sábado, 19 de abril de 2014

Un exoplaneta case xemelgo á Terra

Os planetas fóra do noso Sistema Solar están demasiado lonxe como para que poidan detectarse de forma directa por iso os astrofísicos localízanos mediante unha técnica indirecta que consiste en observar os chamados tránsitos: cando un obxecto pasa diante dunha estrela produce unha especie de eclipse que bloquea e diminúe o brillo que esta emite; e a partir destas observacións son capaces de estimar a dimensión da órbita e a masa dos planetas e finalmente para confirmar os resultados, combinan diversos telescopios. Cando os científicos falan da posibilidade de que un planeta fóra do noso Sistema Solar teña auga líquida e, por conseguinte, poida chegar a albergar algún tipo de vida, non queren dicir que se trate necesariamente de vida como a que coñecemos na Terra. O planeta descuberto, que orbita a estrela anana Kepler-186 na constelación do Cisne, un pouco máis fría que o Sol e ao cal se denominou Kepler-186f, foi detectado grazas ao telescopio Kepler e as achegas dos telescopios Géminis Norte e Keck II, ambos os dous en Mauna Kea (Hawai).

                               

 O Kepler-186f é o quinto planeta e o máis afastado de Kepler-186 nun sistema de cinco planetas, todos con tamaño case terrestre. A intensidade e o espectro de radiación da estrela coloca ao Kepler-186f na zona estelar habitable, isto é que, se o planeta tivese unha atmosfera e auga na súa superficie, como a Terra, esa auga probablemente exista en forma líquida.
Cren que se trata dun planeta rochoso, como o noso, ademais, se atopa na zona habitable da súa estrela, facilitando a existencia de auga líquida e polo tanto, algunha forma de vida.


Fontes: 
http://www.elmundo.es/ciencia/2014/04/17/5350068f268e3e9e238b4570.html
http://www.publico.es/515137/descubren-el-primer-exoplaneta-potencialmente-habitable



                                                                                    Antía Rodríguez Constela 1ºBach A