domingo, 31 de marzo de 2013

Así se formaron as rías galegas


As Baixas creáronse hai 110 millóns de anos, as Altas fai 25,  e as Medias, cinco

Ferdinand Von Richthofen, o tío do famoso Baron Rojo , foi o que as deu nome en 1886. Na súa viaxe ao redor do mundo para estudar os distintos tipos de costa atopouse en Galicia con algo nunca visto, aínda que realmente non sexan algo exclusivo da comunidade. Eran as rías, un accidente xeográfico formado pola inundación mariña do curso final dun río. A definición mantense, pero un novo estudo realizado polo director do Instituto de Xeoloxía Isidro Parga Pondal da Universidade da Coruña, Juan Ramón Vidal Romaní, arroxa nova luz sobre a súa historia e formación.
Tamén, por primeira vez, datouse a súa antigüidade. E aquí xorden as primeiras sorpresas, máis que nada polas enormes diferenzas no tempo en que se crearon unhas e outras. As máis antigas son as Rías Baixas, que datan de hai 110 millóns de anos. Moito máis tarde, fai 24 millóns, xurdiron as Rías Altas e o proceso culminou fai tan só cinco millóns coa irrupción das Medias, cuxa constitución coincide coa formación do río Miño.
Unha ría, polo xeral, fórmase pola inundación do curso final dun río causada polo afundimento do bordo costeiro, por unha subida do nivel de mar ou por ambos os sucesos á vez. A esta hipótese hai que engadirlle agora un novo matiz: en Galicia, o factor determinante que propiciou a súa creación foi a inundación pola subida do nivel do mar por mor da fusión da auga dos polos. E o máis paradoxal é que ocorreu nun momento en que a cortiza terrestre galega estaba a levantarse, un proceso xeolóxico que continúa na actualidade. «Antes pensábase que as rías galegas se formaron porque a costa se afundiu, pero agora se sabe que o proceso decisivo foi o aumento do nivel do mar», di Vidal Romaní.
Rías secas
Na fisionomía da actual costa galega existe outro proceso xeolóxico decisivo que dá resposta á gran pregunta: ¿como é posible que o maior río de Galicia, o Miño, non desemboque nunha ría? A clave está no levantamento da Cordilleira Cantábrica, a cadea montañosa que emerxe ata alcanzar a súa altura actual fai entre 65 e 23 millóns de anos e que, a diferenza do que aínda contan os libros de xeografía, non acaba no triángulo Becerreá-Sarriá-Triacastela, senón que enlaza noutra estrutura tectónica chamada Corredor de Ourense, que chega a Celanova. Alí divídese en dúas ramas: unha que segue paralela á fronteira entre Galicia e Portugal desde a depresión Budiño-Tui ata A Guardia e Camiña, e outra, máis ao sur, desde Lindoso, no Xurés, ata Viana do Castelo. No Corredor de Ourense, a Cordilleira Cantábrica non se levanta, senón que se afunde, o que forma as concas terciarias galegas e provoca o desvío das augas de varios ríos. Así é como se formou o Miño. Só que no tramo final da Cadea Cantábrica, por onde xa corrían o Miño e o Lima, prodúcese un levantamento do continente, o que impediu que ambos os leitos, a pesar do seu gran caudal, puidesen escavar as súas canles e, xa que logo, ser alagados polo mar. Agora coñéceselles como Rías Secas.

miércoles, 27 de marzo de 2013

Aeroxel de grafeno: O material máis lixeiro


Aínda que o termo de “aeroxel” non debería aplicarse, axúdanos a visualizar cales son as propiedades de esta creación. É unha espuma baseada en nanotubos de carbono conxelados en seco e láminas de óxido de grafeno, a cal se lle quita o osíxeno mediante un proceso químico. O equipo responsable foi o de científicos da Universidade de Zhejiang (Hangzhou, China).
A lista de aplicacións deste material extraordinariamente liviano é cada vez máis grande, incluso pódese considerar un material máxico, algo irónico tendo en conta que é un dos descubrimentos máis importantes da ciencia moderna.
Cunha densidado de 0,16 miligramos por centímetro cúbico, é tan lixeiro que pode ser colocado sobre unha flor de cerezo sen danala.

O GRAFENO:

Por si só, o grafeno ten unha densidade de 0,77 miligramos por metro cadrado.
É un material novo, e non só o máis delgado que se obtivo ata o momento senon que tamén é o máis forte. Ademáis, é completamente transparente.
Entre as súas numerosas propiedades podemos  atopar algunas coma a alta condutividade térmica e eléctrica, elasticidade, dureza e resistencia (sendo o máis resistente do mundo ata agora atopdo), soporta a radiación ionizante e é moi lixeito, coma a fibra de carbono pero máis flexible.

O grafeno pode reacionar químicamente con outras sustancias para formar compostos con diferentes propiedades, o que o dota dun gran potencial de desenvolvemento.
Grazas a todas estas propiedades, o grafeno convertirase nun produto con múltiples aplicacións e incontables beneficios para a sociedade.
Na industria, as principais aplicacións serán:
A blindaxe, pola sua propiedade de dureza xa citada




Na informática parece ser o material máis prometedor, pois preténdese construir ordenadores moito máis rápidos xa que os transistores deben soportar tensións ademais de ter propiedades eléctricas e este material tamén eé capaz de soportar a calor á que se exponen estes elementos.
En investigación, os físicos están tratando de construir un acelerador de partículas en miniatura como o do CERN,xa que este ocupa kilómetros cadrados. Así, nun fragmento de grafeno dun centímetro cadrado é posible realizar moitos dos experimentos que ata agora se realizarron en laboratorios como o do CERN e, se isto se convirte en realidade, poderan facelo nun laboratorio que cabe na xema dun dedo
Outros campos onde se pretende introducio o emprego deste novidoso material son electrónica, aviónica e enerxía.




Fontes de información:


http://www.abc.es/ciencia/20130325/abci-aerogel-grafeno-material-liviano-201303251055.html
http://grafeno.com/principales-usos-del-grafeno-en-la-industria/

http://www.jdsoyyo.es/ciencia/2011/10/15/las-multiples-aplicaciones-del-grafeno/




Alba Cortés Coego
1º Bacharelato A

domingo, 17 de marzo de 2013

Un novo experimento que reforza a posiblidade de orixe extraterrestre da vida.


Unha das maiores preguntas as que se enfronta a ciencia é a da orixe da vida. A vida orixinouse na terra ou viña doutros lugares a bordo de meteoritos (hipótese da panspermia)?

 Un grupo de investigadores das universiades de California e Hawaii reproduciu nunha cámara de vacio, as condicións do frío espacial (uns grados por encima do cero absoluto) e colocaron uns gránulos xeados con compostos que se encontran no espacio como: etano, hidrocarburos. Estes gránulos foron bombardeados con electróns para simular os raios cósmicos do espacio prodecentes de fontes de enerxía ou supernovas que explotaron. Esta radiación cósmica bombardea continuamente o espacio en todos os seus ricóns, por iso é un dos problemas do cal que se ten que protexer o ser humano que realice unha viaxe espacial.

Nese momento empezaron unha serie de reacións químicas que deron lugar a formación de dipéptidos (enlaces de dous aminoácidos que son esenciales para a vida). Según este esperimento esas moléculas prebióticas poideron formarse no espazo e moi probablemente a bordo de cometas, asteroides,... caeron nos mundos que encontraron, tanto dentro coma fóra do noso sistema solar e naqueles lugares onde se deran as condicións necesarias arraigaron e deron lugar a vida.


Ata o de agora pensabase que os aminoácidos si que podían haber chegado a terra en meteoritos, cometas,… e que despóis o proceso químico posterior houbera tido lugar na terra, nos oceanos. Grazas a este traballo dámonos conta que non é necesario o medio oceánico terrestre para que a química da vida se poña en marcha, bastan coas condicións que se dan no espacio exterior. Este experimento impulsa a hipótese da panspermia.


Fontes de información: 
http://informe21.com/ciencia-y-tecnologia/los-ladrillos-de-la-vida 
http://www.abc.es/ciencia/20130315/abci-ladrillos-vida-201303141709.html 
http://es.wikipedia.org/wiki/Panspermia
http://www.biocab.org/Panspermia_esp.html 
                                                                                                                     Yolanda Campos Garrido 1ºA

miércoles, 13 de marzo de 2013

En Marte puido haber vida.

O Curiosity cumpriu. O obxetivo deste era averiguar si no planeta vermello,  no pasado, puido haber vida. Os científicos a vista das primeiras mostras, extraídas de  furar  a rocha,  téñeno claro: “Por lo que sabemos ahora la resposta es sí”. A NASA afirma que Marte puido albergar microorganismos isto sería fai uns 3.000 millóns de anos.
As probas chegan da man da química,  xa que os análises realizados no laboratorio dan como resultado a presenza de azucre, nitróxeno, hidróxeno, osíxeno, fósforo e carbono nunhas mostras de polbo que atopou o Curiosity nunha perforación de 6,4 centímetros de profundidade nunha rocha da rede antiga de canles que descende do cráter Gale. Os membros da misión bautizaron a esta zona como a bahía de Yellowknife.
Os análises dos minerais mostran que no pasado , o planeta vermello tivo múltiples períodos de humidade. De feito na zona según os datos dos investigadores a zona que está explorando o Curiosity é o extremo de un sistema fluvial ou un lago intermitente que puido haber proporcionado a enerxía química e outras condicións favorables para microorganismos. O entorno ten a diferenza de outras zonas que non está tan oxidado nin tan salado como outras zonas do planeta.
Pero de momento non se han encontrado compostos orgánicos complexos, como aminoácidos, aínda que para os científicos non e de estrañar dado que os aminoácidos degrádanse moi fácil e son moi difíciles de atopar.
Os especialistas da misión están pendentes de facer máis análises de outras mostras extraídas da perforación pa confirmar os resultados.
Fontes:

lunes, 11 de marzo de 2013

Extraen embriones y material genético de dos hembras de lince para garantizar su futuro

O obxectivo desta investigación é a preservación da liña xenética do lince Ibérico, especie en perigo de extinción. Interviñeron a dúas femias, “Azahar” e “Saliega” e conseguiron extraerlles embrións e material xenético.
A primeira femia foi Azahar, que provén do Centro Nacional de Reproduçao de Lince Ibérico en Silves (Portugal). Naceu no 2004, e recomendaron non volver a someter a novas xestacións. Polo tanto para preservar a súa liña de preservación utilizaron os embrións.
Saliega, que procede do centro de Doñana. Realizáronlle unha mastectomía, debido a un tumor mamario. E como a súa representación xenética, xa estaba representada no programa “exsitu” recomendaron esterízala.
Exsitu é un pograma de crías en catividade, cuxa finalidade é a recuperación dunha especie en peligro de extinción. Ó mesmo tempo serve como reserva de animais no caso dunha posible extinción, ata que  as condicións sexan melloradas.
Os asesores do grupo de fisioloxía reprodutora e bancos de recursos biolóxicos do comité de cría de lince ibérico, propuxeron recolectar  o material xenético para utilizalo como acervo xenético nos programas de conservación. Así emparellaron estas femias cos machos “Foco” e “Al-Andalus”.
As dúas intervencións transcurriron sen ningunha complicación. As tres mostras de embrións, foron en nitróxeno líquido e encóntrase no Museo Natural de Ciencias de Madrid. Estas mostras poderán implantarse nunha femia e dar lugar a animais sanos.

Fontes:
http://www.elmundo.es/elmundo/2013/03/09/natura/1362835551.html
http://www.lynxexsitu.es/index.php

Proteína protexe ó cerebro dos danos dun ictus



A lectina MLB é unha proteína sintetizada polo fígado e que, uníndose a azucres presentes nunha gran variedade de bacterias e outros microorganismos, promove a súa eliminación. Unha recente investigación, na que o CSIC foi partícipe, demostra que a inhibición desta lectina xera un efecto protector sobre os efectos negativos que provoca un ictus cerebral. O traballo foi publicado na revista Circulation.

O ictus, tamén coñecido coma accidente cardiovascular, é a perda brusca de funcións cerebrais causada por unha alteración vascular (ben sexa por interrupción do fluxo sanguíneo ou por hemorraxia), o que afecta ás funcións do sistema nervioso central.

Segundo Javier Rojo, investigador do Instituto de Investigacións Químicas (centro mixto do CSIC e da Universidade de Sevilla), “Esta proteína, que tamén intervén e se relaciona co azucre manosa, xoga un papel fundamental nos primeiros pasos da activación da cascada de procesos involucrados no dano cerebral asociados a un ictus”. Ó inhibir esta proteína xérase un protector.
Ata agora o tratamento máis común fronte a un infarto cerebral consistía na destrución do trombo (coágulo que se forma no interior dos vasos sanguíneos), o cal só era efectivo durante as 3 ou 4 horas despois do infarto. Con este novo estudo poderase desenvolver unha nova estratexia terapéutica para poder tratalo ata 24 horas despois.


Fontes de información:

Antía Quintana Gallego, 1º BACH A

sábado, 9 de marzo de 2013

A cafeína mellora a memoria das abellas

Resulta que a revista ‘Science’ publicou unha investigación que demostra que as abellas da mel alimentadas cunha solución de azucre con cafeína son tres veces máis capaces de recordar a esencia dunha flor que aquelas que só se alimentan con azucre.
Os investigadores alimentaron ás abellas cunha solución azucarada que contiña a cafeína que se encontra de forma natural no néctar das flores da planta de café, e nas árbores de limón, laranxa e pomelo.


A directora do estudo, a doutora Geraldine Wright, profesora de Neuroetoloxía na Universidade de Newcastle, Reino Unido, explicou que o consumo de cafeína polas abellas aporta beneficios tanto ao insecto como á planta: «Para as abellas, que voan a un ritmo moi rápido de flor en flor, é moi difícil lembrar os rasgos das flores, e a cafeína axúdalles a facelo. E por outra parte, as abellas que se alimentaron de néctar con cafeína voan cargadas dese pole a outras flores con cafeína, o que favorece moito a polinización desta especie de plantas».

Por outro lado, Phil Stevenson, coautor da investigación e profesor nos Reais Xardíns Botánicos de Kew e o Instituto de Recursos Naturais da Universidade de Greenwich, explicou que «a cafeína é unha substancia química de defensa de plantas, ten un sabor amargo para moitos insectos, incluídas as abellas, polo que foi unha sorpresa encontrala no néctar. Sen embargo, a dose presente nestas plantas é moi baixa como para afectar ao gusto das abellas, pero o suficientemente alta como para alterar o seu comportamento».

O efecto da cafeína na memoria a largo prazo das abellas é importante: incrementa por tres a capacidade das abellas para recordar unha esencia floral 24 horas despois da toma de pole e por dous a capacidade de facelo tres días despois.

Normalmente, o néctar na flor dunha planta de café contén cafeína, case tanto como unha taza de café instantáneo. Ao igual que o café negro ten un sabor amargo forte para nós, as altas concentracións de cafeína son repelentes para as abellas. En opinión da doutora Wright, «este estudo axúdanos a entender como a cafeína afecta ao noso cerebro. O que vemos é que este descubrimento podería explicar por que moitas persoas prefiren beber café cando estudan».

A doutora Julie Mustard, colaboradora na investigación pola Arizona State University, sostén que «a pesares de que os cerebros humáns e o das abellas, obviamente, teñen moitas diferenzas, cando nos fixamos nas súas células, proteínas e xenes, descubrimos que ambos funcionan de maneira similar. Polo tanto, podemos empregar abellas para investigar como a cafeína afecta ao noso propio cerebro e ao noso comportamento».

Os investigadores advertiron que de continuar a desaparición das abellas e outros insectos polinizadores, pondrase en peligro a biodiversidade e certos cultivos.

Enlaces:



Paula Meixeiro Calvo, 1º Bach. D

Posible orixe da vida?

Todos algunha vez preguntámonos cal será a orixe da vida. ¿Cómo surxiría todo? Hoxe en día estamos un paso máis preto de averigualo ou de polo menos, crearnos unha lixeira idea na mente de cal podería ser a explicación de todo.Científicos químicos das universidades de California e Hawaii afirman como o denominado, “ladrillo da vida” pode orixinarse no pó interplanetario. Demostraron, que no xélido espazo exterior se reunen as condicións necesarias para a síntese de moléculas complexas, como os dipéptidos (parellas de aminoácidos entrelazados) un “ingrediente” esencial na vida de todo ser. Ditas moléculas, unha vez formadas, serían transportadas á Terra grazas a cometas ou asteroides, onde comezaría o proceso de ensamblaxe de proteínas, enzimas e outras moléculas aínda máis complexas.


 Para chegar a estos coñecementos, púxose en marcha un simple proxecto levado a cabo polos científicos Seol Kim e Ralf Kaiser, que consistía na simulación dunha bola de xeo nunha cámara de vacío enfriada a prácticamente -273 grados (cero absoluto, é decir, temperatura de máximo frío alcanzable). Dita bola contiña elementos fundamentais moi presentes no espacio como o dióxido de carbono, o amoniaco ou outros hidrocarburos (metano, propano, etano…) 

A continuación, bombardeouse a bola con electróns de alta enerxía co fin de simular raios cósmicos, que tivo como resultado a creación de compostos orgánicos complexos esenciais para a vida, como os dipéptidos, (previamente mencionados), mediante a reacción química entre os elementos iniciais.






SEGUE VENDENDO O ECOLÓXICO?

Hai unhas semanas as autoridades de Alemania destaparon unha fraude a gran escala no sector ecolóxico. Máis de 150 granxas comercializaban como biolóxicos ovos que non o eran. Non é que ás pitas se lles dese de comer alimentos non autorizados ou fármacos senón que non se criaban ao aire libre estando en gaiolas e hacinadas. A razón seguramente está en que os ovos biolóxicos son entre un 30% e un 70% máis caros ca os  outros. E moitos apúntanse á fraude.Pero un produto que se vende como ecolóxico ha de superar numerosos controis de organismos autorizados sendo os consellos reguladores, que dependen das autonomías, os que vixían que se cumpra coa legalidade: revisan as instalacións, as sementes, a terra, os produtos utilizados ou o entorno para saber se hai algunha fonte contaminante ou no caso das explotacións gandeiras que os animais estean en condicións óptimas e reciban só alimentos e tratamentos naturais. Pero polo visto todo é pouco. E seguen a venderse como ecolóxicos produtos que non o son.
En España tamén hai fraude pero ata o momento non máis ca no resto dos países. Sen embargo hai algo que chama moitísimo a atención e é que España é o maior produtor  ecolóxico de Europa pero está á cola en canto a consumo. Mentres que en Alemania o gasto medio por persoa e ano está en 70 €  e en Suiza en 150,  no noso país sitúase en 6.
Por que este desfase? A razón está na disponibilidade e na cultura de consumo. En calquera dos países citados podemos atopar este tipo de produto en calquera supermercado mentres que aquí atopámolos só en tendas especializadas ou en determinadas áreas comerciais. Son ademais moito máis caros, pero hai que ter en conta que se necesitan máis espacios ou unha alimentación especial no caso das producións gandeiras ou produtos agrícolas máis caros para non usar abonos orgánicos. Os rendementos son ademais inferiores, ata un 30% ,aos cultivos cun laboreo convencional. Tampouco hai moitas estruturas de distribución.
Resumindo; debemos invertir esta situación e aumentar os controis pero non só con respecto á seguridade alimentaria senón tamén con respecto á  información que se lle dá aos consumidores.






Brais Casas Fernández.

Logran ver un instante clave da morte celular.

O hachado, obra do equipo de Peter Czabotar, Peter Colman e Dana Westphal, do Instituto Walter e Eliza Hall (Australia), aporta novos datos sobre como se produce a morte celular programada, ou apoptosis, e como estón podría levarnos a novas clases de medicamentos, capaces de controlar o proceso que determina se unha célula enferma: vive ou morre.

A apoptosis é un proceso celular xenéticamente controlado polo que, as células inducen a súa propia morte en resposta a determinados estímulos. De ahí que se describa como "suicidio celular" á hora de definilo conceptualmente.

Este proceso é un mecanismo importante para controlar a cantidad de células no corpo. Os defectos no mecanismo da morte celular relaciónanse có desenrolo de enfermidades como o cáncer e diversas dolencias neurodexenerativas. A morte celular insuficiente pode causar cáncer, ó permitir que as células proliferen dunha maneira descontrolada, mentras que, a morte celular excesiva das neuronas pode ser causa das enfermidades neurodexenerativas.

Sábese que a activación da proteína “Bax” é un paso que leva á apoptosis, pero ata agora non se entendía como ocurriu esta activación. Unha das fases clave na morte celular é a formación de aguxeiros na membrana mitocondrial da célula. Unha vez que esto sucede, a célula está sentenciada á morte.

Utilizando o Sincrotrón Australiano (un tipo de acelerador de partículas), o Dr. Czabotar e máis os seus compañeiros foron capaces de obter imaxes detalladas de cómo Bax cambia de forma a medida que pasa do estado inactivo ó activo. Bax actívase cando uns fragmentos da proteína chamados "péptidos BH3" enlázanse a ela. Ó estar en forma activa, perfora nas membranas mitocondriais, o que suspende o suministro energxético da célula e lle acaba causando a morte. 

Esta investigación podría proporcionar pistas sobre como deseñar novos axentes terapéuticos centrados en actuar sobre Bax. Entender, bastante a fondo, como esta proteína cambia a súa forma para pasar do estado inactivo ó activo e, grazas a eso, poder usala contra os propios cánceres que ela mesma xera, abrindo así a porta a unha nova clase de terapias anticáncer.
FONTES: http://www.wehi.edu.au/site/latest_news/caught_in_the_act_researchers_capture_key_moments_in_cell_death
http://eusalud.uninet.edu/misapuntes/index.php/Muerte_Celular
Andrea Núñez 1ºC

miércoles, 6 de marzo de 2013

Cura para o VIH


    No día a día, ao escoitar falar do VIH, non é estraño relacionalo có sida. Pois ben, non é o mesmo e debería quedar claro o que é cada unha destas enfermidades ou virus; a diferenza atópase en que o sida é a fase máis avanzada da infección de VIH con presenza de síntomas no sistema inmunolóxico, deixando este último de funcionar e levando a persoa portadora á morte. En cambio, o VIH significa que unha persoa estivo exposta ao virus do sida, pero non quere dicir que vaia a desenrolar o sida.


    Un equipo estadounidense publicou que conseguira curar a un bebé co virus do VIH por primeira vez no mundo. O bebé, unha nena de Mississippi nacida a finais do 2010, recibiu un tratamento moi agresivo a partir das 30 horas despois do seu nacemento. Tras dous anos e medio, estando un ano sen tomar medicamentos e facéndolle á nena varias probas, concluíron que o tratamento chegara ao seu fin, non atopando mostras do virus activo.


    Se nas vindeiras probas os resultado seguen a ser os mesmos,  sería o segundo paciente da especie humana que superase o virus. O primeiro foi un estadounidense ao que chamaron "paciente de Berlín" que se curou grazas a transplantes de medula espiñal dun donante resistente ao VIH.
En resumo, o caso da nena rural de Mississipi ou o do paciente estadounidense, do ano 2007, poden dar pasa á cura do virus que ata ao de agora, era impensable pero non imposible unha cura para o VIH.

Vídeo sobre o "paciente de Berlín"
http://www.youtube.com/watch?v=qnVrrlzB_Bc


PREGUNTAS:
1. Como se contaxia o virus do VIH?
2. POr que o primeiro paciente que se curou recibe ese alcume ("paciente de Berlín") cando é de Estados Unidos?
3. A parte destas investigacións, hai outras relacionadas co sida en España?

FONTES DE INFORMACION:

http://www.publico.es/451575/medicos-de-estados-unidos-afirman-haber-curado-a-un-bebe-con-vih
http://diferencia-sida-vih.blogspot.com.es/

martes, 5 de marzo de 2013

Velcro de ouro para atrapar moléculas.

Científicos españois crearon un "velcro molecular" que, por un lado, se adhire ao ouro e, por outro, atrapa moléculas como hormonas e virus case ao instante. O dispositivo é aplicable a análises clínicas, detección de infeccións e controis de calidade na industria farmacéutica.

Investigadores do grupo Inmunogenética de la Universidad de Xaén, xunto coa empresa Tharsis Biomed e o grupo de Nanobiosensores e aplicacións analíticas do CSIC implementaron un biosensor baseado nunha prancha de ouro sobre a que se aplica unha proteína que permite capturar anticorpos de forma ordenada. Os anticorpos son moléculas que identifican as substancias estrañas e microorganismos que invaden o organismo. Esta capacidade de detección de moléculas como virus ou hormonas é a que utilizan os chips desenvolvidos polos investigadores jienenses.
Esa orientación ordenada dos anticorpos é, precisamente, unha das innovacións do dispositivo. As moléculas colócanse mirando cara a arriba, na mesma dirección, unha característica que aumenta a sensibilidade e precisión do sensor. Os sensores están desenvolvidos para detectar en escasos segundos substancias como hormonas do crecemento ou virus no sangue. Cando as localizan prodúcese un cambio do patrón da luz do sensor, o que indica que descubriu esa proteína ou virus. A celeridade é unha das principais vantaxes dobiosensor, que supera os métodos tradicionais utilizados actualmente denominados test ELISA e que requiren varias horas para a análise.
A utilización de proteínas con capacidade de unirse ao ouro faino máis efectivo. Ademais, este metal non sofre desgaste, o que leva consigo unha posterior reciclaxe de soporte que se pode usar en múltiples ocasións, aforrando custos.

FONTES:
Muy Interesante

Paula González Quintas 1º C

O hachado dun novo crustáceo en Galicia remarca a necesidade de protexer os fondos mariños.


O descubrimento a 1.400 metros de profundidade dunha nova especie de cangrexo de cor alaranxado e ata 7 centímetros de lonxitude en augas de Galicia pon de manifesto a importancia do estudio dos ecosistemas mariños e o uso sostible que se pode sacar deles.
O crustáceo, hachado nunha das campañas mariñas do Instituto Español de Oceanografía (IEO), vive sobre corais e gorgonias, onde forma uns hábitats moi característicos, manifestou a directora da Fundación Biodiversidade, Sonia Castañeda, durante un seminario sobre os resultados científicos do proxecto Life Indemares.
Este proxecto, que se encontra na súa última fase tras catro anos de investigación, culminará cun proceso de participación pública  e ca declaración de gran parte da Red Natura 2000 Marina en España.
Durante o seminario, Castañeda destacou que un dos grandes pilares do proxecto é a unión de varios actores como a administración pública, institutos de investigación, entidades conservacionistas e os usuarios da mar, destacando o sector pesqueiro, imprescindible nesta fase final.
Asimismo, sinalou que o enfoque de participación e colaboración co que naceu o proxecto, dotado dun presupuesto de 15,4 millóns de euros e cofinanciado pola CE nun 50 %, debe ser clave para a súa viabilidade social e económica.
Indemares abarca o estudio de 2,5 millóns de hectáreas e ten tres pautas claves: declaración de zonas de especial protección para aves, estudio de cetáceos e tortugas mariñas e hábitats de profundidade.
Para a directora de Biodiversidad, os estudos sobre as áreas mariñas arroxan resultados científicos determinantes sobre os valores ecolóxicos e de protección destas zonas.
Outro dos hachados nestos anos foi a existencia dunha gran riqueza de biodiversidade nas simas do Cañón de Avilés, no mar Cantábrico, que posibilitaría a declaración de Área Marítima Protexida nalgúns dos seus enclaves.
Asimismo está en estudio a biodiversidade dos volcáns de fango no golfo de Cádiz, que podería superar ás 1.000 especies, ós cetáceos que viven en augas de Fuerteventura e Lanzarote e ás marcaxes de aves mariñas con GPS.
Durante estos catro anos de traballo realizáronse 110 campañas oceanográficas con máis de 300 persoas implicadas, 200 investigadores, 50 publicacións científicas e xeneráronse 200 empleos, detallou a directora de Biodiversidade.
"A partir de agora ábrese un proceso de participación e consenso para compatibilizar a conservación mariña co uso de actividades como a pesqueira ou o tráfico marítimo."
Durante o seminario, o director xeral de Sostenibilidade da Costa e do Mar, Pablo Saavedra,  sinalou que o proxecto LIFE-Indemares é unha "ferramenta valiosa" para as políticas de conservación do medio mariño e para todas as que teñen incidencia sobre as actividades mariñas.


Enlaces:

lunes, 4 de marzo de 2013

Un paso máis cara a cura do virus VIH


O VIH (Virus da Inmunodeficiencia Humana) é un virus que vai debilitando o sistema inmunolóxico lentamente. Cando este sistema se debilita, un é máis susceptible a contraer enfermidades, especialmente infeccións e tumores.

Un equipo de médicos estadounidense asegurou hoxe que logrou curar a un bebé de tal virus. Isto supón un paso máis cara a posible cura do virus en nenos seropositivos.


A nena á cal se lle conseguiu eliminar o virus ten agora dous anos e medio. Naceu a finais de 2010 no Mississippi rural. Dende pequena recibiu un tratamento agresivo de retrovirais, algo que non é habitual. Durante o último ano non estivo sometida a estes tratamentos e, aínda así, non se rexistraron sinais dun virus activo.

O estudo que documenta o caso deste bebé é dirixido pola investigadora da Universidade de Johns Hopkins de Baltimore (Maryland), Deborah Persaud. Necesítanse máis probas para comprobar o se o mesmo tratamento funciona en outros nenos, pero aínda así os investigadores consideran que o VIH en bebés pode ser curable.

Queda esperar que a comunidade médica valide o estudo. Se así fose, esta nena sería o segundo caso ben documentado dunha cura de VIH no mundo. O primeiro foi Timothy Brown, ou tamén coñecido como o “paciente de Berlín”. Este curouse ó recibir un transplante de médula ósea en 2007 dun donante xenéticamente resistente á infección do virus.

Algúns doutores poñen en duda que a nena estivera infectada, pero a doutora Persaud asegurou que se lle realizaron cinco probas ó bebé no primeiro mes de vida que deron positivo. Cando os médicos souperon que a nena estaba infectada, aproximadamente cando tiña un día de vida, transladárona ó Centro Médico da Universidade de Mississippi. Hannah Gay, a pediatra que tratou á nena, en lugar de administrarlle dous medicamentos como medida profiláctica, aumentou o réximen a tres. Isto provocou que os niveles de virus, inicialmente uns 20.000 por mL de sangue, disminuíran rápidamente. Ó mes de vida, os niveles de virus eran indetectables. Realizáronselle outras probas ós cinco meses e todas elas deron negativo.


Fontes de información:

Antía Quintana Gallego, 1º BACH A 

Investigan a ubiquitina, unha pequena proteína responsable de indicar que moléculas se deben degradar.



As proteínas son moléculas fundamentais: son as encargadas de levar a cabo a gran maioría das funcións duna célula. Pero, no todas elas están presentes sempre. Polo que, a producción e destrucción destas moléculas é un fenómeno sumamente regulado e, a pesar de atentar contra a intuición, a célula invirte moita enerxía, non sólo en producir proteínas, senon tamén en degradarlas.

Unha das maneiras de facelo é ‘marcar’ a molécula có agregado doutra, moi pequena, chamada UBIQUITINA. Esta, funciona como ‘guía’ e conduce á proteína blanca ó súa destrucción.

A desregulación deste proceso de ubiquitinación e, posterior degradación, está asociada a diferentes enfermidades oncolóxicas, desórdenes neurodexenerativos, anemia de Fanconi ou infeccións virais.

En situacións normales, cando a célula se enfrenta a un determiñado estímulo, ten que destruir certas proteínas e producir outras. As que se encargan desto son o proteasoma e o ribosoma, respectivamente.

Tanto o mecanismo de acción da ubiquitina como do ribosoma, levaron ós seus descubridores ó Nobel: o de Química edición 2004 para os Dres. Ciechanover, Rose e Hershko pola ubiquitina, e en 2009 para os Dres Ramakrishnan, Steitz e Yonath, pola sua descrición sobre o ribosoma. En émbolos dous casos, os aportes servieron como base para o tratamento de diversas enfermidades.

A ubiquitinación emerxeu coma un dos mecanismos clave que controla a resposta a danos no ADN, entre outros procesos.

A inhibición farmacolóxica do proteasoma é tóxica para cualquer célula, pero resulta ser que as células tumorales son máis sensibles cas células normales. Así surxiu o Bortezomib, un inhibidor do proteasoma, actualmente usado para p tratamento do mieloma múltiple e outras enfermidades hemato-oncolóxicas.

A partir do gran éxito do Bortezomib, distintas drogas foron introducidas en ensaios clínicos, como inhibidores de proteasoma de segunda xeneración que estánse analizando para o tratamiento de mieloma múltiple resistente ó Bortezomib.

Este feito non fai máis que recordarnos que, para poder xerar drogas, para tratar diversas enfermidades, primeiro debemos coñecer os mecanismos moleculares que dan lugar á patoloxía e como funcionan estos mesmos procesos en células “normales”.

En resumo, dende o seu descubrimento, a ubiquitina non fai máis que enseñarnos o importante que é descartar a basura celular en relación ó estado que está atravesando a célula. E, máis importante aún, que, o que nun momento é basura, noutro momento pode ser un ben moi valioso para a célula e viceversa.
Andrea Núñez. 1ºC

domingo, 3 de marzo de 2013

¿Ata que punto estamos en conexión cos animais?

O autismo é un trastorno que inhibe a capacidad de falar, e é dada en nenos que, a pesar de ter xa varios años, non pronunciaron aínda palabra algunha. Esto lle ocurría a un rapaz que acudiu a unha visita ao zoo de Sevilla cun un grupo de nenos que sufrían esta mesma enfermidade. Chegada a hora de marchar, o pai do neno chamouno para irse e éste, que levaba un bo rato contemplando a Gina, unha femia de chimpancé do zoo, deu a volta e dixo: “quero quedarme un pouco máis papá”.Este feito asombrou bastante aos presentes, pero ten unha simple explicación.E é que, a profesora de conducta animal, Temple Grandin, da Universidade Estatal de Colorado, realizou un estudo acerca da estreita relación de comunicación entre animais e autistas na que sostén que ambos poseen emocións sen contradiccións, o que xera unha comunicación sen interferencias. Os animais non poden falar mediante dobres sentidos ou metáforas, factores que resultan moi complexos ao entendemento das personas con este trastorno. Demostrouse que a simple presencia de animais relaxa ás persoas e mellora as súas habilidades para a interacción.

Na actualidade estanse a  levar a cabo investigacións sobre os innumerables beneficios que poden proporcionar os animales aos seres humanos, por exemplo no caso de diagnóstico de cáncer: cans adestrados son capaces de detectalo polo olfacto incluso cando éste tan só sería visible nun escáner. Son excelentes tamén no descubrimento de ataques epilépticos e hipoglucémicos. Poderíamos falar tamén, de monos que foros ensinados a atender a persoas cunha parálise total, chegando a poder darlles de comer ou de beber. Con isto, non deberiamos subestimar o poder dos animais, quen sabe ata que punto poden as súas capacidades participar no progreso da ciencia?

 http://www.elmundo.es/elmundo/2013/03/01/ciencia/1362145793.html


sábado, 2 de marzo de 2013

A replicación das bacterias de fai 4.000 millóns de anos


As bacterias foron partícipes do proceso no cal a materia inorgánica deu lugar á vida. A súa estrutura actual, con ADN e parede celular, é a base das células dos seres vivos máis desenvolvidos. Unha das estruturas máis complexas das nosas células, as mitocondrias onde se sintetizan as moléculas que conteñen a enerxía (ATP), atribúese a  un tipo de simbiose entre unha bacteria maior e unha menor que ó integrarse formaría as mitocondrias tal e como o explicou Lynn Margulis, bióloga estadounidense clave na teoría do evolucionismo.
          Pero fai millóns de anos as bacterias non eran igual que hoxe. Os microorganismos primitivos carecían de parede celular e proteínas.
        O feito de que algunhas bacterias carezan de parede celular na actualidade, suxire que esta estrutura protectora que teñen case todas, foi unha adquisición evolutiva. Nalgúns casos bacterias normais volven ó seu estado primitivo, o que nos permite ver cómo eran fai millóns de anos.
        Tamén carecían das proteínas necesarias para a súa división. As encimas (que son proteínas) son a base para realizar todos os procesos celulares. Sen embargo as bacterias de aqueles tempos tiñan que se reproducir.
Investigadores da Universidade de Newcastle publican en Cell a súa explicación de cómo se replicaban. Non seguían parámetros biolóxicos, senón físicos. Dun modo semellante a cando unha pompa de xabón divídese en dous ó alcanzar unha determinada relación entre volume e superficie, as bacterias ó alcanzar a suficiente presión no volume do seu interior dividíanse. Os científicos conseguiron gravar imaxes, un pouco aceleradas, do máis parecido ó que ocorría fai 4.000 millóns de anos.
            Aínda que o vídeo estea en inglés, as imaxes son moi ilustrativas.



PREGUNTAS
1. Aquí se fala sobre as bacterias de fai 4.000 millóns de anos pero, cómo se reproducen actualmente as bacterias? E cómo se replica o seu ADN?
2. Cómo se chama a teoría que defende Lynn Margulis ante o evolucionismo?
3. O texto di que a vida apareceu a partires da materia inorgánica. Quen foi o primeiro que comprobou mediante un experimento que esta afirmación, ou polo menos parte dela?

FONTE DE INFORMACIÓN:


Iago Rodríguez Peña 1º BACH A

Unha premio nobel de Química visitará o campus de Ourense


Ada Yonath participará nun foro científico e pronunciará unha conferencia o vindeiro 12 de marzo na cidade das Burgas.
A premio nobel de Química Ada Yonath, a cuarta muller da historia en conseguir o recoñecido galardón, que lle foi concedido no ano 2009, estará no campus de Ourense o vindeiro 12 de marzo. Así anunciou esta mesma mañá a vicerreitora do campus, María Lameiras, durante a presentación do programa de actividades polo Día da Muller. A nobel israelí, de 74 anos, terá unha intensa axenda en Ourense, xa que participará nunha recepción con estudantes de Secundaria e Bacharelato, protagonizará un seminario con científicos e pronunciará unha conferencia aberta a tódolos públicos no edificio Politécnico. «É un feito histórico no campus de Ourense», asegurou a vicerreitora sobre a presenza de Yonath no campus, que foi xestionada polo departamento de Física.
A premio nobel, unha lenda no mundo da Ciencia, especializouse nos seus primeiros anos como investigadora en cristalografía, aínda que o recoñecemento mundial chegoulle polos seus estudos sobre a estrutura dos ribosomas. Actualmente é a directora do Centro de Estrutura Biomolecular Helen & Milton Kimmelman e da Asemblea Weizmann Institute of Science.

Mauro Rivas Ferreiro, 1º Bach C