A actividade volcánica
ao longo do Pacífico deu lugar a unha pequena illa situada no arquipélago das
Illas Ogasawara,
a uns 1.000 quilómetros ao sur de Tokyo.
O satélite EO-1 da NASA observou
dende o espazo a nova illa o 8 de decembro de 2013. A auga circundante aparece
coa súa cor distorsionada pola presenza de gases e minerais volcánicos, así
como sedimentos do fondo mariño levantados como consecuencia da erupción
volcánica na que se creou esta illa.
Ésta forxouse durante
unha erupción volcánica da que se tivo a primeira noticia o 20 de novembro de
2013.
Ao principio, asumiuse
que tería unha existencia efémera, como outras illas formadas recentemente
fronte á costa de Paquistán e no Mar Vermello, as cales de xeito natural non
tardan en quedar afundidas por debaixo do nivel do mar cando a erosión exercida
polas ondas acaba arrancando boa parte do material solto que constitúe o terreo
Non obstante, a xulgar polos últimos datos,
parece que a nova illa ten un tamaño como para sobrevivir non só durante varios
anos, se non de forma permanente. A comezos de decembro, xa crecera ata medir
56.000 metros cadrados, preto de tres veces o seu tamaño inicial. Ademais, a
súa superficie está entre 20 e 25 metros sobre o nivel do mar, o que tamén
axudará á conservación da illa.
Alba Álvarez Pacios, nº1 1ºBACH-A