Os científicos teñen un misterio sen resolver respecto a
existencia de metano no planeta Marte.
Alí mandaron ao rover Curiosity para intentar resolvelo mais
polo momento non o conseguiron. Os resultados preliminares revelan que
“olfateou pouco ou nada” polo que neste
momento segue permanecendo a dúbida de se a liberación do metano á atmosfera
por parte do planeta vermello é provocada por procesos xeolóxicos ou tamén
biolóxicos. Precisamos resolver este enigma para confirmar se estamos ante a
primeira seña evidente da existencia de vida en Marte ou non.
A diferencia que en Marte, na Terra o metano encóntrase na
atmosfera procedente de organismos vivos, aínda que podería influir os procesos
biolóxicos.
O metano foi detectado no planeta vermello no 2003, anos
máis tarde observáronse columnas de metano o que indicaba que en lugares
concretos deste plañera preto do ecuador poderían encontrarse balsas de vida.
Hai diversas opinións de cómo podería haber chegado este gas
aquí como por exemplo a través de meteoros estrelados contra o planeta, ser o
resultado de procesos químicos ou biolóxicos (que é o que intentan descubrir co
Curiosity) ou pola existencia de vida baixo a superficie do planeta, bacterias
según eles que sobrevivan no interior do planeta.
O Curiosity marchou as terras marcianas en busca de metano
dentro da atmosfera do planeta utilizando un espectómetro láser para rastrear
mostras de aire. Apenas obtivéronse dúas mostras que estaban vacías de metano
pero os científicos afirman que non perden a esperanza e que ese resultado
negativo das probas podería cambiar. Pero no que si axudou moito o robot foi a
mellorar a comprensión do que lle pasou á atmosfera marciana que é cen veces
máis delgada ca da Terra na actualidade e a determinar polo tanto se o planeta
puido ser habitable.
Científicos pensan que anteriormente existiron niveles máis
altos de metano so que foron destruidos por outros gases ou por tormentas. Dado
todo isto, non están seguros qué puido provocar o metano anteriormente.
--> Qué cres ti que puido pasar co metano que antes había e que agora non se detecta?
--> Pensas que a liberación do metano en Marte é por causa dos axentes biolóxicos e que polo tanto pode existir vida alí?
--> Por qué a atmosfera marciana é cen veces menor ca da Terra?
FONTES DE INFORMACIÓN:
Sara Fernández Álvarez 1º BACH-A