Feliz cumpreanos, Dolly!
É sen dúbida a ovella máis famosa da historia e aínda que se cumpren 10 anos da súa morte, o seu cumpreanos segue festexándose pois ela provocou toda unha revolución no campo da clonación. Anos despois da súa morte o mundo coñecería a primeira clonación humana, máis tarde os primeiros cultivos de células nai xeneticamente idénticos e o máis incrible que a clonación humana anunciada polo surcoreano Woo-Suk Huanf de era un enorme fraude.
Para colmo de males a Academia Sueca non premiou ao seu creador, o embriólogo Wilmut, senón que quen levou o premio foi o que décadas antes clonara unha ra, que nin sequera ten nome.
Cando naceu Dolly, no 1997, o feito de que fora unha ovella e a cuestión ética que plantexou suscitou moita controversia. Se a isto engadimos que Dolly non “naceu” dunha ovella viva senón dun anaco de glándula mamaria que Wilmut gardaba no conxelador do seu laboratorio, a figura do científico chiflado tomou forma Para máis “chiste” púxolle o nome de Dolly, unha cantante country moi coñecida chamada Dolly Parter. Todo isto provocou escepticismo na comunidade científica.
Pasado o tempo os científicos xa conseguiron clonar gatos, ratos, porcos ou coellos pero a importancia de Dolly na ciencia é incuestionable pois o seu xenoma proviña dunha célula adulta especializada en producir leite pero ese xenoma estaba o bastante intacto para resumir o desenvolvemento humano. Concluíndo; Dolly cambiou a teoría que prevalecía para explicar o desenvolvemento do ser humano.
Cando morreu, algúns consideraron que era un xusto castigo por xogar a ser Deus, pero o certo é que morreu dun cancro de pulmón que ataca ás ovellas novas. Non tivo nada que ver coa clonación.
Que cumpras, moitos máis , Dolly!
Brais Casas Fernández 1D