viernes, 22 de febrero de 2013

Unha colosal mancha solar


O Observatorio de Dinámica Solar (SDO), que se puxo en marcha no 2010 para vixiar ó Sol e outros fenómenos espaciais, captou unha enorme mancha solar con dimensións tan grandes como para acoller seis veces a Terra, que segundo a NASA podería desencadear erupcións solares nos vindeiros días. Os científicos bautizárona co nome de AR 1678.
Nas últimas datas, 19 e 20 de febreiro, o conxunto de manchas escuras sobre a superficie do Sol foron crecendo con gran rapidez, pero non é posible concretar o seu tamaño exacto por  tratarse dun corpo esférico e non plano.
A orixe destas manchas son os cambios producidos nos campos magnéticos na superficie solar. Nesta zona detectáronse intensos campos magnéticos actuando en direccións opostas, o que probablemente leve a erupcións ou chamaradas solares. Segundo as investigacións da NASA, o Sol atópase nunha fase moi activa, esperando o seu punto álxido durante a primavera deste ano 2013.


FONTES DE INFORMACIÓN:

http://www.elmundo.es/elmundo/2013/02/21/ciencia/1361469604.html
http://www.abc.es/ciencia/20130221/abci-video-lluvia-fuego-solar-201302211125.html

Iago Rodríguez Peña 1º BACH A

O Curiosity extrae a primeira mostra de Marte.

O pasado 8 de febreiro o rover Curiosity ,despois de varios meses de exploración da superficie de Marte, obtivo a primeira mostra de pó do interior dunha rocha do "planeta vermello" . O propio vehículo enviou as imaxes ao control do Laboratorio de Propulsión a Chorro da NASA situado en Califronia.
O enxeñeiro Scott McCloskey afirma que "o rover Curiosity perforou a rocha con éxito" gracias ao seu taladro de 6,4 cm.


A mostra obtida provén da rocha de gran fino "John Klein" (chamada así en memoria dun director do proxecto de Laboratorio de Ciencia de Marte que faleceu en 2011)  mide 1,6 cm de diámetro e é de orixe sedimentaria. Non é coincidencia que elexiran esa mostra, xa que a escolleron porque podería conter indicios de que nun principio en Marte puido haber auga, por tanto a vida puido existir no pasado.
Noutras rexións de Marte, coma no valle Reull Vallis, crese que houbo auga tempo atrás xa que imaxes da sonda Mars Express atoparon unha enorme estructura de río con afluentes. E nos cráteres do planeta podería haber restos de xeo, dato que o Curiosity intentará pescudar.
A cor laranxa de Marte débese á oxidación do ferro que conteñen as rochas, pero o planeta é só vermello por fora, xa que a rocha atopada en capas baixas é de cor grisácea.
Agora o Curiosity deberá tamizar a mostra e ir introducíndoa en pequenas cantidades nun dos seus instrumentos de análisis chamado CHIMRA,que a axitará, a filtrará,e extraerá pequenas partículas (0.015 cm) e as analizará por medio dos instrumentos de Química e Mineraloxía, para saber a súa composición química.
Este feito é un gran logro, xa que é o primeiro vehículo en conseguir mostras dun planeta que non é o noso. Por iso os científicos están satisfeitos, pois o seu traballo de varios anos deu froitos.


Fontes: 
http://sociedad.elpais.com/sociedad/2013/02/22/actualidad/1361537610_690725.html
http://www.abc.es/ciencia/20130221/abci-curisity-descubre-dentro-marte-201302211016.html
http://www.elmundo.es/elmundo/2013/02/20/ciencia/1361381695.html
http://www.fayerwayer.com/2013/02/curiosity-obtiene-su-primera-muestra-de-polvo-marciano/

Adriana Canto Calviño, 1º BACH. A.