miércoles, 30 de julio de 2014

Considérase "mala sorte" a extinción dos dinosaurios.

O impacto dun asteroide acabou cos dinosauros, pero se ese asteroide ocorrese máis tarde ou máis cedo na historia, poderían sobrevivir. Os paleontólogos teñen construído unha nova narrativa da desaparición destas criaturas prehistóricas, uns 66 millóns de anos, grazas a un estudo de rexistros fósiles actualizado e ferramentas de análise melloradas.

Os resultados deste traballo foron publicados en "Biological Reviews", os autores atoparon que a Terra estaba pasando por unha turbulencia ambiental, que incluíu unha extensa actividade volcánica, un cambio no nivel do mar e variación de temperatura en poucos millóns antes de que un asteroide batera no que hoxe é México.

Probablemente, debido a cambios no clima e do medio ambiente, a cadea alimentaria viuse debilitada pola falta de diversidade entre os grandes dinosauros herbívoros dos que outros individuos alimentabanse. Isto fixo que os dinosauros foran vulnerables e tiveron poucas posibilidades de supervivencia tras o impacto do asteroide.

O impacto causaría diversos cambios ambientais polo que só sobreviviron os dinosaurios que podían voar debido a que as cadeas alimentarias derrumbaronse, estos dinosaurios evolucionaron ata convertirse nas aves da actualidade.
Por iso mesmo se o asteroide caera sobre a Terra uns millóns de anos antes poderían sobrevivir debido a que as cadeas alimenticias eran máis robustas e as especies de dinosaurios eran máis diversas.



Un equipo de paleontólogos da Universidade de Edimburgo estudaron un catálogo de fósiles de dinosauros para crear unha imaxe do cambio que sufriron.

Segundo Steve Brusatte os dinosaurios tiveron unha mala sorte colosal, porque non só un asteroide impactou na Terra senon que pasou no momento errado, cando eles eran vulnerables.

O Dr Richard Butler di que, independentemente de que eles estaban nun período vulnerable no momento do golpe  do asteroide, non hai nada que suxira que foron condenados á extinción. "Sen ese asteroide, os dinosauros probablemente aínda estarían aquí e nós probablemente non. "


                               Nuria Vila Seijas Nº30 1ºBach-D





martes, 22 de julio de 2014

Poderia existir un apocalipsis debido a xenética?

Un equipo de cientificos en EEUU transfiren ao óvulo dunha mona un xen dunha medusa chamado GFP que codifica unha proteína fluorescente verde. Unha vez fecundado o embrión implántase noutra mona, na cal ao dar a luz obtén unha cría que contén GFP nos seus tecidos, aínda que non ten ningunha función é moi doado de identificar. O primeiro macaco ANDi modificado xeneticamente (transxénico) naceu no 2000 despois de varios abortos e intentos que non resultaron.

Pouco a pouco vanse conseguindo avances que permitan que os primates 
transmitan aos seus descendentes xenes doutra especie que se introduciron de forma artificial. Os científicos a partir destes experimentos intentan encontrar a cura para enfermidades neurodexenerativas como o Alzheimer ou o Parkinson.

O amanecer do planeta dos simios móstranos como os seres humanos están a punto de extinguirse debido a unha gripe chamada a dos simios. A pregunta é ¿se nalgún momento un experimento se nos fose das mans podería chegar a darse unha situación como esa? ou ¿ Canto se parecen os primates a nós como para poder modificar tanto os seus xenes como o seu comportamento?

É importante distinguir entre os simios e os primates. Os primates úsanse para investigar enfermidades como o 
Alzheimer e o Parkinson.

O filosofo 
Thomas Baldwin elaborou un informe no que mostraba os riscos dos experimentos con animais e urxía que se garantise un marco ético común para esas prácticas. O que explica este diario é que transplantar células neuronais en primates 
podia ter riscos como por exemplo que comezase a presentar algunhas capacidades humanas, aínda que isto xa sería un caso moi extremo e moi improbable, xa que para facer estes experimentos fan falta grandes coñecementos científicos e moita experiencia.



                            Nuria Vila Seijas Nº30 1ºBach-D

miércoles, 16 de julio de 2014

Implantes óseos obtidos de dentes de tiburón.

Os membros do grupo de Novos Materiais da Universidade de Vigo, xunto con hospitais públicos da cidade implicados no proxecto Biocaps  descubriron que a partir de dentes de tiburón poderíanse facer  implantes óseos ao atopar cerámicas biolóxicas a partir de dentes de tintoreras e marraxos.

Segundo o coordinador de Novos Materiais, Pio González, di que fai tres anos desde o inicio do proxecto, porque buscou aproveitar aqueles restos que desechaban as lonxas. Porque a pesca en augas abertas é moi frecuente capturar distintos tipos de tiburón.

A obtención de biocerámica é simple, é dicir o proceso básase na reconstrución dos dentes co fin de obter o mineral necesario para o implante, polo que non son necesarios equipos sofisticados. Esas cerámicas son utilizadas como material de recheo, porque a dentadura non ten oso suficiente para soster a prótese adecuadamente. Cúbrese a cavidade e esperase uns meses ata que a área é rexenerada. Unha vez rexenerada colocase o implante de titanio que conformará de novo o dente.

Ata agora, o óso vacún foi usado, pero por mor da enfermidade da vaca tola foi cuestionada. Como os dentes de tiburón conteñen gran cantidade de apatitas, compostos que axudan de forma moi eficaz a rexenerar  o tecido óso, comezouse a confiar máis neste método.






                                                        Nuria Vila Seijas Nº30 1ºBACH-D

lunes, 7 de julio de 2014

UN NOVO METODO PARA ESTUDAR A ACUMULACIÓN DE CO2 NA ATMOSFERA

A nave da NASA despegou o pasado mércores na Base Aérea de Vandenberg (California), un día máis tarde do previsto, debido a un fallo detectado na circulación da auga no lanzador. Esta nave investigará  a acumulación de dióxido de carbono (CO2) na atmosfera.

Todos os anos, emitimos 40 mil millóns de toneladas de dióxido de carbono na atmosfera, sobre todo a partir de combustibles fósiles. Unha metade permanece na atmosfera, mentres que a outra é convertida en sumideiros de carbono porque é absorbido polos océanos.

Segundo Charles Bolden a NASA é a que máis poder  ten cando se trata de documentar e entender o cambio climático, que é considerado como o maior desafío da nosa xeración.

Algo que preocupa moito é o gas de efecto invernadoiro producido pola sonda que estuda a distribución das emisións de CO2 en Estados Unidos, un dos paises que xera máis emisións. Obama anuncia que o cambio climático será un dos obxectivos da súa administración. O seu obxectivo é que en 2030 estas emisións sexan reducidas en 30% en relación a 2005.

Un informe de científicos cren que o cambio climático xa é evidente en EEUU e asegurou que o cambio climático non é "un problema no futuro, senón do presente"





                                                       Nuria Vila Seijas Nº3O 1ºBach-D

jueves, 3 de julio de 2014

O mellor momento de facer cousas

Algún día teremos unha fábrica sobre a nosa mesa e, no canto de elixir o que consumimos, teremos o poder de fabricalo nós mesmos. O colectivo Maker (de make, en castelán “facer”) aboga e loita por un futuro así, que, doutra banda, ve inevitable. “A produción se deslocalizará, e fabricarase o que se necesite e alí onde se necesite. Atopámosnos/Atopámonos ante un cambio de paradigma”, explica Adam Jorquera, cofundador, xunto con Javier Gordillo, da escola taller Os Hacedores. Precisamente Os Hacedores son os organizadores do M-Make, un foro da crecente comunidade maker española que se celebra este fin de semana dentro do festival de tendencias urbanas Mulafest no Ifema, Madrid.

As actividades dos makers viran en torno a un aparello tecnolóxico do que non se para de falar últimamente, a impresora 3D, coa que fabricaremos aquilo que necesitemos, e que traerá, si todo sigue como este colectivo espera, grandes cambios á sociedade. Outros dos seus cabalos de batalla son o coñecemento colaborativo ou as tecnoloxías abertas. No encontro do Mulafest participarán outros proxectos como Clone Wars, Crowd Design, León 3D, Printed Dreams, Familiar, Cooking Hacks ou Moebyus Machines, entre outros.

Nun ático do centro de Madrid con excelentes vistas aos tellados da capital, teñen a súa sé Os Hacedores. Aquí vense os coloridos cachivaches que ensinan a crear da nada, mediante modelado 3D; lentes de sol, caveiras a tamaño real, cadeas ou rodamientos. “Basta poder imaxinar unha cousa para materializala”, di Jorquera. Iso si, é necesario aprender a deseñar en 3D, que é o que se ensina neste espazo e nas charlas e talleres que imparten para empresas ou institucións como A Casa Acesa, o Museo Thyssen-Bornemisza, a Fundación Telefónica ou o Instituto Europeo de Deseño. Teñen unha boa metáfora para os nosos tempos: “Estamos en éraa Gutenberg, non en éraa Epson”, din, “cando se crearon as primeiras impresoras todo o mundo puido utilizalas, con todo, cando se creou a imprenta moi poucos sabían ler ou escribir. E a xente foi aprendendo. Agora temos que aprender a ler e a escribir nesta nova tecnoloxía”.


Queren, pois, democratizar a impresión 3D e acabar co que poderiamos chamar analfabetismo en tres dimensións. Isto é unha das patas da chamada Terceira Revolución Industrial, un concepto esbozado polo tecnólogo e economista estadounidense Jeremy Rifkin, na que tamén se implican avances como a comunicación instantánea, o reciclaje de materias primas ou as enerxías renovables.


Ainoha Gómez Cid 1ºBach. D