domingo, 1 de junio de 2014

O quentamento global favorece ós insectos de cores claros

Unha investigación liderada pola Universidade de Marburgo (Alemania), determina que a distribución de especies de insectos en Europa depende das cores do corpo e do clima. Os resultados deste estudo que publicou a revista Natura Communications, proporcionan pautas para prever os efectos dos cambios climáticos sobre ditos animais.

Os insectos (coma os lagartos e serpes) absorben a enerxía do sol para convertila en movemento. As especies de cor escura son capaces de absorver máis luz solar cos de cor claro có fin de aumentar a temperatura corporal. Por outro lado, as variedades da cor claro poden reflexar a luz para evitar o sobrequentamento, o que lles da ventaxas a temperaturas altas e baixas.

Para entender como o cambio de temperatura a nivel global afecta aos insectos, os investigadores analizaron as ás e os cores de 473 especies europeas de bolboretas e libélulas. Para elo, comprobaron que as variedades máis escuras adaptaranse mellor a climas fríos e as de cores claros aos climas cálidos.

Como resposta ao quentamento climático, as especies poden cambiar a súa distribución, adaptarse as novas condicións, o en última instancia, extinguirse. Aínda que esta última é pouco probable. Aclara Zeuss.

Neste estudo conbínase o análise dixital de imaxes recentes coas estadísticas filoxenéticas para demostrar que a claridade da cor dos insectos está relacionada ca temperatura de toda Europa. Ademáis mostra que os grupos de libélulas aclararon a súa cor no último século e llo atribuen ao quentamento global.

Os resultados indican que, co quentamento global, os cambios na distribución de especies de insectos pódense predecir en certa medida. Por exemplo, esperaríase que as especies de cor escura trasladásense a rexións máis frías ou que cambien a súa preferencia de hábitat cara a condicións máis sombrías.


Fontes: http://www.agenciasinc.es/Noticias/El-calentamiento-global-favorece-a-los-insectos-de-colores-claros

Patricia Pérez Froufe 1º Bach A


A nosa última oportunidade para salvar o planeta

A Humanidade xa casi quedouse sen tempo para abordar o cambio climático. Os científicos sinalan que un aumento da temperatura de duos grados centígrados por riba dos niveis preindustriales colocará á Terra nun terreo perigoso e desconocido. Sen embargo, actualmente imos camiño dun aumento de cuatro grados o máis neste siglo. Chegou a última oportunidade para actuar.
Dita oportunidade producirase en diciembre de 2015 en París, cando os gobernos do mundo se reúnan para a vixésima primera reunión anual das Nacións Unidas sobre o cambio climático, pero esa vez será diferente. Ou os gobernos acordan a adopción de medidas decisivas, como prometen, ou volveremos a vista atrás e veremos 2015 como o ano no que a saude climática se nos deslizou entre os dedos.
En 1992, os gobernos do mundo aprobaron a Convención Marco das Nacións Unidas sobre o Cambio Climático e prometeron evitar "a perigrosa interferencia antropogénica [inducida polo home] no sistema climático" reducindo a tasa de emisión dos gases que provocan o efecto de invernadoiro, en particular o dióxido de carbono. Aunque o tratado entrou en vigor en 1994, a tasa de emisións de ditos gases, incluido o CO2, aumentou en realidade.
En 1992, ca combustión mundial do carbón, petróleo e gas, máis a produción de cemento, lanzaronse 22.600 millóns de toneladas de CO2 ao aire. En 2012, o ano máis recente sobre o que dispoñemos de datos comparables, as emisións ascenderon a 34.500 millóns de toneladas. En lugar de controlalo, a Humanidade acelerou o cambio climático inducido polo home.
Ahora ese é o mallor problema moral do noso tempo. A utilización de combustibles fósiles en todo o mundo ameaza aos pobres, que son os máis vulnerables ao cambio climático (aunque os ricos son a causa principal), e ás xeneracións futuras, que heredarán un planeta xa inhabitable en moitos lugares e co abastecemento de alimentos sometido a crisis en gran escala.
Estamos causando ese dano nunha época na que os adelantos tecnolóxicos permiten ao mundo substituir os perigosos combustibles fósiles por fontes enerxéticas con escasas emisiones de carbono, como, por exemplo, a eólica, a solar, a nuclear e a hidroeléctrica e reducir as repercusións dos combustibles fósiles utilizando a tecnoloxía para a captura e o almacenamento de carbono. O Papa Francisco recientemente o  expresou perfectamente: "Salvaguardar a Creación", dixo, "porque, se destruimos a Creación, ¡a Creación nos destruirá a nos! ¡Non debemos olvidalo nunca!".
Sen embargo, para os moitos intereses poderosos existentes o cambio climático segue sendo un xogo cuyo objextivo é retrasar o máis posible a adopción de medidas. As xigantescas compañías de combustibles fósiles seguen presionando entre bastidores contra o paso á utilización dunha enerxía con escasas emisións de carbono e utilizan a súa inmensa riqueza para comprar informacións nos medios de comunicación destinadas a sembrar a confusión. O imperio de medios de comunicación de Rupert Murdoch nos Estados Unidos, o Reino Unido, Australia e outras partes destaca polo papel particularmente cínico que desempeña na difusión de propaganda anticientífica.

FONTE:
http://elpais.com/elpais/2014/05/29/planeta_futuro/1401367027_694754.html

Pablo González Vázquez          1ºC  BACH.

Unha rara explosión de raios gamma sacude Andrómeda

O telescopio Swift da NASA detectou un estourido de raios gamma de alta enerxía procedentes da galaxia de Andrómeda, la galaxia grande máis próxima á Vía Láctea.
Trataríase da explosión observda máis próxima á Terra.

Swift observa os estouridos de raios gamma e, se detecta un, o telescopio redirecciónase automáticamente pra tratar de capturar a fonte.

A alerta saltou ás 21:21 GMT do 27 de maio; tres minutos máis tarde, o telescopio de raios X a bordo do Swift xa estaba observando un resplandor brilante de raios X que non existira antes.

La explosión ocorreu máis cerca do que nunca antes se rexistrara, uns 2,5 millóns de anos luz de distancia, o que representa un veciño, en termos cósmicos.

A explosión puido orixinarse cando dúas estrelas de neutróns ultra-densos colisionaron.
Se é así, probablemente se xeraran ondas gravitatorias -ondulacións no texido do espazo-tempo- a través do cosmos.

Outra posibilidade, di o astrofísico Robert Rutledge da Universidade McGill en Montreal, é que a explosión sexa unha fonte de raios X 'ultraluminosos', unha clase de obxetos menos brilantes que o núcleo dunha galaxia pero máis brilantes que as estrelas ordinarias, informa "Nature".
Si é así, entonces os raios X sexan probablemente visibles nos próximos días, no lugar de medio día como pode esperarse dun estalido de raios gamma.

Calquera que sexa a causa, a explosión de Andrómeda  produxose fai uns 2,5 millóns de anos.
A súa enerxía estivo vixiando cara nós dende entonces.



MARCOS VAZQUEZ FERNANDEZ

1º BACHARELATO C

Fontes:
http://www.larazon.es/detalle_normal/noticias/6494192/sociedad+ciencia/una-rara-explosion-de-rayos-gamma-sacude-andromeda#.Ttt1nV5IgqF85pr

Seca a finais de século nun terzo das terras por culpa do quentamento global?

A seca, entendida como unha dispoñibilidade de auga menor que a necesaria, pode ser froito de varios factores, como por exemplo unha diminución das precipitacións  ou o incremento da perda de humidade dunha superficie por evaporación, que conduza a unha menor retención de auga.
A maior demanda local de auga, como por exemplo por un aumento da poboación, ou pola posta en marcha de actividades que esixen máis auga, pode tamén conducir a unha situación de escaseza de auga.
Unhas taxas máis elevadas de evaporación poden xogar un papel moito máis importante do que bastante xente cree, pois as temperaturas máis cálidas son capaces de extraer máis humidade dos chans, mesmo nalgúns lugares onde se prognosticou que como consecuencia do quentamento global aumentarán as chuvias.
Un exemplo da importancia das taxas de evaporación é o reflectido no novo estudo realizado polo equipo de Benjamín Cook, climatólogo do Observatorio Terrestre Lamont-Doherty na cidade estadounidense de Nova York.
Neste estudo, que tivo en conta todas as terras do mundo agás a Antártida, estimouse que o 12% das terras estarán baixo a influencia das secas arredor do ano 2100 se consideramos só os cambios nos patróns de pluviosidade; pero tendo en conta tamén as taxas máis altas de evaporación debidas á enerxía engadida ao sistema e aos cambios na humidade atmosférica, chégase á conclusión de que as secas se estenderán ata o 30%, case a terceira parte da terra dispoñible.

Un aumento nas devanditas taxas carrexará un maior risco de seca mesmo en rexións onde choverá máis que agora e nas que hai inmensas extensións de terra agrícola dedicada ao cultivo de trigo, millo e arroz. Entre estas rexións do mundo figuran o sueste de China e o oeste dos Estados Unidos.


Creedes que todavía podemos evitalo?
Parécenvos datos importantes os derivados deste estudio?


Alba Álvarez Pacios nº1 1ºBach-A

Cans cazadores de mamuts

Segundo os investigadores, os europeos primitivos servíronse dos primeiros cans domesticados para cazar grandes animais de forma masiva.
A imaxe mostra un can cun oso dun mamut de hai 27.000 anos na boca 

No centro e mais ao este de Eurasia atópanse espectaculares xacementos arqueolóxicos dun gran número de mamuts de entre 45,000 e 15,000 anos de antigüidade, os investigadores cren que semellante matanza non puido ser produto dun violento episodio natural, din que o máis probable é que foran os cazadores da época, pero nesta conclusión falta algo, os cazadores non contaban con armas capaces de matar tantos animais e tan grandes, logo, quen os axudou? Os científicos da Penn State University cren que foron os primeiros cans domesticados.
Os seres humanos da época idearon unha novedosa técnica de caza de animais deste tamaño, o plan consistía en que os cans axudaban aos cazadores a atopalos mais rápido e rodeábanos para que non puideran fuxir. Por outra parte tamén protexían aos homes doutros carnívoros.
Cerca dos xacementos tamén se atoparon outros depredadores identificados como lobos e mais raposos, pero estes, seguian dietas diferentes á dos cans, o que indica que estes últimos eran alimentados polos homes.
Os primeiros cans domesticados non son os precursores dos nosos cans, xa que no seu ADN conteñen unha firma xenética distinta á de calquera outro cánido.

As investigacións continuarán e se hai mais destes cánidos en grandes xacementos, acompañados dun gran número de mamuts e lobos, con dieta distinta á dos demais depredadores, poderemos afirmar que os cans son o mellor amigo do home.


Pilar Veloso Trigo, 1ºBach C