Mostrando entradas con la etiqueta 1ºBach C. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta 1ºBach C. Mostrar todas las entradas

domingo, 8 de junio de 2014

Renovable e sen cargo ao usuario

Chile quere fundar as súas esperanzas enerxéticas nas fontes renovables, pero por agora, sen cargo no recibo da luz. A presidenta chilena inagurou en Copiapó, o parque solar fotovoltáico "Amanecer Solar CAP", o máis grande de latinoamérica e un dos máis grandes do mundo. Pero a diferencia do modelo español a súa amortización e financiación son privadas. Este proyecto foi financiado polo grupo CAP, o principal extractor de mineral de ferro e o maior productor siderúrxico de Chile. O grupo mineiro precisaba un abastecemento enerxético propio para as operacións na mina de ferro de Cerro Norte.
O parque está situado no deserto de Atacama, o máis árido do mundo, ten 280 hectáreas, con máis de 310.000 paneles solares fotovoltáicos, cunha capacidade de 100 megavatios, o que equivale ao consumo anual de 125.000 fogares en Chile.
Os módulos son de silicio monocristalino, un material que non é tóxico nin contaminante e que é reciclable ao final da súa vida útil. No seu primeiro ano de funcionamento, a planta será capaz de ixectar 270 GW/h de enerxía limpia ao sistema. O presidente executivo do gupo acereiro e mineiro, reconoceu que é unha aposta atrevida, xa que o risco financieiro corre a cargo de CAP. A alternativa era construír unha central de carbón, pero como os permisos medioambientais non o permitirían, construíron esta planta nun tempo récord de seis meses.
LAURA ÁLVAREZ GÓMEZ - 1ºBACH C

sábado, 7 de junio de 2014

A Lúa formouse tras o impacto dun planeta coa Terra

As rochas lunares traídas polos astronautas do Apolo, fai máis de 40 anos conteñen evidencias de que un planeta do tamaño de Marte estrelouse contra a Terra e dos escombros desa colisión, formouse a lúa, segundo mostra unha investigación recente.
Os científicos alemás que utilizaron unha nova técnica afirman que detectaron unha diferenza química lixeira entre as rochas da Terra e as rochas lunares. Os científicos, sen embargo, indican que serían necesarios máis estudos para confirmar estes resultados que mostran evidencias de que o material doutro corpo ademáis da Terra contribuíu á formación da Lúa fai uns 4,5 millóns de anos.
Oss científicos creen que a Lúa formouse a partir dunha nube de escombros lanzados ao espacio despois de que un corpo do tamaño de Marte chamado Thea se estrelara contra a Terra xoven.
Dado que os distintos planetas do sistema solar teñen diferentes elementos químicos, os científicos crían que as rochas lunares poderían conter pegadas químicas delatoras de calquera corpo estrelado contra a Terra, o que demostraría a colisión, evidencia que hasta agora se resistía.
"Desenrolamos unha técnica que garante a separación perfecta, dos isótopos de oxíxeno doutros gases”, afirma Daniel Herwartz, da Universidade de Colonia en Alemania.
"As diferezas son pequenas e difíciles de detectar, pero están ahí", agregou Herwartz, o autor principal dun artículo sobre o descubrimiento publicado na edición desta semana da revista Science.
Os resultados indican que a composición da Lúa é aproximadamente o cincuenta por cento Thea y outro cincuenta por cento Terra, aínda que se precisa máis traballo para confirmar esta estimación, segundo indican os científicos.

O equipo analizou rochas traídas á Terra polos astronautas da NASA durante o Apolo 11, Apolo 12 e Apolo 16 misións á Lúa, que tiveron lugar nos anos 1969 y 1972.


MARCOS VAZQUEZ FERNANDEZ

1ºBACHARELATO C

FONTES:
http://www.larazon.es/detalle_normal/noticias/6578996/sociedad+ciencia/la-luna-se-formo-tras-el-impacto-de-un-planeta-con-la-tierra#.U5Maaah_vZI

domingo, 1 de junio de 2014

Unha rara explosión de raios gamma sacude Andrómeda

O telescopio Swift da NASA detectou un estourido de raios gamma de alta enerxía procedentes da galaxia de Andrómeda, la galaxia grande máis próxima á Vía Láctea.
Trataríase da explosión observda máis próxima á Terra.

Swift observa os estouridos de raios gamma e, se detecta un, o telescopio redirecciónase automáticamente pra tratar de capturar a fonte.

A alerta saltou ás 21:21 GMT do 27 de maio; tres minutos máis tarde, o telescopio de raios X a bordo do Swift xa estaba observando un resplandor brilante de raios X que non existira antes.

La explosión ocorreu máis cerca do que nunca antes se rexistrara, uns 2,5 millóns de anos luz de distancia, o que representa un veciño, en termos cósmicos.

A explosión puido orixinarse cando dúas estrelas de neutróns ultra-densos colisionaron.
Se é así, probablemente se xeraran ondas gravitatorias -ondulacións no texido do espazo-tempo- a través do cosmos.

Outra posibilidade, di o astrofísico Robert Rutledge da Universidade McGill en Montreal, é que a explosión sexa unha fonte de raios X 'ultraluminosos', unha clase de obxetos menos brilantes que o núcleo dunha galaxia pero máis brilantes que as estrelas ordinarias, informa "Nature".
Si é así, entonces os raios X sexan probablemente visibles nos próximos días, no lugar de medio día como pode esperarse dun estalido de raios gamma.

Calquera que sexa a causa, a explosión de Andrómeda  produxose fai uns 2,5 millóns de anos.
A súa enerxía estivo vixiando cara nós dende entonces.



MARCOS VAZQUEZ FERNANDEZ

1º BACHARELATO C

Fontes:
http://www.larazon.es/detalle_normal/noticias/6494192/sociedad+ciencia/una-rara-explosion-de-rayos-gamma-sacude-andromeda#.Ttt1nV5IgqF85pr

miércoles, 21 de mayo de 2014

Castor, un xigante que se tambalea

Nuns días cúmprense dous anos da finalización das obras do proxecto Castor. Este xigante de 1.800 millóns de euros, está agora lexos de ser o que estaba previsto que fose, debido aos máis de 500 microseísmos rexistrados no seu entorno. Este macroprograma destinado para garantir o suministro de gas en todo un país é, nestes momentos, como un xigante ferido que se tambalea e a súa caída podería ter consecuencias económicas moi desfavorables para as arcas estatais, si é que antes non se atopa unha solución.
As causas 
Do gas para o futuro a un presente con máis de 500 seísmos 
O proxecto Castor ideárase para asegurar o suministro de gas de cara ó futuro en boa parte de España en caso de necesidade. No escenario dunha campaña elcetoral, como a que se está a vivir, cada partido intenta botar sobre o seu rival a responsabilidade de planificar esta iniciativa. Pero nada disto pasaría si dende o mes de septembro de 2013 non cambiaran as cousas da forma que o fixeron. E é que a zona do Baix Maestrat comezou a rexistrar microseísmos (algúns chegaron a superar o nivel 4 na escala de Richter). En total foron máis de 500 movementos e eso obligou a reconducirlo todo. Son estos terremotos os que lograron desestabilizar a este xigante. 
As consecuencias 
Do apoyo inversor a unha posible indemnización mutimillonaria 
Este xiro inesperado no argumento do Castor obrigou ao Ministerio de Industria a comezar un largo estudo das consecuencias que nove meses máis tarde aínda non se resolveron. Xa hai informes que relacionan o proxecto cos terremotos pero o Goberno preferiu recurrir a expertos externos para que o certifiquen. Os alcaldes xa comezaron a pedir o desmantelamento da pranta pero según o contrato de concesión firmado no seu día polo Estado, botar abaixo o Castor supoñería que o Goberno tivera que pagar unha indemnización multimillonaria. De momento, a única consecuencia de todo o anterior é que a pranta está inactiva mentres se decide o seu futuro.
LAURA ÁLVAREZ GÓMEZ Nº2 1ºBACH C

miércoles, 7 de mayo de 2014

Dúas novas "letras" no alfabeto xenético



Un equipo de investigadores de Estados Unidos acaba de crear o primeiro organismo vivo capaz de realizar as súas funcións e reproducirse con normalidade con un novo alfabeto xenético. O código usado contén as catro letras que compoñen de forma natura o ADN -Adenina (A), Timina (T), Guanina (G) y Citosina (C)- mais dúas novas letras fabricadas nun laboratorio que non existen na natureza: d5SICS y dNaM (chamémoslas X e Y).
Os pares de letras son as pezas básicas do ADN en calquer forma de vida e sempre se unen da misma forma para formar a dobre hélice: A con T e C con G. Según os autores do traballo publicado hoxe en Nature, a incorporación no alfabeto xenético do novo par de bases sintéticas (X-Y) abre unha porta hacia a producción de organismos que poidan utilizarse de forma industrial para fabricar novos nanomateriales, fármacos, antibióticos e vacunas mais eficaces ou para mellorar os procesos químicos de industrias como a farmacéutica.

lunes, 21 de abril de 2014

Rusia abre a chave do suministro de petróleo do Ártico

Rusia convertiuse hoxe no primeiro país en suministar petróleo do Ártico, co envío ao continente dunha partida de petóleo na prataforma flotante Prirazlómnaya no mar de Bárents, o que provocou a indignación de Greenpeace.
''O proxecto influirá positivamente no aumento da presencia de Rusia nos mercados enerxéticos internacionais", afirmou o presidente ruso, Vladimir Putin. El asegurou que o proxecto operado por Gazprom, consorcio que trata petróleo e gas, representa o comezo da explotación a gran escala dos recursos naturais do Ártico por parte de Rusia. Destacou que, malia as extremas condicións climatolóxicas da zona, dous rompexeos transportarían petróleo durante case todo o ano, o que disparou as alertas entre os ecoloxistas.
Greenpeace considera que a prataforma é unha ameaza para a zona e pedironlle a ONU que declare o Ártico santuario ecolóxico onde esté prohibido tanto a extracción do petróleo como a pesaca intensiva, coma na Antártica.
Kumi Naidoo, director executivo de Greenpeace asegurou que este é un momento crucial para o Ártico no mundo, malia que o cargamento contén petróleo de moi baixa calidade e representa un gran risco para o prestixo do lugar. Naidoo recalcou que o rompexeos ruso Mijaíl Uliánov partiu con varios días de retraso, sen motivo aparente. E insitiu en que a calidade do hidrocarburo era tan baixa que Gazprom tivo problemas en atopar comprador e que o nacente ten unhas reservas moito menores do anunciado, o que non xustificaría o risco que supón a súa explotación.
O presidente de Gazprom, Alexéi Miller, asegurou que Prirazlómnaya garantiza non só a explotación de petróleo en condicións climatolóxicas extremas, senón que tamén observa as medidas internacionais de seguridade máis estrictas. Miller explicou que Gazprom utilizou un sistema de vertido cero, polo que durante a perforación no mar non cae ningunha gota de petróleo. 

La plataforma Prirazlómnaya en el Ártico.