jueves, 24 de febrero de 2011

Izpisúa xera células iPS a partir da pel de persoas co síndrome de Hutchinson-Gilford


O síndrome de Hutchinson-Gilford é a forma máis grave dunha rara enfermidade chamada proxeria, este tipo de enfermidade provoca que os afectados envellezcan décadas en poucos anos. Este doenza é incurable, polo que é moi importante buscar claves para o estudo do envellecemento. O que causa o síndrome de Hutchinson Gilford é unha mutación sinxela no xen que codifica unha proteína. Según Izpisúa: “ A enfermidade está asociada a presenza de defectos xenéticos que conlevan a acumulación dunha proteína anómala, a proxerina”.
A revista Nature publicou un traballo dirixido por Juan Carlos Izpisúa, investigador do Laboratoria de Expresión Xenética do Instituto Salk (EEUU). O equipo deste científico español conseguiu un bo modelo para estudar o envellecemento humano a partir dun experimento. Este experimento consistiu en extraer células da pel dos pacientes e convertelas en células madre pluripotenciais (iPS). Ao reprogramar as células para desenvolvelas aos seus orixenes, estas perden os defectos propios da enfermidade.
Los investigadores Juan Carlos Izpisúa y Guang-Hui Liu, primer y último autor del trabajo de Nature'.
Os investigadores Juan Carlos Izpisúa e Guang-Hui Liu.

Despois de obter as iPS xeneradas, descubriu no laboratorio que, ao volver a diferencialas para converterse en calquera outra célula estas volvían a mostrar o xen da enfermidade. A vantaxe é que descubriron todo isto en dúas semanas, comparado co proceso normal de envellecemento, que leva arredor de 80 anos, permite ter un modelo no laboratorio sobre envellecemento obtido en 15 días.
O achado publicado en Nature tamén supón o avance para a procura dun tratamento para a proxeria. A finalidade do traballo liderado por Izpisúa é “solucionar estes inconvenientes por medio da enxeñería xenética”, transplantarlle ao paciente células sometidas a técnicas de corrección xenética.

Ariana Pascual Sas 1ºC Bacharelato C

Órganos e tecidos dun porco

Marcos Fenández,alumno de 3º da ESO, fixo un vídeo sobre a matanza do porco. Como estamos estudando os tecidos animais en Bioloxía, paréceme que pode ser interesante que lle botedes unha ollada.





Profesora de Bioloxía Conchita López