jueves, 11 de octubre de 2012

O Yoda submariño


No último número da revista Invertebrate Biology descríbese unha nova especie de verme submarino, descuberta nunha expedición científica nas profundidades do Atlántico (a 2’8 km de profundidade) entre Islandia e as Azores. Déuselle o nome de Yoda Purpurata polo seu parecido ó famoso personaxe da Guerra das Galaxias, saga cinematográfica do coñecido director George Lucas.
Este nome é causa das semellanzas entre as orellas do mestre Yedi e os longos labios deste verme. Como o seu propio nome indica, é de cor púrpura avermellado e non verde como Yoda.
Pero o importante deste descubrimento non son estas similitudes, senón que da unha certa idea da evolución dos vertebrados, según o profesor Monty Priede, da Universidad de Aberdeen.
Como dato interesante, non é a primeira especie que recibe o nome dun famoso: Caloplaca obamae (liquen cun nome relacionado con Barack Obama), Aegrotocatellus jaggeri (Trilobites: Mick Jagger), Gnathia marleyi (Parasito: Bob Marley), Goetheana shakespearei (Avespa: Goethe e William Shakespeare), Scaptia beyonceae (Tábano: Beyoncé), Agra katewinsletae (Escaravello: Kate Winslet), … E moitos outros relacionados con George Bush, Adolf Hitler ou Robert Bakker (paleontólogo estadounidense).


Enlaces:
http://www.muyinteresante.es/diez-especies-con-nombres-de-personajes-famosos

Antía Quintana Gallego, 1º Bacharelato A

Serge Haroche e David J. Wineland gañan o Nobel de física 2012 ao "domesticar" os átomos e a luz.

Revolucionarios métodos experimentales permiten a medición e a manipulación de sistemas cuánticos individuais. Serge e David Logran manipular fotones coma ninguén antes o deu feito e os seus experimentos permiten facer medicións inéditas en física cuántica ao conseguir atrapar esas particulas de luz entre dous espellos e medir o seu comportamento se destruilos. Os seus innovadores métodos axudan a que este campo de investigación dea os seus primeiros pasos para a fabricación dun novo tipo de ordenador súper rápido basado na física cuántica e máis seguro xa que será moito máis fácil detectar calquera intrusión que con actual sistema de bits. É probable que o ordenador cuántico modifique a nosa vida diaria neste século da mesma forma radical na que o fixeron os ordenador clásicos do século pasado.
Tamén permiten a fabricación de reloxes extremadamente precisos que funcionan con iones e que poderían convertirse na base futura dunha nova medida do tempo, cunha precisión cen veces superior a dos reloxos de cesio de hoxe en día.
Dende fai  moito tempo, a xente estaba intentando pensar que é o que dice a física cuántica cando falamos dunha soa partícula, dúas ou tres partículas, pero eso
era imposible velo experimentalmente. Serge e David conseguiron poder aislar un átomo, dous ou tres, e ver como se comportan e fixérono de acordo coas leyes extrañas da física cuántica.

Fontes de información: http://www.rtve.es/noticias/20121009/serge-haroche-david-wineland-premio-nobel-fisica-2012/568750.shtml
http://www.elmundo.es/elmundo/2012/10/09/ciencia/1349770771.html
http://www.abc.net.au/science/articles/2012/10/10/3607070.htm

Adrián Dos Ángeles Rodríguez, 1º Bach A