Na ciencia tamén hai tramposos
Afortunadamente os investigadores tramposos son unha excepción pero hainos polo que existen comités de ética encargados de dar con eles. En que consiste o engano? Plaxiar artículos escritos por outros, publicar fotografías copiadas de traballos doutros ou mesmo apropiarse do descubrimento feito con anterioridade por outros colegas. O caso máis rechamante foi o do surcoreano Hwang Woo-Suk que no ano 2004 anunciou que clonara embrións humanos comprobándose despois que se basaba en datos falsificados. Por que o fan? Non é xustificable pero ás veces a presión por publicar en revistas científicas de prestixio é a razón que move ao engano a algúns científicos pois diso dependerá que se financie o seu traballo ou non. No noso país temos algúns casos sendo o máis famoso o caso do veterinario Jesús Angel Lemus que publicou moitísímos artículos con datos inventados. Todo parecía ser correcto ata que outros investigadores fixeron os mesmos estudos pero de forma paralela observando que os resultados eran radicalmente distintos.O comité de Ética do CSIC decidiu investigar chegando a cuestionar 24 das publicacións editadas. En Galicia temos o caso de Juan Carlos Mejuto, catedrático da Universidade de Vigo, que foi acusado de plaxio por reproducir frases enteiras de estudos publicados por investigadores chineses. El afirmou que se trataba dun simple erro informático. Outro caso curioso é o de Baltasar Rodríguez Salinas que aseguraba poder probar a existencia de Dios mediante unha fórmula matemática. O traballo foi publicado na Revista da Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas e Naturais. Nunca houbo unha rectificación. E segue na revista. Porque, seguindo a liña do que pasa neste país, non pasa nada.
Así pois o labor do Comité de Ética do CSIC é moi importante aínda que normalmente traballa só con casos relacionados co organismo do que depende pero agardemos que o seu traballo sexa cada vez menor pois iso significa que a figura do tramposo científico é excepcional.
Muy Interesante
Brais Casas Fernández