sábado, 19 de noviembre de 2011

Misión X: Entrénate como un astronauta en 2012

O astronauta da ESA André Kuipers invita a estudantes de todo o mundo a facer exercicio e a seguir unha dieta equilibrada para que se poñan en forma como os astronautas. ¡A nova Misión X arrinca en febreiro de 2012!

Na Terra é importante comer san e facer exercicio de forma regular. A bordo da Estación Espacial Internacional, é vital ? en condicións de microgravedad, os astronautas necesitan facer exercicio dúas horas ao día para manterse en forma.
A ESA está traballando coa NASA e con outras axencias espaciais para mostrar aos exploradores do espazo como un modelo a seguir, para que os mozos de todo o mundo comprendan a importancia do exercicio físico e dunha alimentación saudable. 
A Misión X inclúe actividades como "Escalemos unha montaña marciana", "Demos un paseo espacial", e outras moitas. Os módulos científicos inclúen atractivas actividades sobre a saúde dos ósos, a hidratación ou a importancia do contido enerxético dos alimentos.


O obxectivo da Misión X é axudar ás novas xeracións a coidar a súa saúde e forma física.


Para participar: Escribe a isseducationteam@esa.int para recibir o formulario de inscrición na Misión X 2012.


Podes atopar máis información en www.trainlikeanastronaut.org. ou en http://www.esa.int/esaCP/SEMJBQWWVUG_Spain_0.html


Feito por Yurema Seara Núñez 2ºB