Investigadores da NASA descobren unhas liñas escuras en pendente, os sinais máis fortes da existencia de auga líquida sobre a superficie do Planeta vermello.
Marte aparece ante as cámaras das naves e rovers que verificaba o planeta a diario como un lugar seco e árido, un estado no que parece terse mantido durante miles de millóns de anos. Non obstante, a nave Mars Reconnaissance Orbiter (MRO) da NASA detectou sinais evidentes de que este mundo podería ser máis húmido do que se cree. Se os investigadores están no certo, é posible que exista auga líquida fluíndo pola superficie marciana. Eses sinais que parecen tan reveladores son unhas liñas escuras, similares a dedos, que avanzan por algunhas ladeiras cando as temperaturas soben.
Os investigadores chaman a estes fluxos escuros «recorrentes lineais en pendente» (RLS) e aínda non teñen unha proba irrefutable da existencia de auga nestas zonas, pero tampouco están seguros de como este proceso se levaría a cabo sen auga.
A hipótese principal destes sinais é un fluxo de auga preto da superficie, que se mantén líquida polos sales, que diminúen o punto de conxelación da auga pura. «O fluxo de auga en Marte sería un descubrimento importante, afectando á comprensión do cambio climático actual en Marte e posiblemente indicando posibles hábitats para a vida preto da superficie do Marte moderno.
FONTES: http://www.abc.es/ciencia/20140211/abci-descubren-senales-existencia-agua-201402111100.html