viernes, 12 de noviembre de 2010

O teu portátil estache a cocer os testículos?

Querida poboación masculina mundial!! Velaquí unha importante comunicación! Acaso ti eres dos que ben para traballar mellor ou ben porque te sintes máis cómodo pos o portátil enriba das pernas? Pois atento! Debes saber que segundo un recente estudo publicado na revista Fertility and Sterility, o incremento dun só UN GRAO CENTÍGRADO da temperatura do escroto pode traer consigo consecuencias perigosas e prexudiciais para a calidade e produción do esperma, así como a influencia nociva na saúde reproductiva do home. Aínda que non hai datos nin estudos que demostren nesta inadecuada práctica risco fixo de chegar a ter problemas de esterilidade, o certo é que está máis que demostrado con experimentos e probas en suxeitos que o pc sobre as pernas de forma continuada e frecuente dana seriamente o esperma.




De feito, os testículos están fora do corpo naturalmente porque necesitan e deben manterse a unha temperatura inferior á que hai dentro, xa que o semen só se pode producir nestas condicións de inferioridade térmica.

Nin con el sobre as pernas pechadas, nin con el sobre as pernas abertas, nin con un obxecto de por medio. Todo é a corto ou a longo prazo inútil; e comezan os problemas e as queixas. Nada serve contra a inminente e crecente ameaza dos portátiles cara a saúde e calidade de vida reproductiva dos homes. Creo que o único remedio para coidar ó 100 % do teu esperma a partir dagora vai ter que ser intentar atopar unha mesa preto para o teu querido ordenador...ou ben , pasar por alto o que che acabo de contar. Alá ti e o teu escroto. Eu xa cumprín con avisarte!!



Eva Rguez.Casas 1ºBach B.

Para máis información:



Viaxe virtual ao través do Sistema Solar

Déixovos unha aplicación espacial chamado Eyes in the Solar System que permite navegar movéndose en calquera dirección por todo o Sistema Solar e compartir vistas desde os lugares exactos en que se atopan algunhas das misións máis populares da NASA, tanto ao redor da Terra como en órbita ou en viaxe cara a outros mundos do noso sistema planetario.
Para utilizala basta con visitar esta páxina da NASA http://solarsystem.nasa.gov/eyes/ e descargarse (completamente gratis) esta aplicación. Despois basta con gardar en favoritos a páxina e visitala cada vez que se queira dar un paseo espacial. O punto de partida é un mapa bidimensional, cheo de puntos de interese, tanto planetas como naves. Facendo clic sobre calquera deles empeza a viaxe.

O punto seleccionado se amplía a toda pantalla, e o resto do Sistema Solar pode verse desde a posición elixida, cambiando a vontade o ángulo ou a aproximación con só manexar o rato. A parte de abaixo da pantalla ofrece varios controis para elixir a data que queiramos (entre 1950 e 2050) ou aumentar ou diminuír a velocidade de movemento dos obxectos.
Editado Carmen Cid Manzano