Unha estrela máis grande có Sol,
colapsou fai uns miles de millóns de anos; seguramente converteuse nun burato negro. Pero aquela luz da explosión chegou agora ós telescopios terrestres
especializados en detectar e observar estes fenómenos no ceo. É o destello máis
brillante de raios gamma (GRB, nas súas siglas en inglés) detectado ata agora,
afirman os expertos. Está relativamente preto á Terra, en tempos cosmolóxicos,
xa que a súa luz recorreu unha distancia de 3.700 millóns de anos ata nós. Un dos equipos
científicos que estudaron este excepcional fenómeno valóranno de “monstruo
preto” no título do seu artigo científico que se publica en Science nesta semana, xunto con outros
traballos sobre a mesma explosión de raios gamma, que foi detectada o pasado 27
de abril mediante observatorios no espazo.
“Normalmente, detectamos os GRB a
maior distancia, o que significa que se ven moi tenues, pero neste caso o
destello prodúxose a unha cuarta parte do tamaño do universo observable, así
que foi moi brillante”, sinalou Paul O’Brien, astrónomo da Universidad de
Leicester (Reino Unido). “Nesta ocasión xenerouse tamén unha
supernova, algo que non se rexistrara xunto cun potente GRB, e estamos a
descifrar o fenómeno”, di nun comunicado da súa universidade. “O feito de poder
ver un brillante destello a un cuarto do universo é realmente coma traernos á
casa o poder destas explosións”, añadiu Nial Tanvir, outro investigador que
estudou este fenómeno concreto.
Os destellos de raios gamma son
frecuentes no ceo: aproximadamente un centenar ó ano rexistra o satélite Swift, da NASA, posto en
órbita no 2004 precisamente para detectar estes fenómenos fugaces e que viu o
“monstruo” do pasado abril. Para esta vixilancia científica é imprescindible
colocar telescopios no espazo porque, afortunadamente para a vida na Terra, a
radiación de raios gamma tan perxudicial para os organismos vivos, é absorbida
pola atmosfera. Neste caso, o primeiro en detectar a explosión foi o FermiGamma Ray Space Telescope (Universidad de
Stanford y SLAC).
A potente
explosión de abril, denominada GRB 130427A, foi tan brillante que descoloca ós científicos.
A teoría máis aceptada para describir un GRB como este, establece que estes
fenómenos prodúcense en explosións máis enerxéticas que se dan no cosmos, cando
unha estrela masiva colapsa sobre si mesma e explota. Estas colisións lanzan
chorros de partículas que viaxan case á velocidade da luz e, como a presión,
temperatura e densidade do chorro non son uniformes, provocan ondas de choque.
A medida que o chorro sae, choca co medio interestelar provocando máis ondas de
choque.
O
problema é que un fenómeno tan extremo como o GRB 130427A non encaixa ben cós
niveis de enerxía e procesos físicos da teoría. Por iso os científicos están interesados
en desvelar como se producen os destellos de raios gamma, precisamente para
afinar os seus coñecementos teóricos, e non teñen máis remedio que estar pendentes
dos que se producen no ceo porque non poden reproducilos no laboratorio. A explosión
de abril potente e preta, foi unha oportunidade espléndida.
No
momento no que un telescopio en órbita detecta no ceo un destello de raios
gamma, dispárase a alerta para que os telescopios en todo o mundo, en terra e no espazo, poidan seguir a evolución do fenómeno. A explosión pode durar menos
dun minuto, pero o resplandor subseguinte dura máis tempo, entre uns poucos
días e varias semanas. “No caso de GRB 130427A, o destello foi tan potente que
observamos o resplandor remanente durante varios meses”, sinala Daniele
Malesani, do Instituto Niels Bohr (Universidad de Copenhague). “Analizando
a luz do resplandor podemos estudar a súa composición, o que nos fala das
propiedades da estrela orixinal, o que atopamos é que era una estrela xigante cunha
masa que estaría entre 20 e 30 veces a do Sol, en rápida rotación e cun tamaño
de solo 3 ou 4 veces a solar, así que era extremadamente compacta. Estas
estrelas denominanse Wolf-Rayet”, continúa este experto. Tamén, estes
astrónomos foron capaces de localizar no ceo, en observacións previas, a estrela
que explotou.
David Serantes Grinión 1º Bach. D