domingo, 2 de junio de 2013

Coellos a partir de óvulos conxelados.

Por primeira vez en España, a técnica da criopreservación deu os seus froitos co desenvolvemento de coellos a partir da fecundación “in vivo”, con óvulos previamente conxelados.
Conta o investigador do Grupo de Mellora Xenética Animal da Universidade Politécnica de Valencia, que o proxecto comezou na década dos 90 e tras quince anos de traballo, conseguiuse que hai uns días naceran tres crías de coello sanas que evolucionan correctamente.
O Grupo de Mellora Xenética Animal conseguiu, mediante a selección xenética, producir certas características nos animais, como a creación de coellos con mellores aptitudes maternais e así ser capaces de sacar adiante as súas crías.

A investigación ten por obxectivos o desenvolvemento de técnicas de criopresevación de óvulos e embrións, así como os seus efectos sobre o desarrollo embrionario e fetal., Aínda que a técnica aínda se atopa en vías de experimentación, espérase que nun futuro sirva para aplicacións biotecnolóxicas como as tecnoloxías de reprodución asistida, a conservación de recursos xenéticos e a obtención de células nai embrionarias.

 Fontes de información:
Gloria de las Heras, 1ºbach, D.

Un asteroide con lúa propia pasa relativamente cerca da Terra

O asteroide cuxa trayectoria rexistrou esta noite a máxima aproximación á terra ( 5.8  millóns de kilómetros ) ten unha lúa propia que o acompaña,  pero non volvera pasar tan cerca hasta dentro dun par de siglos , según informa a NASA.

Os astrónomos observaron na súa superficie varias zonas oscuras que deben ser grandes concavidades. Un asteroide dese tamaño colisiona coa terra cada millóns de anos , como media ,e o seu efecto é devastador pola súa influencia no clima do planeta e pola súa capacidade de destrucción masiva nun  territorio do tamaño de México.
Con este asteroide non hai risco ningun xa que pasa lexos .






Imáxenes tomadas co radar do asteroide 1998 QE2 a uns seis millons de kilómetros, coa sua pequeña lúa (a mancha brillante).                     
O asteroide foi descuberto en 1998 por especialistas e agora os expertos da NASA lograron observalo.Durante toda a semana próxima seguirase o asteroide .
Os seguimentos dos asteroides axudan a precisar os cálculos de órbita, o que é esencial para as actividades de protección do planeta frente ao risco de impacto de obxectos celestes.

 FONTES: http://sociedad.elpais.com/sociedad/2013/05/31/actualidad/1370002002_494248.html

                                                                                                             Nerea Gil 1ºBACH C        

Unhas plantas “resucitan” tras pasar catro séculos baixo un glaciar

Un grupo de investigadores da Universidade de Alberta (Canadá) espertaron dun sono case eterno a un tipo de plantas non vasculares chamadas briofitas enterradas no glaciar Teardrop da illa de Ellesmer, no ártico canadiense. Este tipo de vexetais, ó que tamén pertencen os musgos, son as plantas terrestres máis sinxelas: carecen de follas, tronco e raíces elementos típicos dos vexetais superiores. Teñen elementos análogos chamados filoide,  cauloide e  rizoide.

            Dende que os glaciares empezaron a retroceder, varias investigacións atoparon  especies vexetais debaixo do xeo, pero sempre estaban mortas. Nesta ocasión os científicos descubriron plantas que foron sepultadas polo xeo no período que se chamou a Pequena Idade de Xeo (1550-1850)  segundo demostraron cas técnicas de datación por radiocarbono. As plantas atopadas estaban ben conservadas e incluso algunhas mostraban brotes verdes, sinal da rexeneración. Tomaron fragmentos delas, as cultivaron no laboratorio e comprobaron a súa capacidade para volver a crecer. Chegaron a conseguir once cultivos de sete tipos diferentes de plantas.

            Estes resultados, publicados na revista Proceedings, indica que as briofitas son máis resistentes do que se crían e poderían contribuír ó desenvolvemento e recolonización de ecosistemas polares, segundo indican os autores deste estudio.



Que son as briofitas?


FONTES DE INFORMACIÓN

Iago Rodríguez Peña 1º BACH A

Primeira fotografía dunha molécula rompéndose e creando novos enlaces

Conséguese por primeira vez fotografar os procesos de ruptura e creación de enlaces entre átomos dunha molécula exposta a unha reacción química. O estudo foi levado a cabo por científicos da Universidade de Berkeley (EEUU) e a Universidade do País Vasco e inclúese entre as investigacións destacadas da edición online da revista Science Express. Será ademais publicado na edición en papel  de Science a mediados de xuño baixo o nome de “Direct Imaging of Covalent Bond Structure in Single-Molecule Chemical Reactions”. 
Dimas Oteyza, primeiro autor do artigo, explica que os perfiles rexistrados tras facer reaccionar as moléculas “mostran claramente como se forman novos enlaces químicos e como os átomos dentro das moléculas se reorganizan para formar novas estruturas”. Esta investigación tamén ten relevancia para a fabricación de novos materiais e aparatos electrónicos de medida de alta precisión a escala nanométrica.

Fontes de información:

Antía Quintana Gallego, 1º BACH A 

De primeiro insectos e de segundo medusas.

Tras a súa polémica recomendación a favor do consumo de insectos, a FAO (Organización das Nacións Unidas para a Agricultura e a Alimentación) propón desenvolver produtos alimenticios a base de medusas para facer fronte a súa proliferación, que se converteu nunha “ameaza para a pesca”.
Afirma que o rápido aumento do número destes celentéreos no Mediterráneo e no Mar Negro pode ser unha das causas do descenso das poboacións de peixes nestes ecosistemas mariños. A sobrepesca de depredadores mariños é a que nos leva a esta situación, xa que favorece á proliferación das medusas. Ademais as poboacións de peixes afectados pola pesca excesiva son difíciles de recuperar xa que as medusas se alimentan das súas larvas, creando así un círculo vicioso. Outras posibles razóns deste aumento son o quentamento global, que incrementa as especies de latitudes tropicais; a eutrofización, que fai que aumenten os nutrientes no auga; e o uso de diques para evitar a erosión costeira, que constitúen o hábitat ideal para as medusas.
En países coma China, Corea ou Xapón o consumo de medusas é algo habitual. As especies asiáticas son similares ás mediterráneas, pero só hai unha especie das nosas augas comestible: a Cotylorhiza tuberculata. As demais especies deberían someterse a tratamentos para eliminar os tóxicos, o que elevaría o seu prezo demasiado para facelo rentable. Josep Maria Gil, investigador do CSIC e membo do Instituto de Ciencias do Mar, recalca que o 95% das medusas é auga e que o restante 5% son proteínas débiles, o que supón que teriamos que consumir moita para satisfacernos. "Trátase dun complemento dietético pero para nada é un alimento prioritario", conclúe Gil.
O seu uso para medicamentos e outros produtos biotecnolóxicos tamén é válido. Por exemplo, a turritopsis nutricula, máis coñecida como “medusa inomortal”, é capaz de intervir no proceso de envellecemento e podería ser obxeto de estudos para elaborar produtos rexenerativos para seres humanos.

Fontes de información:

Antía Quintana Gallego, 1º BACH A