miércoles, 26 de febrero de 2014

Desenterran un varamento masivo de baleas de fai 9 millóns de anos

Os varamentos masivos de baleas intrigaron ao mundo dende os tempos de Aristóteles. Na actualidade, estes sucesos poden ser investigados e as súas causas foron relacionadas moitas veces coa actividade do ser humano. Sen embargo, un equipo de científicos chilenos e da Institución Smithsonian (EE.UU.) examinaron un antiguo cemeterio de mamíferos mariños no deserto de Atacama, no norte de Chile, o primeiro exemplo confirmado de varamentos masivos repetidos no rexistro fósil. O sitio reflexa catro varamentos distintos ocurridos fai entre 6 e 9 millóns de anos, por unha causa repetida: algas tóxicas.
O sitio foi descuberto por primeira vez en 2010 durante as obras dun proxecto de ampliación da Carretera Panamericana. Un ano despois, os paleontólogos examinaron os fósiles e rexistraron o que quedaba antes de que o xacemento, chamado «Cerro Ballena», fora pavimentado.
Según publican na revista Proceedings of the Royal Society B, o equipo documentou os restos de dez tipos de vertebrados mariños. Ademais dos esqueletos de máis de 40 grandes baleas barbadas que dominaron o lugar, foron documentados os restos dunha especie de cachalote e dunha balea-morsa, ambas xa extinguidas. Tamén encontraron esqueletos de peixes picudos, focas e osos perezosos acuáticos.
Pero o que máis intrigou aos investigadores foi como os esqueletos estaban organizados. Preservados en catro niveles diferentes, parecía que todos habían chegado alí por unha causa repetida e similar. A orientación e as condicións dos esqueletos indicaban que os animais morreron no mar, antes de quedar enterrados nun humedal costeiro. 


Desentierran un varamiento masivo de ballenas de hace 9 millones de años   


Fontes: http://www.abc.es/ciencia/20140226/abci-desentierran-varamiento-masivo-ballenas-201402261041.html


                                                                     Martín González Fernández 1º bach A