domingo, 11 de mayo de 2014

A TERRA EN DIRECTO

Catro cámaras de alta definición instaladas na Estación Espacial Internacional  permitirán ver a Terra en directo.

A Nasa creou un canal por Internet  onde  ademais de ver as imáxes poderase escoitar as transmisións da tripulación. O proxecto chámase “Vista en Alta definición de la Tierra” e estará operativo ata o outono de 2015.

Aínda que estará operativo as 24 horas, cada certo tempo as imáxes aparecerán en negro pois a Estación Espacial Internacional estará orbitando na escuridade, feito que ocurrirá cada 90 minutos.


Desta maneira os usuarios de internet  poderán ver as mesmas vistas que teñen os astronautas, aínda que neste caso sexa a través dunha pantalla de ordenador.



Nuria Vila Seijas Nº30 1ºBach-D