O estudo, publicado na revista Science revelou que ratos con enfermidades priónicas desenvolveron duros problemas de memoria e de movemento, morrendo nun período de doce semanas, mentres que ratos aos que se lles inxectou este fármaco no estómago activou un mecanismo celular que previña que as neuronas morresen. Cinco semanas despois de comezar co tratamento, gran parte dos ratos non presentaban os síntomas habituais, como a perda de memoria ou a alteración dos reflexos e volvían ao estado previo da enfermidade.
É a primeira vez que frean completamente un tipo de neurodexeneración en seres vivos, e demostra a posibilidade de desenvolver un novo medicamento para protexer ao cerebro da enfermidade neurodexenerativa e parar a morte celular.
Os científicos valoraron o descubrimento como un "punto de inflexión" na loita contra o alzhéimer e consideran que un fármaco podería estar dispoñible en menos de dez anos.
Antía Rodríguez Constela 1ºBach A