Estas preguntas teñen a mesma resposta, todo iso é causado por unha serie de hormonas, tales como a oxitocina, dopamina, serotonina e adrenalina entre outras. Isto é o amor, tan só unhas poucas hormonas que nos fan sentir cousas incribles. Segundo uns estudios realizados o amor non se agocha no corazón, senón no cerebro. Tamén nuns estudos realizados pola antropóloga Helen Fisher descubríronse tres procesos cerebrais que definen tres tipos de relacións:
· O impulso sexual. Regulado pola testosterona.
· O amor romántico. Regulado por la dopamina (un neurotransmisor que inflúe no estado anímico) , e cunha duración de un ano e medio aproximadamente.
· O cariño. Regulado pola oxitosina e vasopresina, dúas hormonas que controlan o pracer e a recompensa.
E a parte dos tipos de relacións tamén existen catro “personalidades biolóxicas”:
- A primeira inclúe a xente con elevados niveis de dopamina, este tipo de persoas adoitan ser creativas, curiosas, enerxéticas arriscadas, espontáneas e flexibles. E son atraídos por persoas con estas peculiaridades.
- A segunda intégrana as persoas con altos niveis de serotonina, estas adoitan ser tranquilas, prudentes, tradicionais, ordenadas, prudentes e meticulosos. E tamén son atraídos por persoas parecidas a eles.
- A terceira inclúe a persoas con altos niveis de testosterona e son directos, escépticos, analíticos, decisivos, bos cos números. Sen embargo este tipo de xente se sente atraída por persoas con moitos estróxenos.
- O cuarto inclúe á xente con niveis elevados de estróxenos, estas persoas caracterízanse por ser doces, doado de tratar con elas, idealistas, emotivas e intuitivas. E neste caso séntanse atraídos por xente con niveis elevados de testosterona.
A xente cando se namora póñense en marcha unhas conexións neuronais que producen un estado de alienación transitoria, algo moi parecida a unha droga o que fai que poida chegar a ser aditivo. Pero tamén poden ser eficaces para aliviar a sensación de dor, corpontándose como un analxésico.
Tamén se fixeron estudos para asegurar de que os frechazos si existen, xa que só nos fai falta una quinta parte de segundo para saber se alguén nos atrae, sabemos que o fai porque o noso corpo comeza a producir dopamina, oxitosina e adrenalina.
Sempre se di que os homes pensan máis en sexo que as mulleres, isto é debido a que os homes a zona de exercicio da sexualidade é 2.5 maior no cerebro dos homes que nos das mulleres. E por iso para os homes o éxito da parella centrase en que as relacións sexuais sexan satisfactorias.
En resumen, o amor non depende do estereotipo do corazón, senón do cerebro.
Andrea Gerpe Acosta, 1ºBacharelato A.
Fontes de información: