Mostrando entradas con la etiqueta Microrganismos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Microrganismos. Mostrar todas las entradas

sábado, 23 de agosto de 2014

Vida nas profundidades da Antártida

Encontrase a 800 metros da capa de xeo do lago subglacial Whillians un ecosistema microbiano que según os investigadores poden ter implicacións para a vida noutros ambientes, tanto na Terra como noutros lugares do Sistema Solar. Este proxecto foi bautizado como  WISSARD e fixo historia en xaneiro de 2013, no que utilizaron unha tecnoloxía de perforación para acceder ao Whillians onde puideron recoller mostras de auga e sedimentos de augas cristalinas que foran illadas por miles de anos do contacto directo ca atmosfera. Segundo John Priscu (un dos científicos do proxecto), este lago é "unha das maiores áreas húmidas do mundo que está totalmente dominado por microorganismos".

Anteriormente xa fora cuestionado por mor do potencial de contaminación dos hidrocarburos que se desprenderían durante a perforación. Sen embargo foron autorizados a recoller mostras sen este perigo coa técnica utilizada en WISSARD.
Os investigadores examinaron as mostras de auga e sedimentos deste lago que foron apoyados pola NASA e pola NFS. Os autores deste proyecto publicado na revista Nature durante a análisis detectaron que este ambiente extremo sustenta ecosistemas microbianos vivos e diversos que soportan a escuridade e as temperaturas baixo cero.

Tamén foi descuberto que os organismos extraían enerxía das rochas mediante dióxido de carbono como fonte de carbono. Brent Christner, autor principal da investigación, que confirmou por primeira vez  máis dunha década de especulación sobre a vida neste ambiente, dixo que "hai unha parte inexplorada escondida baixo case un kilómetro de xeo na Antártida. WISSARD conseguiu proporcionar unha visión sobre a natureza da vida microbiana que pode vivir baixo mais de cinco millóns de kilómetros cadrados da capa de xeo ".


Mikucki, outro científico do proxecto dixo: "debido a que a Antártida é un continente microbiano , a exploración por debaixo de súa espesa capa de xeo pode axudar a entender como a vida evolucionou para sobrevivir na fría escuridade. Espero que os  nosos resultados motiven máis investigacións sobre o papel destes microorganismos extremos no funcionamento do noso planeta e outros mundos xeados do noso  sistema solar.




Fonte: 


                                                     Nuria Vila Seijas Nº30 1ºBach-D

sábado, 15 de junio de 2013

Aparece unha bacteria que crece a unha temperatura máis fría ca soportada por calquera outra.



A temperatura no permafrost (capa permanente de xeo no solo de rexións muy frías) dunha  illa   do Ártico Canadiense, é case tan baixa como algunhas superficies de Marte.
Deste xeito, foi fascinante  o atopar unha bacteria capaz de crecer a estas temperaturas (15 graos centígrados  baixo cero, aproximadamente).
Esta singular bacteria, non so é fascinante polo feito de que logra crecer a tan baixa temperatura, senon que tamén nos dá pistas sobre as condicións de vida microbacteriana en Marte.

Este esquipo de investigadores, dirixido por dous microbiólogos descubriron esta bacteria (Planococcus  halocryophilus OR1) despois de examinar 200 microbios, aproximadamente, na busca do que mellor logra adaptarse.
Pensan que esta bacteria vive entre os canles de auga salgada que discorren no interior do permafrost.
Para saber o que necesita esta bacteria para sobrevivir, o equipo investigou a sua secuencia xenómica, e tamen rasgos moleculares.
Os investigadores encontraron que esta bacteria, logra sobrevivir grazas a unhas modificacións na súa estructura e función celular, e tamén debese a un incremento da cantidade de proteínas adaptadas ao frío.

sábado, 2 de marzo de 2013

A replicación das bacterias de fai 4.000 millóns de anos


As bacterias foron partícipes do proceso no cal a materia inorgánica deu lugar á vida. A súa estrutura actual, con ADN e parede celular, é a base das células dos seres vivos máis desenvolvidos. Unha das estruturas máis complexas das nosas células, as mitocondrias onde se sintetizan as moléculas que conteñen a enerxía (ATP), atribúese a  un tipo de simbiose entre unha bacteria maior e unha menor que ó integrarse formaría as mitocondrias tal e como o explicou Lynn Margulis, bióloga estadounidense clave na teoría do evolucionismo.
          Pero fai millóns de anos as bacterias non eran igual que hoxe. Os microorganismos primitivos carecían de parede celular e proteínas.
        O feito de que algunhas bacterias carezan de parede celular na actualidade, suxire que esta estrutura protectora que teñen case todas, foi unha adquisición evolutiva. Nalgúns casos bacterias normais volven ó seu estado primitivo, o que nos permite ver cómo eran fai millóns de anos.
        Tamén carecían das proteínas necesarias para a súa división. As encimas (que son proteínas) son a base para realizar todos os procesos celulares. Sen embargo as bacterias de aqueles tempos tiñan que se reproducir.
Investigadores da Universidade de Newcastle publican en Cell a súa explicación de cómo se replicaban. Non seguían parámetros biolóxicos, senón físicos. Dun modo semellante a cando unha pompa de xabón divídese en dous ó alcanzar unha determinada relación entre volume e superficie, as bacterias ó alcanzar a suficiente presión no volume do seu interior dividíanse. Os científicos conseguiron gravar imaxes, un pouco aceleradas, do máis parecido ó que ocorría fai 4.000 millóns de anos.
            Aínda que o vídeo estea en inglés, as imaxes son moi ilustrativas.



PREGUNTAS
1. Aquí se fala sobre as bacterias de fai 4.000 millóns de anos pero, cómo se reproducen actualmente as bacterias? E cómo se replica o seu ADN?
2. Cómo se chama a teoría que defende Lynn Margulis ante o evolucionismo?
3. O texto di que a vida apareceu a partires da materia inorgánica. Quen foi o primeiro que comprobou mediante un experimento que esta afirmación, ou polo menos parte dela?

FONTE DE INFORMACIÓN:


Iago Rodríguez Peña 1º BACH A

jueves, 29 de noviembre de 2012

Bacterias antárticas que viven a 13 grados baixo cero.

Parecia unha tolaxe que algunha forma de vida poidese vivir e desenvolverse nun ambiente salino, totalmente escuro e a menos de 13 grados baixo cero durante todo o ano escondido baixo más de 20 metros de xeo nun dos lagos mais illados da Antártida. Ainda que, o descubrimento fai poucas décadas dos primeiros organismos -casi todos elos bacterias- extremófilos, capaces de vivir en condicións de alta radiactividade, ausencia de luz, temperaturas de mais de 100 grados ou de enorme acidez, cambiou a forma de 'mirar' dos investigadores.
Un traballo de investigación recién publicado na revista 'Proceedings of the National Academy of Sciences' (PNAS) encontrou a primeira forma de vida capaz de vivir nun ambiente conxelado e inhóspito como o que se describe ao inicio deste texto.
O Lago Vida, onde se descubriu con vida esta diversa comunidad bacteriana, é o maior dun conxunto de lagos únicos por suas características que se encontran nos secos Vales McMurdo, concretamente no Valle Victoria, situado ao Este da Antártida. Estas augas non conteñen oxíxeno, están conxeladas na sua maior parte e conteñen os maiores niveis de óxido nitroso de calquera auga natural presente na Terra. Ademáis, poseen unha salinidade seis veces maior ca agua do mar e  encontranse a unha temperatura media de 13,5 grados centígrados baixo cero.
A pesar destas duras condicions, os científicos lograron encontrar alí unha comunidad bacteriana sorprendentemente diversa e abundante que sobrevive sin aportación de enerxía solar.
Os estudios previos ao descubrimento revelaban que este ambiente salino, e as formas de vida que o habitan, permaneceron illados do exterior durante cerca de 3.000 años.

Extracción de testigos. | E. K."Este estudio abre unha ventá hacia un dos ecosistemas máis extraordinarios da Terra", asegura Alison E. Murray, investigadora da División de Ciencias da Tierra e os Ecosistemas do Instituto de Investigación do Deserto de Reno (Nevada, EEUU) e líder do proyecto. Según os propios autores do descubremento, o hachazgo presenta un ecosistema e unha forma de vida que podrían ser análogos de hábitats noutros 'mundos' xeados e rocosos nos que se haxan dado condiciones de salinidade e agua superficial. "Hachazgos como este cambiaron nosa percepción dos ambientes que poden conter restos, o incluso formas, de vida mais alo da Tierra, como Marte, Europa o Encélado", escriben no artículo.
As labores técnicas necesarias para extraer de forma segura as mostras de xeo para ser estudadas foron tremendamente complicadas. Os investigadores realizaron duas expedicions, unha en 2005 e outra en 2010, para perforar o lago e extraer testigos xeados nos que poder rastrear a presencia de cualquier ser vivo. En ambas, desenvolvéronse complicados protocolos de extracción e usóuse equipo especializado para evitar o intercambio de bacterias entre as mostras e o exterior que arruinatían o antigo ecosistema.
O análisis xeoquímico do lago indica que as reaccions químicas entre a salmuera e os sedimentos ricos en ferro que hay baixo a auga xeada, xeran óxido nitroso e hidrógeno. Da misma forma que o fan outras formas de vida extremas, como as que habitan Río Tinto, en Huelva, todo indica que estas reaccions de oxidación-reducción son a fonte de enerxía que usan as bacterias para realizar suas funcións vitáis.











Fonte de información:
http://www.elmundo.es/elmundo/2012/11/26/ciencia/1353958095.html


Carlos Álvarez Sabucedo 
1º Bach. A

domingo, 2 de octubre de 2011

O CSIC pide axuda para seguir traballando na vacuna contra o VIH

Os primeiros datos son, se cadra, mellores aínda cós demáis produtos en experimentación a día de hoxe: unha vacuna desenvolta polo CSIC incita ás defensas do noso organismo e podería ensinar ao sistema inmune a loitar contra o VIH. Desde este punto todo o demáis está aínda por facer, por esto mismo esta institución pide axuda e apoio para seguir traballando e estudando a vacuna, xa que polo que vai, está a ser financiada polo fondo público. Qué demostraron ademáis de ser totalmente efectiva en ratos e macacos tras xa dez anos de investigación? Que xera un 90% de resposta inmune: é capaz no 90% de entrenar ao sistema defensivo dunha persoa sana a que aprenda a detectar e loitar contra o virus.

As probas consisten básicamente en introducir catro xenes do VIH B en cantidades xustas para que esperte unha reacción no organismo pero que non produza unha infección, o cal garante a seguridade.

Foi probado en 30 voluntarios, a 24 dos cales se lles implantaron 3 doses da vacuna e aos 6 restantes, un
placebo. Nos vacunados observouse unha resposta defensiva ao longo dun ano, mentres que nos que recibiron placebo, non se observou efecto algún.

"De momento, o
único que sabemos é que induce ás defensas e que é segura, xa que non houbo efectos secundarios graves, pero ata aí. Non podemos saber aínda si será eficaz para evitar a infección. Para eso debemos seguir traballando" , explicaba Felipe García, un dos investigadores do Hospital Clínic de Barcelona.

O seu propósito agora é comezar a fase II, cuxa finalidade é ver si é efectiva e en qué doses, o cal estaría rematado nun prazo optimista de cinco anos.

Fot.: Un macrófago(cél. inmune) no centro superior sendo atacado por partículas do VIH








Para ver a noticia completa, clickade aquí

Andrea Fernández

viernes, 3 de junio de 2011

Que é E.coli?

Estes ultimos días as noticias fan referencia continuamente a Escherichia coli (E. coli) como causa da contaminación dos pepinos en Alemaña. Pero de que están falando? O intestino humano contén ao redor de 1 kg de bacterias. Destes, aproximadamente o 0,1% son normalmente E. coli. A presenza destas bacterias no noso intestino é necesario para o normal desenvolvemento e a saúde. E. coli , xunto con outros tipos de enterobacterias, sintetizar as vitaminas, que son absorbidas polo corpo, por exemplo, a vitamina K e vitaminas do complexo B. Aínda que o hábitat normal desta especie é o intestino, poden sobrevivir bastante ben fora do corpo en ambientes contaminados con feces, como a auga ou o barro.
Existen moitas cepas de E. coli, inofensivas na súa maioría, aínda que existe unha variedade, E. coli 0157: H7 que produce unha toxina que pode ocasionar enfermidades graves como a Síndrome Urémico Hemolítico, que pode acabar en fallo renal.
A combinación de letras e números no nome da bacteria refírese aos marcadores específicos que se atopan na súa superficie e distínguea doutros tipos de E. coli.









Editado por Carmen Cid Manzano




miércoles, 2 de marzo de 2011

Un novo microscopio: o nanoscopio de microsferas

Aínda que pareza imposible, xa non o é, pois logrouse crear un microscopio que permite ver o interior de virus vivos e células.
O nanoscopio de microesferas, que así foi denominado ó aparello, ten un obxectivo de 50 nanómetros baixo a luz natural (aproximadamente 20 veces máis que ó record anterior, que era de 0,01nm), traballa cunha imaxe virtual, non é neceserario suministrarlle ningún tipo de tinte e non é atravesado por electróns como o eléctrónico.
Como funciona?
En primeiro lugar as microesferas recollen e aumentan a imaxe virtual, de seguido, á imaxe obtida aplícaselle un microscópio óptico convencional para poder ver os resultados aínda máis grandes. Desta forma os ivestigadores que crearon este microscopio, Lin Li e Zengbo Wang, observaron imaxes aumentadas hasta 50 nm.
Vantaxes?
A principal é poder ver o interior de virus vivos, xa que os outros microscopios non o podían facer. Por exemplo o microscopio de fluorescencia permitía ver o interior de células tinguindo as mostras, pero cos virus isto non era posible. Isto quizais tamén contribua, por fin, a obtención dunha clasificación para os virus dentro do nivel biótico(con vida) ou abiótico(sen vida).
Para máis información : click aquí
Editado por Lidia Blanco Otero 1º Bac. A