sábado, 20 de octubre de 2012

A exposición ao fuel do 'Prestige' provoca dano no ADN

O 19 de novembro cúmplense 10 anos do afundimento do ‘Prestige’, que provocou un dos maiores desastres ecolóxicos de España. 

Lembrando un pouco o que pasou, o barco encontrábase transitando en Fisterra cando se viu inmerso nun temporal e sufriu unha vía de auga. Tras intentar alexalo da costa, partiu en dous afundíndose a unha profundidade de 3.850m. O vertido pronto alcanzou as nosas costas galegas e o resto da Cordilleira Cantábrica ata as Landas francesas e Portugal. 
A marea negra provocada polo vertido resultante causou unha das catástrofes medioambientais máis grandes da historia da navegación, tanto pola cantidade de contaminantes liberados como pola extensión da área afectada.

O derrame de petróleo do ‘Prestige’ foi considerado o terceiro accidente máis costoso da historia.
De feito, formouse a plataforma cidadá ‘Nunca Máis’ co obxectivo de evitar a repetición de desastres ecolóxicos en Galicia, a reparación dos danos e o castigo aos responsables.

Miles de persoas participaron nas labores de limpeza das praias contaminadas e quedaron expostas durante un tempo prolongado ao fuel.

Para confirmar os efectos na saúde provocados pola exposición ao fuel nesta e outras circunstancias, un equipo de investigadores da Universidade de A Coruña fixeron un experimento con dúas cepas diferentes de ratas e unha cámara de inhalación especialmente deseñada para producir a exposición ao fuel. Os animais estiveron expostos dúas horas por día, cinco días por semana a un fuel de composición similar ao vertido do ‘Prestige’.

O novo traballo en ratas demostra a relación directa entre a exposición por inhalación aos compostos emitidos polo fuel e o dano no material xenético. Para analizar as posibles alteracións no ADN e nos seus procesos de reparación, os investigadores extraeron mostras de sangue a cada animal e sometéronas a test citoxenéticos.
 
Según o estudo, os resultados poderían extrapolarse ás persoas que participaron nas labores de limpeza das costas. Xa estaba demostrado que podían sufrir enfermidades respiratorias pero agora parece estar demostrado que a marea branca de voluntarios, poidan sufrir alteracións no ADN.

De feito, o xuizo pola catástrofe medioambiental comenzou o 16 de outubro.

Enlaces:
http://www.agenciasinc.es/Noticias/La-exposicion-al-fuel-del-Prestige-provoca-dano-a-corto-plazo-en-el-ADN-de-ratas

http://es.wikipedia.org/wiki/Desastre_del_Prestige

http://es.wikipedia.org/wiki/Prestige

Paula Meixeiro Calvo 1º Bach. D