Ninguén podería
imaxinar o gran batacazo que se deu a ciencia española xa que retrocede ao
século pasado.
A I+D levouse unha
das peores partes no reparto dos recortes presupostarios nun país onde aos
políticos éncheselles a boca cando falan dun modelo económico baseado no
coñecemento e a I+D. Afirman que a única saída á crisis estriba na ciencia e no
coñecemento e despois fan unha política de recortes, o menos que pode
concluirse é que non cren naquelo que din.
Os recortes
presupostarios en investigación están retrocedendo a niveis de 2005 e poden
provocar que se perda toda unha xeración de científicos excelentemente
formados, creando problemas en materia de postos de traballo.
En grandes
cifras, a cantidade adicada á investigación en España en 2013 se se aprobasen
as cifras reflexadas no borrador do Presuposto Xeral do Estado presentado fai poucas
semanas, sería de 5.932 millóns de euros, 460,96 millóns menos que en 2012 (un
7,21% menos), exercicio no que a I+D sufriu o maior recorte da historia con máis
dun 25% de descenso. Isto supón que a cantidade total adicada á Ciencia
regresou a niveis do ano 2005.
José Manuel
Roldán, presidente da comisión de Investigación e Desenvolvemento (I+D) da
Conferencia de Reitores das Universidades Españolas (CRUE) e reitor da
Universidade de Córdoba, comentou que o noso país sempre adicou escasos recursos
a estas actividades e nas últimas décadas, "con moito traballo", habíase
creado "un tecido científico de certa calidade" que permitía alentar
esperanzas de que España se situase entre os países máis avanzados en
investigación.
Ademáis, os fondos
destinados a subvencións nos programas de investigación científica e técnica e
de investigación tecnolóxica e industrial concentran o 91,2% dos recortes.
De feito,
actualmente o noso país ocupa o noveno lugar do mundo por produción científica,
segundo Roldán, que considerou que con menores presupostos perderase "toda
una xeración de científicos excelentemente formados".
"Moitos
vanse a outros países e outros non encontran vías asequibles para iniciar ou
proseguir a súa vocación investigadora", manifestou Roldán, quen opinou que
"perder aos seus mellores cerebros é moi grave para calquer país".
Unha das peores
partes levouna o programa de Fomento e coordinación da investigación científica
e técnica, que se destina entre outras cousas a financiar, a través das
convocatorias públicas, as actividades de I+D+i. A astronomía e a astrofísica
tamén sufren un recorte importante do 17,4% con respecto ao 2011. Unha cifra
parella ao 17% de recorte que sufre o Instituto Astrofísico de Canarias (IAC),
o centro de referencia en España é un dos máis punteiros a escala
internacional. O seu presuposto pasa de 20,54 millóns a 17,04. Como axencia, o
CSIC non saíu mal parado e 'só' viu reducido o seu presuposto nun 2,8%, de 688
millóns a 668. Sen embargo, a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) non saíu
tan ben parada e sufriu unha disminución do 28,9%, pasando de 122 millóns a 87.
Enlaces:
Paula Meixeiro Calvo 1º Bach. D