Tepco, a compañía que opera a central nuclear Fukushima, está empregando robots teledirixidos chamados 'Packbot', para medir a radiación, a temperatura e a concentración de osíxeno nos reactores da planta nuclear. A empresa quere asegurarse de que os niveis son seguros para que sigan traballando os seus empregados. A máquina ten a capacidade de maniobrar dentro do edificio, realizar fotografías e medir os niveis de radiactividade.Pese a que Xapón é líder mundial en robótica, parecía resistirse o uso de máquinas na central nuclear. Neste país hai robots para tocar o violín, correr maratóns ou oficiar bodas, pero non se utilizaron ata hoxe para reparar ou vixiar os reactores nucleares, a pesar de que grandes grupos estatais do sector nuclear francés enviaron ao Xapóns un cargamento con robots e outros materiais para contribuir a solucionar os problemas de Fukushima.
Para máis información:
http://www.elmundo.es/elmundo/2011/04/17/internacional/1303075407.html
Noelia Vila Seijas 1ºC


Do seu estudo, se puido determinar a gran variedade de dinosauros e estegosarios que habitaban fai 145 millóns de anos na Península Ibérica, polo que promoveu unha candidatura, apoiada por España e Portugal, para que se inclúan na lista do Patrimonio Mundial da Unesco. As pegadas teñen unha gran importancia científica polos datos que achegan sobre a mobilidade da fauna do Mesozoico e sobre o seu comportamento. O achado de rastros agrupados dos mesmos individuos permitiu pescudar que os estegosaurios eran gregarios; ou que os ornitópodos (dinosauros herbívoros) tiñan marcha bípeda ou cuadrúpeda. Ata se atoparon icnitas dun xigantesco terópodo carnívoro, de 10 metros de lonxitude.