lunes, 4 de abril de 2011
Seleccionados para o I Congreso de Educación Ambiental dos centros de ensino de Ourense sobre cambio climático
O cambio climático é hoxe o maior reto ao que se enfronta a nosa sociedade, e os seus efectos xa están confirmando a máis dura das previsións tanto a nivel global como local. En Galicia xa se poden constatar os seus efectos a través do cambio nos réximes de precipitación e xeadas, aumento da frecuencia de valores extremos na temperatura, períodos de seca, etc. En todos eles, a provincia de Ourense maniféstase como especialmente sensible.
O I Congreso de Educación Ambiental dos centros de ensino de Ourense “O Cambio Climático dende a escola” quere converterse nun lugar de encontro e escaparate daquelas experiencias que xa están en marcha nos centros escolares da provincia ou daqueloutras que poidan xurdir neste curso e que teñan como eixo central a educación e sensibilización sobre cambio climático dende calquera das súas múltiples ópticas: sustentabilidade nos centros educativos, enerxía e aforro enerxético, consumo, auga, bosques, etc...
Este congreso terá como relatores aos verdadeiros protagonistas das iniciativas seleccionadas, o alumnado, que as desenvolverá coordinado polo seu profesorado. Terán así a oportunidade de compartir a súa experiencia contada por eles mesmos, que quedará despois recollida nunha publicación en formato electrónico.
Para apoiar o traballo do profesorado e alumnado comprometido con estes proxectos, o CEIDA e a Deputación de Ourense proporcionarán asesoramento técnico aos centros que o soliciten, amais que poderán solicitar unha axuda económica para o desenvolvemento dos traballos de ata 500 € máximo.
O Congreso celebrarase o 9 de xuño de 2011 no Edificio Simeón da Deputación.
O máis detallado modelo do campo gravitatorio terrestre.
Dende hai dous anos, o satélite GOCE (Explorador da Circulación Oceánica e da Gravidade) da ESA, rexistrou todos os datos necesarios para obter un mapa detallado sobre o campo gravitatorio da Terra, cunha precisión asombrosa. Agora, toda a comunidade científica poderá ter acceso a este mapa tan preciso que axudará a comprender mellor como funciona o noso planeta. O modelo representa a superficie imaxinaria do planeta como se estivera cuberto totalmente por un océano, en ausencia de correntes e mareas, só definida polo campo gravitatorio. Este atlas ilustra como a forza de atracción da Terra non é igual en todas partes, senón que, dependendo do grosor da cortiza terrestre ou a súa composición, os obxectos que hai sobre ela serán atraídos con maior ou menor forza. O novo globo chepudo coñécese como xeoide e é o máis preciso que se xerou nunca.
A terra bombeada que viu o GOCE non existe. É unha representación que esaxera as diferenzas de gravidade entre, por exemplo, España e Brasil, dándoas relevo. As zonas azuis, aplanadas, son aquelas en as que a gravidade é menor, mentres que as avultadas, en amarelo, rexistran máis atracción.
Este atlas permitirá calcular con precisión o movemento das correntes oceánicas e a subida do nivel do mar, polo que os seus datos serán, a partir de agora, imprescindibles para os estudos sobre o cambio climático.
O GOCE é o satélite que máis baixo voou nunca sobre a Terra. Mantén a súa órbita, a 250 quilómetros da superficie, cuns motores eléctricos de deseño español. A súa forza é a equivalente á caída dunhas pingas de auga sobre o chan, o suficiente para resistir a forza de atracción terrestre sen influír nos seus sistemas de medición. Trátase de tres pares de pesas de platino que ao sobrevoar o planeta captan variacións na atracción gravitacional cun detalle que nunca se alcanzou.
Para máis información.
http://www.publico.es/ciencias/369105/asi-es-la-tierra-vista-por-la-gravedad
Mario Blanco Cid 1ºA Bach.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)