domingo, 3 de abril de 2011

Coches eléctricos en Ourense


XERO é una marca británica que produce bicicletas e scooters eléctricos e que creou fai unha semana un proxecto comprometido á fabricación de coches eléctricos en Ourense, o cal á súa vez xerará un millar de empregos. Hai dous días publicou que nos manterán informados de tal proxecto a través de comunicación pública e de forma regular, e quixeron deixar claros varios aspectos:

1- Están decididos a desenvolver na nosa cidade o plan do vehículo eléctrico dixital XERO X-EV, descartando outras cidades ou opcións fóra do noso país.
2- Asegúrannos que o tempo que teñen marcado para asentar, desenvolver e producir este vehículo cumprirase.
3- Piden certo grao de atención polo proxecto así como un libre debate sobre o lugar onde se situará a planta de montaxe (están debatindo que se ubique en Melón(Comarca do Ribeiro)).Todo isto suporía un maior interese por iste propósito e un sinal de que todo sairá ben.
Recórdovos que os vehículos eléctricos con baterías de litio non emiten CO2 e non afectan ao medio ambiente, sempre no caso de que a electricidade proceda de enerxías renovables (eólica, solar fotovoltaica e termosolar). Os aeroxeradores, ou máquinas que transforman a enerxía do vento en eléctrica, proporcionarían a electricidad precisa ó vehículo e servirían nun futuro para regular e almacenar a do sector eólico.


Subirei máis información a medida que aparezan novos datos pero… atopades factible esta idea?
Visitade esta ecopáxina ou xornal El Progreso

Andrea Fernández 1ºB

Traballo de Ivan e Andrea: A fibra alimentaria


Traballo realizado por:
Iván Gallego Gómez (1º Bacharelato A) e Andrea Gerpe Acosta (1º BacharelatoB)

Shakira en Oxford

Shakira falou fai tempo en Oxford sobre, medio ambiente, demografía, educación... cambiar o mundo. Déixovos o video, seguro que os fará reflexionar... coas presas, as veces, non dedicamos tempo suficiente a esta propiedade do noso intelecto.

Animádevos a presentar os vosos traballos aos Premios climántica


Co obxectivo de sensibilizar sobre o problema do cambio climático e promover actitudes máis sostibles co medio, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas en colaboración coa Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, convoca o IV Congreso CLMNTK e os Premios Climántica para estudantes, que lle dan continuidade ao III Congreso CLMNTK que se celebrou en Pontevedra no 2010 e aos seus premios, e que asistimos un grupo de alumnos e profesores do Otero.
O prazo de presentación de traballos Climántica remata o 31 de maio do 2011. Esta cuarta edición vaise a desenvolver de xeito virtual e por tanto os traballos terán que ser inseridos na páxina web do congreso antes das 24 horas do último día de maio. Dentro do apartado Como participar? atópanse titoriais con todos os pasos a seguir para cargar os traballos na plataforma.
Todos os traballos publicaranse no nº 4 da revista CLMNTK e os da categoría multimedia, ademais de quedar presentados na revista, poderán visualizarse na sección Alumnos de climantica.org.
Os traballos que se envíen coa intención de que se teñan en conta para participar nos premios xerais consistentes en campamentos ambientais de verán.
Os traballos terán que ver coas temáticas do proxecto e tomarán como referencia as seguintes categorías:


1.Relatos
2.Poesía
3.Curtos cun guión ambiental
4.Vídeos musicais
5.Vídeos de obras de teatro
6.Fotografía comentada
7.Banda deseñada
8.Presentacións
9.Póster
10.Debuxos
11.Reportaxes multimedia
12.Xogos e pasatempos
Os Premios os podedes atopar no seguinte enlace: http://congresovirtual.climantica.org/premios/.
Si queredes ver exemplos de traballos premiados no anterior congreso clik en:
http://congresovirtual.climantica.org/ (algúns son de rapaces do noso centro!!!!)


Deixovos un video dos rapaces que foron ao congreso de Climántica no 2010

Imaxes dun desatre