Astrónomos da Universidade de Lorraine en Nancy encontraron unha señal isotópica que indica que as prediccións anteriores eran subestimadas e tanto a Terra como a Lúa son 60 millóns de anos mais vellas.
Segun eles o impacto da Terra con un corpo planetario produciuse 40 millóns de anos despois da formación do sistema solar, e dicir, 60 millóns de anos anteriores ó que se creía.
O método empleado para chegar a esta conclusión foi o da medición dos cambios na proporción dos diferentes gases(isótopos) que sobreviven da terra primitiva.
Analizaron gas xenón que se encontra no cuarzo de Sudáfrica e Australia, que se encontra como sellado nunha capsula de tempo, comparandoo cas actuais relacións isotópicas de xenón.
O tempo da formación da atmósfera da Terra estímase nuns 100 millóns de anos despois da formación do sistema solar. Xa que a atmósfera non sobreviviu ó impacto que formou a Lúa, esta revisión pon a idade de 40 millóns de anos despois da formación do noso sistema, e polo tanto 60 millóns de anos mais antigo do que se pensaba.
As señais do gas xenón permiten calcular cando se estaba formando a atmósfera, que probablemente foi na época en que a Terra colisionou cun corpo de tamaño planetario, e que levou a formación da Lúa,
Aínda que a diferencia podía parecer pequena, é importante, pois permítenos establecer como evolucionaron os planetas, sobre todo a través das grandes colisións en tempo profundo que formaron o sistema solar.
Enlace: http://www.lavozdegalicia.es/noticia/sociedad/2014/06/11/tierra-luna-60-millones-anos-viejas-pensado/00031402484765642149698.htm
NURIA VILA SEIJAS 1ºBACH-D Nº30