miércoles, 2 de marzo de 2011

Un novo microscopio: o nanoscopio de microsferas

Aínda que pareza imposible, xa non o é, pois logrouse crear un microscopio que permite ver o interior de virus vivos e células.
O nanoscopio de microesferas, que así foi denominado ó aparello, ten un obxectivo de 50 nanómetros baixo a luz natural (aproximadamente 20 veces máis que ó record anterior, que era de 0,01nm), traballa cunha imaxe virtual, non é neceserario suministrarlle ningún tipo de tinte e non é atravesado por electróns como o eléctrónico.
Como funciona?
En primeiro lugar as microesferas recollen e aumentan a imaxe virtual, de seguido, á imaxe obtida aplícaselle un microscópio óptico convencional para poder ver os resultados aínda máis grandes. Desta forma os ivestigadores que crearon este microscopio, Lin Li e Zengbo Wang, observaron imaxes aumentadas hasta 50 nm.
Vantaxes?
A principal é poder ver o interior de virus vivos, xa que os outros microscopios non o podían facer. Por exemplo o microscopio de fluorescencia permitía ver o interior de células tinguindo as mostras, pero cos virus isto non era posible. Isto quizais tamén contribua, por fin, a obtención dunha clasificación para os virus dentro do nivel biótico(con vida) ou abiótico(sen vida).
Para máis información : click aquí
Editado por Lidia Blanco Otero 1º Bac. A

Non hai ningún tipo de células que posúan os xenio e non teñamos o resto. A diferenza é traballar máis que os demais.

Recoméndovos ler o seguinte artigo do País Semanal, do 27 de febreiro de 2011. Trata do que sempre vos digo a importancia do esforzo, da tenacidade, da resitencia á fustración... como dicía Charles Darwin "Salvo os bobos, os homes non se diferencian moito en canto a intelecto; só en afán e traballo duro" .
View more Talento esfuerzo
View more documents from iesotero
target="_blank">documents from iesotero.
Editado por Carmen Cid Manzano

Nova web galego-portuguesa científica

Novidade, xóvenes científicos! Agora poderemos documentarnos un chisco mellor sobre as innovacións e descubrimentos científicos que a nosa comunidade autónoma xunto ca do norte de Portugal realizan. Trátase de Comunicaciencia , web xerada polos investigadores das universidades galegas de Santiago, A Coruña, Vigo e as portuguesas de Porto, Tras-os-Montes e Minho, denominadas no seu conxunto como Eurorrexión. Esta plataforma está subvencionada pola FECYT (Fundación Española para a Ciencia E a Tecnoloxía) e xestionada pola FCEER (Fundación Española de Estudos Eurorrexionais).
Asemade, recompila diversos cursos de multimedia relacionado con actividades científicas (documentais, audios, acceso a información dixitalizada) propiciadas directamente polo CEER; ou foros de debate.

Para máis información visitade corredoiras.bugalicia.org
Andrea Fernández 1ºB

A odisea das especies

Hoxe presento unha boa serie acerca de evolución do ser humano, unha superproducción chamada a Odisea das Especies. Relata a vida dos homínidos máis importantes da nosa evolución, dende o primeiro bípedo ata o Homo Sapiens Sapiens. Ademais da que presento existen doua documentais máis, pero coido que hai que empezar polo primeiro.
En canto a aspectos técnicos, está dirixida polo director de cine francés Jacques Malaterre e, na versión en español, conta coa colaboración de Juan Luis Arsuaga (científico de Atapuerca). Foi unha superprodución de 2 millóns de euros que inclúe animacións moi traballadas e colaboración de moitos actores.
Aquí déixovos o enlace:


Juan Ozaita Corral 1º Bacharelato A