, aparentemente pertenecientes á Idade do Bronce, pola portada da crónica O Mundo. O experto solicitou aos xulgados leoneses que lle permitisen acompañar á Guardia Civil na primeira visita á cova de La Braña, e foi aceptado.
A analise dos restos dun deles, revelou que tiña os ollos azuis, como os europeos actuais, e a pel oscura, como os africanos. Sería un cazador-recolector anterior á chegada da agricultura e da gandaría. Un equipo de científicos internacional, liderado por Lalueza Fox, investigador do CSIC, conseguíu extraer o material xenético dun dos dentes do individuo, bautizado La Braña, e presentou agora os seus resultados na revista Nature. "Pero eramos escépticos acerca de que se puidese levar a cabo a análise do ADN tan contaminado" recoñece Vidal Encinas, xa que antes do descubrimento dos restos, estes foran xa manipulados por excursionistas que tiñan acudido ao lugar, movendo os ósos e tomándolles fotografías. 


Este achado permitíu representar o primeiro xenoma dun cazador-recolector europeo recuperado ademáis do máis antiguo. Vivíu no Mesolítico, período de entre fai 10.000 e 5.000 anos, e que remata coa chegada da agricultura e da gandeiría, procedentes de oriente Próximo. 
Segundo indican os científicos, a chegada do Mesolítico levou con ela a adaptación dos indivíduos á nova alimentación, adquirindo por exemplo a capacidade de dixerir a lactosa, característica que La Braña 1 non posuía, aínda que nature recalca que os procesos selectivos daquela época non son ben coñecidos. 
Maior foi a sorpresa para os investigadores cando determinaron nel versións africanas nos xenes que conforman a pigmentación clara dos europeos actuais, revelando así o seu tono escuro de pel. 
Nature destaca o feito de que, segundo estos resultados, a transición ao tono de pel máis claro todavía estaría produncíndose no Mesolítico, e que os cambio do cor dos ollos é anterior. Os datos indican tamén que existe unha continuidade xenética nas poblacions do centro e do oeste de Eurasia, engade Lalueza Fox.
Iñigo Olgade afirma que o equipo vai intentar recuperar o ADN do segundo indivíduo, La Braña 2, que aínda que está peor conservado, poderá aportar información sobre as características xenéticas dos antíguos indivíduos.

Fontes:
http://sociedad.elpais.com/sociedad/2014/01/26/actualidad/1390768131_840454.html
http://www.elmundo.es/ciencia/2014/01/26/52e2cb9522601d48328b4581.html


Ana Rodríguez Vilas 1º Bach A

Descuberta unha nova especie de delfín de río no Amazonas.


Seis científicos de distintos países, a maioría afincados en Brasil, descubriron unha nova especie de delfín de río que vive no río Araguaia (Brasil) bautizado como o delfín Araguaia (Inia Araguiaensis) e con él son cinco as especies coñecidas de delfíns de río.

Están en perigo de extinción ameazados polo desenvolvemento e a construción de presas hidroeléctricas. O delfín do río Yangtsé era o último en ser descuberto ata agora (en 1918), e extinguiuse en 2007.

Esta especie xurdiu hai case dous millóns de anos, e o seu número de individuos é baixo: calcúlase que pode haber aproximadamente 1.500 delfíns araguaia.


Para asegurarnos e confirmar que deran cunha nova especie, os seis científicos, realizaron experimentos co ADN mitocondrial. Despois dos experimentos replicados, decidiron usar marcadores nucleares (unha análise no laboratorio sobre un segmento do cromosoma para identificar as partes que teñen en común dous individuos) e estudar a morfoloxía.


Mentres comparaban as mostras nos seus laboratorio concluíron que había unha clara evidencia de que os individuos que viven no Río Araguaia representan, bioloxicamente, un grupo distinto.


FONTES: 
http://sociedad.elpais.com/sociedad/2014/01/24/actualidad/1390584729_105093.html
http://www.elmundo.es/ciencia/2014/01/25/52e269e4e2704e21188b457a.html


miércoles, 22 de enero de 2014

Unha rocha aparece en Marte «da nada» fronte ás cámaras do Opportunity

Quedámonos atónitos, eso non estaba aí antes” recoñecen desde a NASA.

Steve Squires, director científico da  misión do Opportunity en Marte, anunciou  nunha rolda de prensa a presenza dunha rocha que apareceu, segundo din, de supetodiante das cámaras do robot entre os días (marcianos) 3528 e 3540.

Esta rocha foi bautizada coma Illa Pinnacle e converteuse no centro de atención dos científicos da misión, quenes agora tentan averiguar como puido chegar ata alí.


“Ten aproximadamente o tamaño dun donut – dixo Squires-. E foi unha sorpresa total. Foi  coma… ´Espera un segundo… eso non estaba antes alá… non pode estar ben!`Quedámonos abraiados”.
De momento, baráxanse dúas posibles explicacións para a presenza da rocha: ou ben foi lanzada ata alí polo impacto dun meteorito cercano ou, o que consideran máis probable, chegou á súa posición actual arrastrada polo propio Opportunity, pois a NASA recoñeceu que o robot está tendo algún problemas para moverse actualmente.

En canto ao tipo de mineral, una primeira análise indica que dita rocha é rica en xofre e potasio, que ten bordes de cor branca brillante e un centro vermellorubí profundo. Ademáis parece estar en posición boca abaixo, é dicir, que a parte que agora é visible non se vería afectada pola atmosfera marciana, quizais durante millóns de anos.


A NASA continuará agora coas investigacións sobre estes restos e xa anunciou os seus plans para perforar a rocha, na busca de novos datos sobre o planeta vermello.




Alba Álvarez Pacios nº1 - 1º BACH. A

lunes, 20 de enero de 2014

Descubrindo ciencia cunha cervexa.

Quen podería dicir que mediante algo tan simple coma golpear o colo dun botellín de cervexa coa base doutra descubriríamos algo tan interesante e importante para a ciencia?

Pois si, tal caso lles pasou a un equipo de curiosos investigadores da Universidade Carlos III de Madrid. Un día calquera, tomando unha cervexa... Ocorréuselles esa pregunta: Por que ao golpear o colo dun botellín sae de maneira desmesurada espuma, deixándote, por desgraza, sen media cervexa?
Pois ben, tras un ano de estudio, lograron comprendelo.

Este fenómeno vén dado pola cavitación, que é un fenómeno hidrodinámico, moi estudado tamén en inxeniería naval (o movemento das hélices dos barcos, por exemplo, produce ese fenómeno na auga), que consiste en que ao baixar a presión na botella, fai que se formen esas burbullas de gas, que se elevan por riba do líquido ao pesaren menos, e por mor de que suban a tanta velocidade, fai que gran cantidade da cervexa en forma de espuma saia fora do botellín.

Este curioso e interesante descubrimento, aínda que non o pareza, ten grandes aplicacións para nós xa que, comprendendo mellor o fenómeno da cavitación lograrase por exemplo, (como nombrei antes, para inxeniería naval) mellorar as hélices dos barcos para un mellor rendemento déstas; para axudar a predicir a cantidade de gases expulsados nunha erupción volcánica... Entre outras cousas.

¿Consideras curioso este descubrimento? 
¿Para que outras cousas cres se poderían aplicar estos coñecementos?

http://www.youtube.com/watch?v=WCnbs0NXF_4 http://www.elmundo.es/ciencia/2014/01/20/52dd0e5f268e3e5d1f8b456f.html

Ésta é unha noticia do día 20/01/2014.
Lucía López Rguez 1ºA Bach.


sábado, 18 de enero de 2014

Enorme nube de camiño hacia o gran burato negro da galaxia

O gran encontro sucederá esta primavera, no centro da Vía Láctea. Unha nube gris tres veces máis grande ca Terra será absorbida por un burato negro.
A gran nube de gas chamada G2, foi descuberta polos alemás no 2011. Ata agora non se había visto nada coma iso.
A colisión dará a oportunidades de ver como se alimentan estos buratos negros supermasivos. O que os astrónomos esperan e que despois deste fenómeno se produza un brillo durante anos.


 É un feito moi importante, xa que, os buratos negros teñen un papel moi importante nos ciclos vitales das galaxias.


Fuentes: http://www.abc.es/ciencia/20140109/abci-nube-tres-veces-tierra-201401091410.html

       Irene Rodríguez Arias 1º Bachillerato D

jueves, 16 de enero de 2014

Izpisúa deixa a ciencia en España

Juan Carlos Izpisúa no Centro de Medicina Regenerativa de Barcelona

Centro de Medicina Regenerativa de Barcelona (CMRB), Juan Carlos Izpisúa, ha dimitido ante a falta de apoio económico e político dos que hasta agora habían sido os seus grandes valedores públicos, a Generalitat de Cataluña e o Goberno español. A marcha do científico non supón o peche inmediato do centro, pero o vacia de contido, pois 18 dos seus 21 proxectos científicos son propiedade de Izpisúa.
Na sua corta vida o CMRB ha publicado máis de 200 papers (artigos técnicos), incluidos algúns dos hitos do emerxente campo da medicina rexenerativa. España perde a un líder mundial da investigación con células nai.
As dúas Administracións imlicadas, a catalana e a española, aportan 1,5 millóns o ano ao centro, que se dedican o alquiler e mantemento do edificio, e por tanto volven na súa maior parte a propia Generalitat, propietaria do inmueble. Esas inversións mantendranse provisionalmente, pero o seu destino é moi dudoso tras a perda de 18 dos seus 21 proxectos.
Os detalles da negociación entre Izpisúa e o patronato do centro indican que a intención das duas Administracións é reorientar as instalacións hacia outro fin.O patronato ha contratado ao investigador Ángel Raya, un antigo posdoc de Izpisúa, para dirixir ese proceso hacia un renovado CMRB.
Termina así a historia —polo menos a historia tal como a coñecíamos— dun centro creado en 2004 á medida de Izpisúa, un dos científicos máis avanzados do planeta no campo, entón incipiente, da medicina rexenerativa basada en células nai embrionarias.


Dende un punto de vista científico, en cualqera caso, a breve traxectoria do centro dirixido por Izpisúa so pode describirse como unha brillante historia de éxito. Os científicos do CMRB han feito contribucions relevantes ao desarrollo das células nai  iPS, e fai so uns meses crearon minirriles humanos con células nai. Esta investigación ha sido destacada pola revista Science como un dos 10 hitos científicos do 2013, xunto a xeración de minicerebros e yemas de fígado. Non é o fracaso científico o que ha feito caer en desgracia o centro.
Que a aportación das Administracións consista en 1,5 millones, que estos sean no seu maior parte para o alquiler do edificio, e que esas inversións se manteñan co  mesmo propósito (pagar o alquiler) tras a marcha de Izpisúa no parece cadrar ca teoría do austericidio.
Varias fontes han revelado que a finais do ano pasado houbo un intento de comprar o CMRB por unha compañía do sector farmacéutico. Pese a que esta firma no tiña relación ca investigación en células nai, a venta implicaría a cesión a ela de todas as patentes e dereitos surgidos das investigacións de Izpisúa. A iniciativa acabou abortándose tras a mediación do Goberno central.
A explicación última desta decisión incomprensible en términos científicos pode tardar en sair á luz pública. O que xa é seguro é que España ha perdido un dos centros de investigación en medicina rexenerativa máis avanzados do mundo, aunque un edificio de Barcelona manteña o seu nome na fachada por uns meses máis.



FONTE:
http://sociedad.elpais.com/sociedad/2014/01/14/actualidad/1389732327_440612.html


 Pablo González Vázquez              1ºC Bachiller

lunes, 13 de enero de 2014

Descifran o xenoma da Quenlla Elefante

Secuenciaron o xenoma da “Quenlla elefante” co fin de investigar a evolución do sistema inmune e por qué o esqueleto das quenllas é cartilaxinoso.

Un grupo de investigadores, liderados por Byrappa Venkatesh, da Universidade de Singapur, secuenciaron o xenoma da “Quenlla elefante” co fin de investigar a evolución do sistema inmune e por qué o esqueleto das quenllas é cartilaxinoso.
As Quenllas  son uns animais interesantes dende o punto de vista evolutivo: encóntranse entre os vertebrados con mandíbula articulada máis antigos que non se extinguiron. Dentro dos  GNATOSTOMADOS, había dous grupos, con madíbula cartilaxinosa e con mandíbula ósea, que sendiferenciaron hai 400 m.a.,según Wesley Warren, investigador do Instituto do Xenoma da Escola de Medicina da Universidade de Washington.
A Quenlla  elefante (Callorhincus milii), é unhas das quenllas  máis raras do planeta,   e ten unha trompa coa que escarba no fondo mariño para cazar crustáceos, de ahí o apodo de “elefante”.
O estudo e comparación do xenoma desta  quenlla, pode axudar a identificar as adaptacións xenéticas claves na árbore evolutiva. Ten un xenoma compacto de 1000 millóns de pares de bases (aproximadamente 1/3 do xenoma humana)e iste xenoma é o que máis despacio evolucionou  de todos os vertebrados coñecidos.
Da comparación do xenoma da quenlla elefante con o doutras especies, podemos ter un certo coñecemento sobre a base xenética da formación dos ósos e a adaptación do sistema inmune, o que permitirá entender mellor certas enfermidades humanas, como a osteoporose e desenvolver terapias.
Os investigadores descubriron a ausencia dunha familia de xenes, que sí están presentes en todos os vertebrados con ósos; a eliminación destes xenes provoca a disminución na formación dos óso; isto indica a seu papel no desenvolvemento óseo.


A quenlla elefante, ten un sistema inmune simple e eficaz, moi diferente ó dos mamíferos, pero capaz de combatir unha grande variedade de infeccións de manera igualmente eficente, , polo que, según un dos coautores, T.Boehm. do Instituto Max Planck de Inmunoloxía e Epidemioloxía de alemania, “ indica ca natureza ofrece solucións diferentes para o mesmo problema”.
Fuentes: ww.elmundo.es/ciencia/2014/01/08/52cc4e65ca47414c528b458c.html
                                                            

                                                                                              Miguel Pimentel Pérez 1ºBach. A

domingo, 12 de enero de 2014

Field, investigando sobre o Cambio Climático

Noticia do 9 de xaneiro de 2014
 
Christopher Field é un biólogo e catedrático estadounidense da Universidade de Stanford que gañou o premio BBVA Fronteiras do Coñecemento na categoría do Cambio Climático por descubrir a importancia dos ecosistemas e a súa adecuada xestión como potentes ferramentas contra o cambio climático e por aportar unha mellor comprensión das interaccións entre a dinámica das prantas e os ecosistemas terrestres e o CO2 liberado polas actividades humanas. Dirixe o Departamento de Ecoloxía Global da "Carnegie Institution for Science" e copreside o IPCC (Panel Intergubernamental sobre o Cambio Climático) que trata sobre os impactos, adaptacións e vulnerabilidade.
Ademáis, a revista Nature citouno xunto con outros catro científicos, explicando que vai ter unha grande importancia no 2014.



Field dice que hay que actuar agora para que o impacto sexa o menor posible, menos caro e para que sexa menos difícil xestionar as consecuencias do calentamento global.
Conseguiu determinar o efecto da deforestación, da agricultura e doutras alteracións da cuberta vexetal sobre o clima global e establecer unha xestión adecuada para reducir o impacto do cambio climático. 
Este biólogo explica que a vexetación terrestre pode modificar a radiación solar que absorbe o planeta e a evaporización do auga e investigou a capacidade das prantas para absorver o CO2 e actuar como sumidoiros. Tamén comentou que en canto as relacións entre desastres naturais e cambio climático saben que as ondas de calor e as inundacións serán máis frecuentes en moitos lugares da Terra, pero os furacáns e a actual onda de frío en EE.UU. aínda non o saben.

Unha vez determinadas e establecidas todas as explicacións e as solucións sobre este gran problema que moita xente aínda non ve, ¿levarase a cabo a tempo? ¿conseguiremos frear o quentamento global?




http://www.abc.es/sociedad/20140109/abci-christopher-field-fronteras-conocimiento-201401091318.html

http://sociedad.elpais.com/sociedad/2014/01/09/actualidad/1389289939_056367.html


SIRA PRIETO GONZÁLEZ
1ºA

O pariente belga dos primeiros mamíferos carnívoros

Acháronse recentemente novos fósiles dun pequeno mamífero bautizado como Dormaalcyon latouri, que están resultando de gran axuda aos científicos para averiguar a orixe dos actuais animais carnívoros.
Aínda que este animal xa era coñecido, o achado de novos fósiles, entre os que hai pezas dentais de leite e ósos das súas patas, na localidade de Doormal, permitíu coñecelo mellor.
Segundo explican, Dormaalcyon latouri, era un pequeno e áxil mamífero carnívoro que debía pesar un kilo aproximadamente e que se desplazaba polas ramas das árbores.



As reconstrucións que se fixeron suxiren que habitaba lugares cálidos, húmidos e nos que abundasen árbores. "Non era unha especie nin impresionante nin temida, e probablemente se alimentaba de pequenos mamíferos e insectos", afirma Solé, investigador no Real Instituto Belga de Ciencias Naturales, en Bruxelas.
Segundo aseguran, tanto as pezas dentais coma os ósos, encóntranse en bo estado de conservación, "Os dentes ofrécennos importante información sobre a variabilidade morfolóxica, que era moi pouco coñecida nos mamíferos carnívoros desa idade. Tamén temos catro mandíbulas que respaldan que había diformismo sexual", engade.
Os autores do artigo cren que a orixe destes carnívoros puido estar no territorio que hoxe é Europa, e expandirse cara a América do Norte. Solé prefire non utilizar os conceptos antecesores e descendentes xa que todavía no é nada seguro. Sen embargo engade que "Dormaalocyon está na base dos Carnivoramorphans e polo tanto, está estreitamente vinculado aos antecesores dos carnívoros actuais."
Credes que este animaliño pode levarnos a descubrir a orixe e historia dos nosos carnívoros?


Fonteshttp://www.elmundo.es/ciencia/2014/01/07/52caf7a1ca4741fe7b8b456d.html

ANA RODRÍGUEZ VILAS 
1º BACH A





sábado, 11 de enero de 2014

Científicos arxentinos desenvolven unha forma para conservar e utilizar o gas que emiten as vacas.

Según un informe da Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura (FAO), o 18% dos gases causantes do efecto invernadoiro provén dos gases emitidos polos bovinos.
Pero científicos arxentinos encontraron a forma de darlle un bo uso ao gas que acumulan estos animais nos seus estómagos.
O gas é extraído a través de sondas e acumulado nunha mochila, antes de ser expulsado.
A acumulación, ademais de ser ecolóxica, proporciona unha fonte alternativa de enerxía.
Unha vaca produce diariamente o gas necesario para mover un automóbil un quilómetro.
Os científicos aseguran que o sistema non interrumpe para nada a rutina diaria das vacas nin perxudica a súa calidade de vida.

Neste vídeo explícase o funcionamento do invento:



Creedes que esta sería unha boa alternativa como fonte de enerxía?

Fonte: http://www.bbc.co.uk/mundo/noticias/2014/01/131205_video_vacas_salvan_planeta_argentina_ch.shtml?ocid=socialflow_twitter_mundo


Fátima Rodríguez Delgado, 1ºBach D

miércoles, 8 de enero de 2014

Un novo planeta gaseoso descuberto co mismo peso ca terra.

Un equipo de astrónomos estadunidenses atoparon por casualidade, cando encontrabanse a buscar luas fora do Sistema Solar, un novo planeta cun peso similar ao da Terra. Iste novo planeta posue un diámetro maior e conta cunha atmosfera moito mais densa e gaseosa ca Terra.


David Kipping, investigador do Centro de Astrofísica Harvard-Smithsonian (EEUU)  e o autor principal do descubrimento, explica que iste planeta podría ter a misma densidade ca Terra.
Iste novo planeta recibiu o nome de KOI-314c e orbita nunha enana vermella, tratase dunha débil estrella que encontrase a 200 anos luz da Terra e tarda 23 días en dar unha volta completa a sua estrela. O equipo de científicos cree que tratase dun mundo moi quente onde non he posible a vida. Ademais creese que a sua superficie podría ter unha temperatura duns 104º Celsius.
A sua  atmósfera e dunha gran densidade e esta composta por hidróxeno e helio. O grupo de investigadores considara ca sua orixen podería haber sido parecido a un mini Neptuno e haber ido perdendo parte dos gases da sua atmósfera. O telescopio espacial Kepler da Nasa foi o que permitiu, grazas aos datos que datos obtidos polo mesmo, o descubrimento diste planeta.
                                                                                                                                         
Credes que algún día atoparemos un planeta coas condicións necesarias para que se dease a vida?