domingo, 9 de junio de 2013

TOP 10 de especies do último ano

1. O mono coa mirada humana

       Reino: Animal
       Filo: Chordara (Cordados)
       Orde: Animal
       Familia: Primates

   O mono Lesula  (Cercopithecus lomamiensis), vive nos bosques tropicais da República Democrática do Congo e a súa alimentación básase na vexetación que hai no medio; unha das súas características é que se move tanto no solo coma nas árbores e a súa mirada, como dixen no título, é moi parecida á mirada da especie humana.



2. Cucaracha luminosa

       Reino: Animal
       Filo: Artrópodos
       Clase: Insecto
       Familia: Cucarachas

      A cucaracha do Ecuador (Lucihormetica luckae), é unha das pucas especies terrestres que ten a característica de emitir luz, está alexada de toda contaminación lumínica e utiliza esta iluminación para imitir aos escarabellos tóxicos. Creese que esta especie está extinguida debido a erupción do volcán que estaba situado xustamente na rexión onde estos artrópodos habitaban. 



3. Imitador dunha planta 
           
       


       Reino: Animal
       Filo: Artrópodo
       Clase: Insecto
       Orde: Mecoptera



     Este insecto do Xurásico, Juracimbrophlebia ginkgofolia, descubrírono grazas a un fósil atopado este mesmo ano; entre as súas características destaca  a similitude que ten coas plantas sen flor, o seu corpo estreito está formado por: dous pares de alas e patas largas como fíos; alimentábanse doutros insectos que cazaban grazas ao seu camuflaxe.



4. Serpe come caracois

      Reino: Animal
      Filo: Cordados
      Clase: Réptil
      Orde: Squamata

      A serpe Sibon Noalamina, foi descuberta nas selvas tropicais de Panamá e imita as especies de serpes velenosas como as de coral, cos seus anillos para que naide a moleste. É nocturna, tranquila
e atópase ao lado dun xacemento de extracción de minerais que pon en perigo a súa vida, por iso o seu nome <no a la mina>, un pouco como vai pasar en Galica se non detemos os plans para a explotacións de minas como a de Corcoesto.    



5. Fungos do Paleolítico

     Reino: Fungos
     Filo: Ascomycota
     Clase: Sordariomycetes
     Orde: Hypocreales

    Na cova de Lascaux, en Francia, atopáronse manchas no 2001; cinco anos despois e coa aparición de novas manchas, fíxose un estudo no que comunicaban a aparición dun brote de fungo branco ( Fusarium solani) que puña en perigo o arte rupestre da época do Paleolítico. Estes fungos prodúcense no solo debido á descomposición de restos vexetais.


6. Unha rá diminuta

      Reino: Animal
      Filo: Cordados
      Clase: Anfibio
      Orde: Anura

 Esta rá de tan só 7 milímetros, está considerada o vertebrado máis pequeno do mundo; foi descuberta en Papúa, Nova guinea, e o seu nome é o de Paedophryne amauensis e vive nos solos das selvas tropicais e húmidas do país xa nomeado e son capaces de saltar 30 veces a súa lonxitude total.




7. Arbusto de Madagascar

      Reino: Plantas
      Clase: Magnoliopsida
      Subclase: Rosidae
      Orde: Myrtales
      Familia: Myrtaceae

  Cunha altura de case 2 metros e unha cor verde esmeralda, este arbusto posee fermosos racimos de flores de cor rosa; crece no árido chan de Madagascar e é unha das sete especies descritas no bosque litoral de Madagascar.



8. A crisopa dos contos das fadas

       Reino: Animal
       Filo: Artrópodo
       Clase: Insecto
       Orde: Neuroptera
       Familia: Chrysopidae

   Esta nova especie descubriuse na selva tropical de Malasia, co seu nome binomial, Semachrysa jade, e o seu aspecto de crisopa verde, ao vela nunha foto, distinguiuse unha prolongacións nas ás de cor negra.



9.  Toda una fermosura

       Reino: Plantas
       Orde: Malpighiales
       Familia: Violaceae
       Clase: Anxiospermas

     Unha das dicotiledóneas terrestres máis pequenas, esta Viola liliputana, apareceu nos Andes de Perú e crece un par de centímetros só. O seu nome débese aos habitantes de liliput que aparecen nos "Viaxes de Guliver".



10. Arpa acuática

           Reino: Animal
        Filo: Poríferos
        Clase: Demospongiae
        Orde: Poecilosclerida
     Esta esponxa carnívora en forma de lira, Chondrocaladia lyra, foi descuberta a 3.399 metros de profundidade ao noroeste de California. Cada rama ten a súa vez, 20 ramos verticais que terminan nunha esfera para unha mellor captura de plactón.




Fontes de información


 Marcos Fernández Rodríguez
1º Bach A

So un 1% da superficie mariña española está protexida.

Con motivo do Día Mundial dos Océanos, que celebrase este sábado, WWF, Greenpeace, Seo/Birdlife e Ecoloxistas en Acción recordan que "España comprometeuse  a ter o 10% da súa superficie marina protexida no ano 2020 e, na actualidade, so o está o 1%". Denuncian que "a pesar da sua importancia, os océanos seguen sendo sobreexplotados, degradados e contaminados", polo que reclaman o Goberno que a crise económica "non sirva de excusa para recortar os fondos destinados a protección do mar" e que revoque a Lei de Costas.
Estas ONG coinciden en que "é necesaria unha maior voluntade política para acabar coa sobrepesca". Un 48% das poblacions de peces evaluadas no Atlántico e un 80% no Mediterráneo están sobreexplotadas, según a Comisión Europea, que advirte de que a disminución da población é "evidente".
 Qué podemos facer nos?
A nivel mundial, xa perdimos alrededor do 90% das especies de peces grandes, como o atún, o peixe espada, o tiburón ou o bacallao. A oceanógrafa estadounidense Sylvia Earl  colaborou coa empresa Lonely Leap para crear un vídeo de concienciación, patrocinado polo Foro Económico Mundial. En él, alertan de que algunhas técnicas de pesca, como a de arrastre, deberían estar prohibidas porque acaban co  hábitat marino. Ademáis, propoñen alguns consellos para contribuir a protección dos océanos e a sua fauna, como averiguar de onde procede o pescado que consumimos.
Enlaces:


Miguel Villar Paz 1ºBach D