viernes, 4 de marzo de 2011

A vide apúntase ao cultivo in vitro

Un grupo de investigadores da Universidade de Vigo logrou crear vides galegas tetraploides, é dicir, unha especie mutante na que nas células en lugar de ter 2n cromosomas teñen 4n. Estes exemplares xa se plantaron pero aínda hai que esperar catro anos para que maduren e comprobar os primeiros resultados. La vid se apunta al cultivo in vitroO traballo realizado por este equipo é semellante o que se fai nunha clínica de fertilidade.
Nas cámaras do laboratorio almacénanse centenares de pequenas plantas de vide nas que se practicaron clonación e técnicas de cultivo in vitro.
A vide é unha das especies dos que se conseguíu secuenciar o seu xenoma completo pero queda moito terreo por investigar entre elas cuestións que a longo prazo poderán ter moita aplicabilidade.
Nunha das cámaras da Facultade de Ciencias de Ourense, xunto ás pequenas vides hai tamén pequenos frascos nos que se están cultivando grosellas, frambuesas e arándanos. Este trabalo forma parte dun proxecto encargado por unha empresa á Universidade para propagar estas especies en parcelas de monte pouco productivas da provincia de Ourense. En principio pensase nunha zona de alta montaña como Pena Trevinca, no que se considera que poden darse as condicións adecuadas para a súa implantación. Cando remate o desenvolvemento destas plantas entregaránse os miles de exemplares para que sea a propia empresa a que os plante nas zonas seleccionadas.


Noelia Vila Seijas 1ºC