jueves, 2 de mayo de 2013

España gaña o premio á mellor microfotografía

O concurso recentemente celebrado de microtomografía (MicroCT meeting 2013) otorgou a España, máis concretamente á Universidade de Granada o premio de recoñecemento mundial á mellor imaxe tomada a nivel microscópico, neste caso pertencente á anatomía dunha mosca común.
O profesor de zooloxía, Javier Alba Tercedor obtivo a instantánea grazas a un microtomógrafo Skyscan 1172, que permite ter resolucións de 1.4 micras por píxel. Esta técnica permite o estudo de exemplares valiosos sen producirlles ningún dano nin alterar os resultados das mostras.

 
O dono desta prodixiosa imaxe explica, que o proceso resulta complexo, xa que é necesaria a obtención de miles de radiografías, para as cales se coloca o animal nunha plataforma xiratoria que vai tomando as radiografías cunha cadencia que varía segundo a calidad que se desexe obter.
 Como media, as fotografías son tomadas cada 0.1 grados, o que significa que tras unha volta haberanse conseguido 1800 imaxes, que posteriormente serán procesadas cun software especial.
 Este proxecto abriulle moitas portas ao profesor, que actualmente traballa en distintas investigacións relacionadas coa zooloxía, entre as que poderíamos destacar o estudo de ovos de insectos cuxa lonxitude é  inferior a unha décima de milímetro.
Ademáis, engade, esta técnica abre a posibilidade de estudar o interior de cualquer animal sen necesidade de diseccionalo, o que suporía un gran avance para a ciencia.