Para a información sobre os seres vivos están sendo
un xerador importantísimo as técnicas de
secuenciación xenómica e os estudos de xenómica comparativa. Estase tratando de
dar respostas a moitas das preguntas que hoxe en día aínda non as teñen, para
iso diferentes proxectos tratan de deseñar o ADN humano e doutras
especies para poder coñecer a súa base molecular. Ainda que o efecto na
sociedade tardará anos, esta semana publica a revista Nature cinco estudos
que serán un referente para moitos científicos de todo o mundo.
Son estudos elaborados a partir de dous proyectos
científicos:
- o ENCODE (2003) establece a enciclopedia dos elementos do ADN humano.
- o modENCODE(2007) xera un catálogo dos elementos funcionais da mosca da fruta e do xenoma do gusano.
Estos dous proxectos
añadiron datos das tres especies que foron moi estudiadas en investigación e moi distantes na evolución.Ambos han sido
financiados polo Instituto
Nacional de Investigación del Genoma Humano, que forma parte dos Institutos
Nacionales de Salud de Estados Unidos.
Descubriuse
nun estudio comparativo un patrón xenético de expresión das tres especies,
particularmente dos xenes involucrados no desenrolo, neste estudio
utilizaronse mais de 67.000 millóns de secuencias xenéticas.
Según
explica a El Mundo Sarah Djebali co-autora deste traballo e investigadora no
Centro de Regulación Genómica en Barcelona "O que encontramos son un
conxunto de xenes que parecen funcionar ao mesmo tempo en cada animal no seu
desenrolo embrionario e de manera común. Esto confirma una hipótese que había sobre o tema, que
establecía que hai un momento no desenrolo embrionario onde a expresión dos
xenes é igual en todos os animais. Serían como os xenes que son a base da
vida"
Desta
forma moscas, gusanos e homes comparten
programas de apagado e encendido de xenes dunha maneira coordinada, é dicir,
utilizan un patrón como método para expresar xenes que ademáis de funcionar en
paralelo con cada unha delas son necesarios para o desenrolo.
Para
poder aplicar ese coñecemento a mellorar a comprensión da bioloxía humana e das
enfermidades, os investigadores tendrán que aprender as reglas da expresión
xenética a medida que os organismos van desenrolandose.
Por
outro lado, o grado de activación dos xenes para fabricar proteínas ou non
podería predecirse en función dos características da cromatina e das histonas. Segundo
explica Djebali "As histonas son
proteínas que axudan a compactar ao ADN, é dicir, a empaquetalo de tal maneira
que poida caber no núcleo da célula. As modificacións nas histonas -o epigenoma-
son moi importantes tamén na expresión dos xenes. Descubrimos
que podemos predecir a expresión dos xenes a partir da actividade das histonas"
Descubriuse
que hay zonas do ADN que conteñen moita actividade e no que está involucrado un
tipo de ARN que non se coñecía ata agora. Djebali sosten que ainda non se sabe
moi ben como funcionan as proteínas encontradas; unha vez que se
sepa entederemos como funciona o ARN.
Eric
Green(director do Instituto Nacional de Investigación del Genoma
Humano) afirma que todo o coñecemento logrado ata agora axuda de gran
maneira a mellorar os nosos coñecementos sobre a bioloxía humana.
O traballo destes dous proyectos da
para moito mais. Estos estudios van dende análisis mais profundos dentro dunha
ou mais especies, a métodos de desenrolo ou investigacións sobre procesos biolóxicos
particulares.
Nuria Vila Seijas Nº30 1ºBach-D