sábado, 31 de marzo de 2012

Concurso CLIMANTICA

Páxina do concurso
http://congresovirtual.climantica.org/convocatoria-es/

Déixovos algúns exemplos de traballos gañadores no concurso de CLIMANTICA, para que vos animedes a participar.
- Cara onde imos
http://www.youtube.com/watch?v=F7hKF0luvWc&feature=player_embedded

- Desaparición das abellas
http://www.youtube.com/watch?v=WKuTzQggD4Q&feature=channel_video_title

- A pegada ecolóxica de Nico
http://www.youtube.com/watch?v=VNjnyjZYenQ

- Abrazando as árbores
http://www.youtube.com/watch?v=S5rlLRubqcI&feature=player_embedded

- Crónica de una muerte anunciada
http://www.youtube.com/watch?feature=player_embedded&v=GzvyQWMSwdo#!

- Un ejemplo dun video creativo
http://educacionambientalparaodesenvolvement.blogspot.com.es/2012/02/un-exemplo-de-video-creativo-santiago.html

- Madre Terra
http://www.youtube.com/watch?feature=player_embedded&v=J7AFJVX6leo

- Xeoenxeñería
http://www.youtube.com/watch?feature=player_embedded&v=chuZz9doQb0

- Un paseo polos arrecifes de coral
http://www.youtube.com/watch?feature=player_embedded&v=f7Rcx55dL5c#!

- O problema do cambio climático tamén é noso
http://acienciatamenecultura.blogspot.com.es/2011/05/o-problema-do-cambio-climatico-tamen-e.html

- Pegada ecolóxica rural vs ciudad
http://www.youtube.com/watch?gl=ES&v=xs54uCuHH6Q

- Crise ambiental
http://www.youtube.com/watch?v=us4-WQse3Lk

- Mitiguemos os gases invernadeiro desde a escola
http://www.youtube.com/watch?feature=player_embedded&v=Z-O1vB0nKnU

- Algúna animais em perigo de instinción
http://www.youtube.com/watch?v=m3zI2tFMKag

- Fauna en instinción em Galicia
http://www.youtube.com/watch?v=uIpXnVEI-jk

- Enerxía nuclear solución ao cambio climático
http://www.youtube.com/watch?v=eov0DJ4aZH8

viernes, 30 de marzo de 2012

La desorientación por insecticidas puede explicar la desaparición de las abejas

La desaparición de las abejas puede deberse a los efectos insecticida neonicotinoide por su efecto desorientador.
Los investigadores descubrieron que la ingesta de thiamethuxam incluso en dosis muy pequeñas son letales para estos animales.
Estas muertes suponen tres veces la tasa normal.
Los científicos determinaron que la población de las abejas podria reducirse a la mitad, llegando incluso al 75%, si la mayoria de los miembros de una colonia se viesen afectados por el producto.
El estudio demuestra que una pequeña dosis de imidacloprid, otro insecticida neonicotinoide afecta a los abejorros, reduce su peso y hace que las colonias engendren un 85% menos de abejas reinas.


La desorientación por insecticidas puede explicar la desaparición de las abejas

miércoles, 28 de marzo de 2012

Medicina personalizada.

Recomendo que vexades este video sobre mediciña personalizada, esta todo moi claro e moi ben explicado.


Paula Trigás Vázquez. Nº26

martes, 27 de marzo de 2012

Nanopartículas para a medicina

Na actualidade, a investigación en nanopartículas é unha área de grande interés debido á inmensa variedade de aplicacións potenciais. Luis M. Liz Marzán, catedrático na Universidade de Vigo e un dos científicos españois de maior prestixio internacional, co seu traballo está permitindo o desenrolo de novas terapias médicas e de novos sensores ultra sensibles, capaces de detectar enfermidades nos seus estados iniciais o conocer a presencia de productos tóxicos cunha moi baixa concentración.

Mónica Luna.- ¿Dónde emana a fascinación científica actual polas nanopartículas?
Luis Liz.- Do feito de que as súas propiedades non só dependan da súa composición, senón tamén do seu tamaño e da súa forma.


M. L.- ¿Qué propiedades das nanopartículas consideran especialmente interesantes na súa investigación?
L. L.- A propiedad que se concentra no campo eléctrico nas distintas zonas das nanopartículas, é especialmente relevante á hora de utilizar as nanopartículas como sensores de alta sensibilidade, capaces de detectar incluso a presencia dunha soa molécula. Aproveitando a concentración do campo eléctrico en zonas específicas das nanopartículas, conseguimos amplificar as señais luminosas que proceden das moléculas unidas a elas e de esta forma aumentar a sensibilidade da súa detección.

M. L.- ¿Podríanos por un exemplo desta forma de detección de moléculas?
L. L.- Un tipo de nanopartícula especialmente conveniente para detectar a presenza duna soa molécula son as nanoestrellas.


M. L.- ¿Cáles son as vantaxes de dispor de detectores moleculares tan sensibles?
L. L.- Moitas e importantes. Podríanse detectar enfermidades nos seus comenzos, cando aún non hai síntomas.


M. L.- ¿Investigan algunha aplicación das nanopartículas relacionadas coa terapia médica?
L. L.- Estamos estudando varias posibles aplicacións. Unha delas consiste en utilizar as nanopartículas como repartidoras de fármacos.
Outro tema de investigación que estamos levando a cabo consiste en entender cómo se comunican as bacterias e cómo detectan a presencia doutras células. Gustaríanos chegar a conocer cómo podemos manipular o comportamento das bacterias para que, actúen de modo menos agresivo e así poder previr enfermidades. Asimismo, buscamos poder manipular estas bacterias coa finalidade de que se comporten de modo máis ou menos activo con certos tipos de células, algo que podría utilizarse como sistemas de terapia.


M. L.- ¿Cree que se os resultados da súa investigación chegasen a establecerse como terapias, serían seguras?
L. L.- Os protocolos de seguridade ós que están obligados os medicamentos e terapias médicas son moi estrictos. Se conseguen pasalos podemos estar seguros de que non haberá contraindicacións graves.


M. L.- ¿Cál é a parte máis importante da investigación que realizan?
L. L.- Creo que a parte relacionada coa ciencia básica é moi importante. É imprescindible entender cómo crecen as partículas, porqué crecen cunhas determinadas condiciones e porqué eso da lugar a unhas propiedades específicas.


Enlaces:

http://www.elmundo.es/elmundo/2012/03/26/nanotecnologia/1332760914.html


Lorena Rodríguez Castro Nº24, 1º BACH. D

miércoles, 21 de marzo de 2012

Separan con éxito a duas siamesas unidas polo abdomen e o figado


As dúas nenas, Núria e Marta naceron unidas polo abdomen e compartían o fígado.

Seis meses despois foron separadas nunha operación de case sete horas na que participaron unha treintena de profesionales e precedida de numerosas probas xa que estaba planificada ao detalle. A súa única preocupación era conseguir pechar a pel con precisión para evitar posibles infeccións, pero finalmente realizaron un corte en forma de libro a cada lado do abdomen

As duas nenas estuveron só un di na U.C.I pediátrica e unha semana despois volveron a casa. Ainda que o cambio deixounas algo desconcertadas ao principio, xa que estaban acostumadas a facer todo xuntas.

Con só sete meses son as protagonistas do primeiro caso de separación dunhas siamesas con éxito en Cataluña e o cuarto de toda España , xa que houbo dous en Madrid e un en Sevilla

Fonte da información: http://www.elmundo.es/elmundosalud/2012/03/18/portada/1332094749.html

Jennifer Armada Ferreiro, 1ºD BACH. Nº3

lunes, 19 de marzo de 2012

Se descubre en Manhattan una nueva especie de rana.

National Science Foundation (NSF) ha anunciado el descubrimiento de una nueva especie de rana. Se trata de una nueva rana leopardo  que los científicos habían tomado durante años por una variedad ya conocida d esta especie. Habita en Manhattan y en sus alrededores . Su ADN y su croar ,corto y repetitivo, son únicos , y este ha sido lo que ha llamado la atención de Jeremy Feinberg que las pruebas de ADN comprobaron que era una nueva especie .
Para los investigadores ha sido una sorpresa enorme encontrarse a esta especie en los estanques y pantanos de el centro de Nueva York.

domingo, 18 de marzo de 2012

A clonación dun mamut, un paso máis cerca.

O mamut xa ten o seu xenoma secuenciado.
Científicos rusos deron a coñecer os seus plans de clonar un exemplar de mamut conxelado durante 10.000 anos.
"Queremos levar a cabo unha clonación somática, ao inserir o material xenético dun mamut nas células dunha elefanta actual" dixo un voceiro do Instituto de Ecoloxía Aplicada. As células nai serán transvasadas ao útero dunha elefanta que xerará o feto durante 22 meses co fin de que naza, unha cría de mamut viva.
En concreto, as células do mamut inseriríanse en embrións dun elefante procedente da India, ao tratarse do seu parente xenético máis próximo.
O voceiro adiantou que as probas xenéticas serán extraidas do mamut a finais deste ano, tras o que serán enviadas a Corea do Sur, onde a clonación podería facerse realidade dentro de varios anos.
Enlace: http://www.abc.es/20120314/ciencia/abci-cientificos-rusos-quieren-clonar-201203141706.html
Lucía Sánchez Corral 1ºD nº30

Atopado un fósil de máis de 157millóns de anos.


Un grupo de investigadores, liderados polo chino Ke-Qin Gao, da Universidade de Pekín, atoparon na cidade de  Liaoning ó esqueleto, casi completo, dunha salamandra que viviu fai 157 millóns de anos, no  Xurásico dos dinosaurios, e que é, segúndo conclusións, a máis primitiva que se coñece nesta  orde das salamandroideas.


Os seus  descubridores, que bautizaron á especie como 'Beiyanerpeton jianpingensis, retrasa a aparición do seu grupo nuns 40 millóns de anos, pois o récord anterior era o da salamandra 'Valdotriton gracilis', que foi atopada no  iacemento das Hoyas, en Cuenca.

Os restos  encontrabanse  nunha capa de sedimentos volcánicos do  Xurásico Superior e presentaban  características comúns cas salamandras actuais, das que hai unhas 500 especies rexistradas na actualidade.

Unha das conclusións que os científicos sacan da súa  análise morfolóxica é que a separación entre o  grupo das chamadas salamandras xigantes ('Cryptobranchoidae') e o grupo máis extendido  na actualidade  produciuse  antes do  que se pensaba, posto que esta especie pertence o segundo.

Por lo que se ha averiguado, la 'Beiyanerpeton jianpingensis' medía uns 10 centímetros de largo e  sempre viviu  dentro da  agua. Hoxe o  seu grupo é o  máis extendido  no  hemisferio norte do planeta.
Información do periodoco El mundo.
MARIANA CONDE ÁLVAREZ 1ºBac.E nº5

jueves, 15 de marzo de 2012

QUINCE ANOS DESPOIS DE DOLLY, A CIENCIA REVISA A CLONACIÓN.


Quince anos despois da clonación da ovella Dolly, a clonación volve a estar presente nos laboratorios.
As últimas análises publicadas en diferentes revistas científicas mostran as diferenzas entre as Ips e as embrionarias, o que podería supor unha limitación para o seu emprego en humanos e un novo impulso para a clonación terapéutica.

Aínda que se deu a coñecer popularmente en todo o mundo coa aparición da ovella Dolly en 1997, a técnica da transferencia nuclear ten máis anos, concretamente 60. A Robert Briggs, a idea da transferencia nuclear chamáralle a atención cando estaba a estudar o papel do núcleo e os seus cromosomas no Hospital de Filadelfia en 1949. Uns anos antes, outro científico alemán, Hans Spemann, xa propuxera un experimento deste tipo, pero cando Briggs puxo en marcha as súas investigacións non coñecían eses datos.
A transferencia nuclear consiste en extraer o núcleo dun óvulo do organismo a clonar, que é onde está o material xenético, e quitar tamén o núcleo dunha célula somática que é onde se insere o óvulo enucleado. O que Briggs e Kings fixeron foi utilizar como células somáticas embrións de ra. O paso que deu Wilmut, o 'pai' de Dolly, foi empregar un método co que podía crear clons a partir dunha célula adulta. No seu caso, tomou células da glándula mamaria dunha ovella que foron fusionadas, utilizando descargas eléctricas, cun óvulo sen núcleo de ovella.


A técnica da reprogramación celular consiste en inserir un ou varios xenes no interior dunha célula adulta, por exemplo da pel, para que sexan estes elementos os que empecen a reprogramar internamente a esa célula e que o seu 'reloxo vital' dea marcha atrás. De tal forma que a partir dunha etapa adulta vólvase a unha etapa inicial na que os investigadores poidan transformar esa célula en calquera outra sen necesidade de utilizar un embrión ou un óvulo e quedando fora calquera debate ético.
Doutra banda, tal e como apunta o científico Eilertsen, do departamento de Epixenética e Reprogramación Nuclear do Centro de Investigación Biomédica de Pennington: "a taxa de éxito é aínda baixa, cunha eficiencia global de só un 1%, o que non é realmente viable para especies tan importantes como o gando".

Este experto, que actualmente está a traballar na identificación e desenvolvemento de químicos que poidan mellorar a eficiencia desta técnica do mesmo xeito que a da produción de células iPS, cre en que o futuro da clonación pasa por "mellorar o manexo de importantes especies para a agricultura; ser un medio para producir proteínas relevantes a nivel comercial e terapéutico e servir como unha fonte de órganos para xenotrasplantes dirixidos a persoas".

Ana Rodríguez Lamas. Nº 26, 1º D Bacharelato.


miércoles, 7 de marzo de 2012

Descubrimento dun tratamento para non engordar, vivir máis e estar inmune do cáncer.

Manuel Serrano, xefe do equipo de investigación, xunto a Ana Ortega, autora principal.


Unha terapia logra que a graxa non se almacene e se transforme en enerxía.

Vivir máis, comer sen preocuparse a engordar e protexidos frente o cáncer sería estupendo. Investigadores españoles do Centro Nacional de Investigacións Oncolóxicas (CNIO) deron un paso na búsqueda dun fármaco que permitiría queimar as calorías sobrantes, previr a aparición de tumores e prolongar a media de vida en 12 años máis. Esa píldora “milagrosa”, de momento, solo se probou en ratóns, pero abre unha nova vía de investigación para ataxar gran parte das doenzas do siglo XXI. O máis importante deste fantástico traballo do grupo de Manuel Serrano do CNIO presentase na revista «Cell Metabolism».

O descubrimento reforza unha hipótese que cada vez colle máis forza: o cáncer, o envellecemento e a obesidade son manifestacións distintas dun mesmo problema global que vai crecendo, a medida que o organismo acumula nos seus texidos danos que de por sí solo non pode reparar.

Con moitos dos grandes descubrimentos científicos, o descubrimento foi inesperado. O grupo do CNIO estudiaba algúns destes xenes con capacidade protectora fronte ó cáncer e o seu papel na lonxevidade. Os investigadores querían saber se un deses xenes «anticáncer» (gen Pten) conseguía que os seus portadores viviran máis. A respuesta foi positiva, así que crearon ratóns diseñados xenéticamente para ter una copia extra do xen protector.

Os animais non solo foron máis resistentes o cáncer co resto senón que ademáis viviron un 12% máis de media. Se trasladásemos este dato a anos de vida humana, poderíamos falar de entre 10 e 12 anos máis de vida. Así demostrouse o impacto que tiña Pten na lonxevidade, aínda que a maior sorpresa foi descubrir que eses ratóns lonxevos e protexidos frente o cáncer eran significativamente máis delgados pese a comer máis que seus compañeros. Tamén descubriron que tiñan menos risco de desarrollar diabetes e o seu fígado toleraba mellor unha dieta rica en graxa, en definitiva non sufrían as doenzas do sobrepeso e a obesidade.

Potenciar a graxa «Boa»

O quebracabezas completouse cando explicaron por qué eses ratóns queimaban máis enerxía co resto. O estudo dos animais mostrou que tiñan unha proporción maior de graxa parda ou marrón, un texido graso «bo» que queima a enerxía almacenada. O metabolismo de humanos e de todos os mamíferos sustentase nun difícil equilibrio entre o texido adiposo branco, que almacena a graxa, e o pardo, que a elimina. O estudo demostra que o xen Pten activa esta graxa parda o que explicaría a delgadez dos ratóns, a pesar de seu apetito.

Non é a primeira vez que se demostra o papel desta graxa benieficiosa. Moitas das organizacóns de nutrición quererían potenciala, pero o grupo CNIO ofrece por primera vez un camiño para conseguilo sen efectos secundarios.

Este texido está deseñado precisamente para queimar graxas e solo ponse en marcha cando o cerebro detecta o estrés producido polo exceso de nutrintes. É entonces cando envía a orden a las células de la graxa.

Composto xa sintetizado

A estimulación deste xen non é solo una alternativa teórica. O CNIO probou nos animais do laboratorio un composto, sintetizado por este grupo de investigación, que exerce o mesmo efecto beneficioso que o xen anticanceríxeno. Este composto, patentado polo centro, podría ser esa pilula «milagro» ca que dentro duns anos podríase previr a aparición do cáncer e vivir máis tempo sen riesco de obesidade e das doenzas que acompañan o sobrepeso.

En conclusión:

A boa noticia é que no estudo non se detectaron efectos secundarios do tratamento, polo menos a corto prazo. A administración da terapia efectuose durante un período curto e agora estase probando un efecto a longo prazo.


Fontes de informacion: Abc ciencia, xornal do dia 6 de marzo de 2012, imaxe descargada de google imaxes.

Realizador: José Calvo Ayuso do curso 1º de bacharelato D. número 6.



domingo, 4 de marzo de 2012

Un meteorito provocou a última Idade de Xeo

Hai 12.800 anos o clima da Terra sufriu un enfriamento que durou 1.300 anos. Hai tempo críase que a orixe deste repentino enfriamento pudio ser debido ao impacto dun meteorito e actualmente esta teoría volve a tomar forza debido a que un grupo de investigadores logrou identificar o lugar no que colisionou un gran meteorito nesa época.

Un equipo de 16 investigadores de varias universidades atoparon, no Lago Cuitzeo (México), unha capa moi fina de sedimento cunha composición de elementos moi extraña ( elementos de hai 13.000 anos).
Grazas ao seu estudo creese que puido ser o resultado dun impacto dun obxecto cósmico contra a terra.
Nesta colisión que deixou una capa negra e rica en caborno e nanodiamantes (atopáronse tamén huellas de esférulas resultantes da gran velocidade coa que chocaron durante o impacto) duns 10 centímetros estaría a orixe dese cambio climático que iniciou o período coñecido como Dryas Recente.

Os datos do Lago Cuitzeo suxiren que foi un asteroide ou un cometa de grandes dimensións fragmentado en pedazos. Este obxecto entrou na atmosfera cun ángulo moi baixo, provocando tanto calor que quemou toda a vexetación que había arredor e como consecuencia houbo un importante cambio no clima.


Video de como se formaría unha nova era de xeo

Fonte de información

María Cerreda Pereira nº8 1ºD


sábado, 3 de marzo de 2012

Un 'Tanstavinsaurus sanzi' atopado en Teruel


Foron encontrados os restos dun dinosauro de 20 toneladas que viviu no municipio Del castallar (Teruel). Trátase dun 'Tanstavinsaurus sanzi', que viviu hai 110 millóns de anos. Encontrouse na localidade turolense Del castellar, coñecida polas pegadas de dinosauros e porque xa se acharan alí varios ósos e dentes de hai 130 millóns de anos.


Segundo as súas conclusións, é o dinosauro máis completo doCretácico inferior en toda Europa, porque cos fósiles encontrados con anterioridade xa se ten o 45% do seu esqueleto. En concreto, tras a escavación, lograron sacar á luz a pata posterior enteira (incluída o pé), o raio dunha pata dianteira, varias costelas e restos da cadeira e dunha das mans. Co que puideron descubrir que este 'Tastavinsauro' mediu 17 metros de longo.


O achado permitiu facer unha comparación con outro fósil do mesmo exemplar e comparalos. Iso permitiu clasificalos dentro dun grupo novo 'Laurasiformes', porque viviron no que era Laurasia, un continente que formaban entón Norteamérica e Europa.


Fonte de información
Abraham Otero Fernandez 1ºD Nº22

viernes, 2 de marzo de 2012

Un descubrimento que te vai deixar mudo

Que darías a cambio de facer calar a túa nai cando che está rifando?
Agora científicos xapones teñen a nosa solución,trátase dunha arma láser en forma de pístola que provoca tartamudeo.

Esta pístola consta dunha caixa na que se atopan un punteiro láser, un sensor a distancia, un ordenador , un micrófono direccional e un altavoz.
O obxectivo do aparello, consiste en facer que a persoa que está falando o ser apuntada con ela comeze a tartamudear e non consiga seguir falando.

De que maneira se consegue isto?
A pístola provoca que a persoa que fala, escoite a suas propias palabras cun retraso de 0.2 segundos. Este lixeiro retraso fai que sexa imposible para o ser humano continuar falando , polo tanto o obxectivo da pístola é conseguido.

Os seus efectos non provocan ningún malestar físico e o afectado recupera a fala de inmediato.



Nunca soñastes con isto? Desgraciadamente non se cree que estas pístolas saian o mercado xa que os cientícos consideran que a súa tecnoloxía é tan sinxela que non creen que a puideran patentar. E tamén o seu emprego en mans inadecuadas sería un atentado contra os dereitos humanos.
Polo tanto, teremos que seguir conformándonos cos nosos soños.

Para máis información entra en : http://www.abc.es/20120302/ciencia/abci-inventan-pistola-deja-mudo-201203021723.html


Noelia León Rodríguez nº15 1ºD

jueves, 1 de marzo de 2012

Onte día 29 día mundial das enfermidades "raras"

Onte día 29 de febreiro celebrouse o día internacional das chamadas enfermidades raras.
En España actualmente 3 millóns de persoas sufren algún tipo destas enfermidades
O que máis nos enternece son cando estas enfermidades afectan os máis pequenos.Como acontece co caso de Lucas un neno de 3 anos que sofre unha enfermidade 'rara' , ostoxénesis imperfecta, grado 2, letal, a máis alta que hai dentro de esta patoloxía ou tamén chamada enfermidade dos osos de cristal.
Nesta fotografía podemos ver o pequeno Lucas coa súa nai e o seu irmán xemelgo.
Os médicos dixeronlle a súa nai que Lucas non chegaria a nacer pero non foi así xa que maña día 2 de marzo Lucas cumprira 4 anos.

Dous novos grupos sanguíneos

0,A,B ou AB son os grupos aos que pode pertencer o noso sangue (e se temos ou non certa proteína integral na parede dos nosos eritrocitos, o factor Rh, seremos positivo(coma o 85% da poboación) ou non). Agora, un equipo internacional de investigadores confirmou a existencia de dous tipos novos de sangue aínda pouco coñecidos: Langereis e Junior. Este descubrimento terá múltiples aplicacións na medicina para transfusións, transplantes de órganos e mesmo terapias contra o desenvolvemento do cancro. Aínda que se coñecen estes grupos, o que todavía non se atoparon son as proteínas das células sanguíneas identificados con ditos grupos.






Nature genetics é a revista na que se publicou este achado, moi común no leste asiático. Bryan Ballif, participante da investigación levada a cabo na Universidade de Vermont (EEUU), explica: "estímase que máis de 50.000 xaponeses sexan Junior negativo, e isto pode traer problemas de incompatibilidade do feto coa nai, ou á hora de realizar transfusións sanguíneas". Ademáis, estas novas moléculas tamén están asociadas a desenvolvemento de mecanismos de resistencia contra o cancro, do cal se partirá para mellorar a eficacia dos tratamentos.

Podedes ver a noticia completa na páxina web da revista Muy Interesante




Andrea Fernández Novoa 2ºBach B