martes, 4 de octubre de 2011

O ámbar e as plumas de dinosauro

Moitos preguntarédevos que ten que ver unha cousa con outra...pois moito,lectores,moito.

En Canadá atopouse un depósito deste líquido(resina de ámbar fosilizada) duns 80 millóns de anos de antiguedade, e nel apareceron nada máis e nada menos que plumas de dinosauros.



Entre as atopadas hai de todo tipo,dende as primitivas(que recordan máis a un pelo ca unha pluma),ata aquelas que servían para voar ou outras que estaban adaptadas á inmersión na auga


Algúns anos atrás soamente coñecíamos un dinosaurio con plumas(o Archeopteryx).
Pouco a poco,nos últimos tres anos,foron aparecendo fósiles con plumas de diferentes cores e este novo descubrimento confirma as teorías que falan sobre a evolución das estruturas das plumas primitivas ás máis sofisticadas e tamén que coexistiron varias especies de dinosauros (que non estaban capacitadas para voar) con plumas nun mesmo período de tempo.


Fonte:http://a100ciacierta.com/

Marta Araújo Rodríguez 1º BACHARELATO - D