miércoles, 13 de febrero de 2013

Civilizacións intelixentes na nosa galaxia : unha entre 1 millón

2.700 planetas orbitan arredor doutras estrelas fóra do noso sistema solar. Os científicos da Universidade de California pregúntanse se algún deses miles de planetas poderían albergar unha civilización intelixente, parecida a nosa ou máis avanzada. Para responder a esta pregunta utilizaron o Telescopio de Green Bank en West Virginia o cal busca sinais de radio intelixentes emitidas dende algún planeta. Para facer o estudo elexíronse 86 estrelas e escolléronse as que tiñan cinco ou seis candidatos a planetas na súa órbita e tamén as que acollían planetas con condicións similares as da Terra. O telescopio pasou 12 horas recollendo cinco minutos de radiación de cada estrela con un rango de frecuencia baixo, despois buscou sinais de alta intensidade que so se poden producir de maneira artificial, é dicir, por unha civilización intelixente.
De momento non se atoparon sinais, pero os científicos calcularon que unha entre 1 millón de estrelas da nosa galaxia pode ter un planeta no que habite unha civilización avanzada capaz de transmitir sinais de radio detectables. A probabilidade parece baixa, pero non o é , xa que incluso con estas posibilidades poderían existir millóns de civilizacións avanzadas na nosa galaxia.

Adriana Canto Calviño
Fontes :

http://www.abc.es/ciencia/20130209/abci-civilizaciones-inteligentes-apenas-entre-201302081714.html

Os australopithecus afarensis "Selam" e "Lucy" eran arborícolas.

Recreación de "Selam" e "Lucy".

Unha cuestión na que os científicos parecen non porse de acordo é, vivían exclusivamente no chan e camiñaban como cualquera de nós ou repartían seu tempo entre dous mundos e seguían trepando ós árboles coma monos? Un equipo de paleontólogos da Universidad Midwestern e a Academia de Ciencias de California presenta na revista "Science" o análisis dos omóplatos doutro conocido individuo da especie, «Selam», para intentar acabar co debate. Según os investigadores, o fósil mostra rasgos moi simiescos, o que suxere que nosos ancestros tardaron moito máis do que se creía en deixar de colgarse das ramas.
Hombreiros de "Selam".



Os científicos examinaron a fondo os omóplatos da pequena «Selam», que morreu probablemente nunha inundación fai 3,3 millóns de anos cando ela tiña só 3, e cuxos restos foron encontrados no ano 2000, no xacimento etíope de Dikika, en Hadar. A extracción dos ósos do resto do esqueleto, encerrado nun bloque de pedra arenisca, foi especialmente laboriosa. «Debido a que os omóplatos son finos como un papel, rara vez fosilizan, e cando o fan, casi sempre se fragmentan», explica Zeresenay Alemseged, descubridor de «Selam». 
Omóplato dereito de "Selam".

O análisis da forma e función dos ósos revelou que os omóplatos do A. afarensis teñen os rasgos dun escalador activo, rasgos que tamén se encontran nos monos modernos, pero non nos seres humanos. Os investigadores observaron que os hombreiros de «Lucy» teñen a mesma forma que os da nena, o que, según súas conclusións, demostra que trepar e balancearse nas ramas dos árboles seguían sendo unha parte importante da súa estratexia de supervivencia. A investigación contradice outra publicada en 2011 na mesma revista que decía que a especie, dun metro de altura, aspecto de chimpancé e un cerebro un tercio do noso, era           exclusivamente camiñante.
Fonte de información:
Carlos Álvarez Sabucedo, 1ºBach. A.

Fin da discusión: Un meteorito acabou cos dinosauros


Unha agrupación de científicos de varias universidades acaban de publicar na revista Science, un estudo que vai deixar resolta a polémica aberta dende fai máis de tres décadas sobre a desaparición dos dinosauros: a extinción destes animais coincidiu no tempo co impacto dun gran meteorito contra a Terra.

A primeira hipótese sobre a desaparición dos dinosauros remóntase a 1980, cando Luís Álvarez, de orixe español, xa falecido Premio Nobel en Física, e o seu fillo Walter, da Universidade de Berkeley atoparon que, nos estratos xeolóxicos de varias rexións do mundo que marcan o límite xeolóxico K-T (Cretácico e Terciario), había unha capa fina de iridio que só se atopa en determinadas clases de meteoritos e concluíron que un enorme asteroide tivo que impactar contra a Terra. Esta conclusión foi apoiada máis tarde, cando nunhas prospeccións petrolíferas en Yucatán (Golfo de México), descubriron un cráter submarino de 180 km de diámetro aproximadamente, datado de fai 65 millóns de anos, que sería o candidato perfecto para ser o responsable da capa de iridio que envolveu ó planeta.
Tras este achado comezou o debate para comprobar se o impacto do meteorito e a extinción dos dinosauros coincidían no tempo.
En 1993, outro equipo de Berkeley, fixo unha primeira aproximación de que ambas datas coincidían, pero segundo revisións actuais daquelas datacións, a extinción dos dinosauros producírase 180.000 anos antes que a caída do meteorito.
Recentemente, o equipo de investigadores do Centro Xeocronolóxico de Berkeley (BGC) da Universidade de California, ó mando de P. Renne, xunto con científicos de Holanda e Reino Unido, determinaron cunha exactitude sen precedentes a data do impacto do meteorito: 66.038.000 anos, que é a mesma dentro dos límites de error que a data da extinción, polo que se entende que ambos acontecementos foron simultáneos.


Empregando a técnica de datación argón-argón, dataron con gran exactitude unha serie de tectitas (pequenas esferas cristalinas formadas nos impactos) achadas en Haití. Logo dataron as cinzas volcánicas de Hell Creek (Montana), un lugar moi rico en fósiles de dinosauros. Só 11.000 anos diferenciaban ambas datacións. A sincronización de ambas  datas, a de colisión e a de extinción,  fainos concluír que un gran asteroide tivo un papel moi importante na desaparición dos dinosauros. Pero sinalan que non foi a única causa. Unha variación esaxerada no clima durante os últimos millóns de anos, con tempo largo e frío en medio dun ambiente de invernadoiro, puido iniciar a extinción desta especie, que acabaría rematada co impacto do meteorito.


FONTES DE INFORMACIÓN