sábado, 6 de noviembre de 2010

A relixión non é ciencia


A crencia en Deus é unha opción persoal,
non é unha cuestión científica.
Stephen Hawking no seu novo libro "O gran deseño" descarta a existencia de Deus para explicar a orixe do Universo. Hawking renuncia así ás súas opinións anteriores expresadas na súa obra 'Unha Breve Historia do Tempo', na que suxería que non había incompatibilidade entre a existencia dun Deus creador e a comprensión científica do universo.


Stephen Hawking


Sen embargo outros científicos non teñen a mesma opinión, así Francisco Ayala, xenetista e biólogo molecular nacido en Madrid 1934 e que traballa no Estados Unidos afirma: a ciencia non está reñida coa relixión e dice 'Deus non é necesario para explicar a orixe do universo e da vida, pero aun así pódese crer nel'



Francisco Ayala



Editado por Carmen Cid Manzano

Como reacciona o noso cerebro cando nos namoramos?

O amor... Hai poucas cousas na nosa vida ás que lle demos tantas voltas na nosa cabeza, así que non é estrano para nada que a Ciencia tamén se encarge dos efectos que provoca o amor no noso cerebro para que sexa algo con tanto valor para nós.


Investigadores da Escola de Medicina da Universidade de Stanford aseguran que os sentimentos que provocan as paixóns amorosas poden ser incriblemente eficaces para aliviar a dor, posto que está científicamente demostrado que teñen un poder calmante similar ós analxésicos e incluso provocan os mesmos efectos que a cocaína, iso sí, á hora de falar do amor podemos engadir que en cambio este sentimento sí é algo saudable para nós.

O mito de Cupido é algo máis que iso; un equipo internacional de científicos asegura que o amor pode ser fulminante. Explican que tardarmos un quinto de segundo en namorarnos: Ó parecer, cando caemos rendidos polos encantos doutra persoa, doce áreas do noso cerebro traballan conxuntamente para liberar productos químicos que producen a euforia, como é o caso da dopamina, a oxitocina e a famosa adrenalina.

Non vos parece realmente incrible que un tema supostamente tan apartado e tan complexo ó que lle damos tantas voltas diariamente o resolva a Ciencia falando de cousas que nin imaxinaríamos? Efectivamente, a Ciencia nunca deixará de sorprendernos!

Como temas relacionados, tamén se está a estudar a sexualidade tanto nos homes como nas mulleres dende o punto de vista científico. Ver máis

Lucía Rodríguez Rodríguez 1ºB

Un fosil vivente

O celacanto é un peixe de aletas lobuladas, con dimesións de ao redor de 1,50m e 60 Kg de peso, que se cría extinguido dende o período Cretácico, ata que no ano 1938 descubriuse un exemplar vivo en Sudáfrica.


Xunto cos peixes pulmonados, son os seres vivos mariños mais cercanos os vertebrados terrestres. Apareceron fai 400 Millóns de anos é ainda estan vivos algo que os fai moi importantes para historia da evolución dos seres vivos, aínda que istos exemplares son bastante distintos aos primitivos.

Este animal é carnívoro vive nas profundidades mariñas, o que resultou un gran problema para a sua captura e resulta dificultoso o seu mantemento pois chegan a a morrer polo cambio de presión.

Non se sabe moito desta especie, pois so teñen datos de dous exemplares, o que dificulta o seu estudio, por exemplo nestes momentos non se ten ningún dato seguro ao 100% da súa reproducción. Pensase que non alcanzan a madurez sexual ata os 20 anos e que son ovoviviparos. O seu período de xestación é de 13 meses, tras os cales a fémia dá a luz arredor de 5 é 25 crías, o suficientemente desenvolvidas coma para que non necesiten axuda da nai durante os primeiros meses de vida.

Debido a súas singulares características é unha especie en peligro de extinción, e necesario coidar dela, para intentar que non desapareza pois é un exemplo claro da evolución de moitos seres vivos.
Aitor López Domínguez 1º Bacharelato B

http://www.babab.com/no01/celacanto.htm

viernes, 5 de noviembre de 2010

A invisibilidade faise real.

Agora xa non se trata da imaxinaria capa que te fai invisibel, de Harry Potter. Agora estase a pique de facerse real!!

No pasado xa se tiñan desenvolto traballos de este estilo, pero nunha Universidade do Reino Unido fíxose verdade.

Os atomos dos meta-materiales teñen que ser moi pequenos para poderse producir na superficie da roupa por este motivo non se lograra anteriormente. Pero agora unhas membranas flexibles deste material que permite liberar estos atomos pola superficie. A unión de ditas membranas produce un texido intelixente que é o primeiro paso para facer unha "capa de invisibilidade".


Para ler a noticia completa: aquí

Coral Real Llamas. 1º Bacharelato B

Atopado o fósil dun delfin que viviu fai dous ou tres millons de anos.

O pasado dos mares é moito máis escuro ca o terrestre, tanto que en 2008 un mariñeiro holandés Albaert Hoekman, mentres navigaba polo Mar do Norte, pescou unha peza moi peculiar (un óso premaxilar); Despois de varias investigacións, dous científicos do museo de Historia Natural de Rotterdam identificarono coma un fósil dun antecesor dos actuais delfíns ( pola súa forma similar, mais cunha cabeza moi singular, "en forma de globo") que viviu fai dous ou tres millons de anos.




Clasificárono na familia dos delfínidos, e identificárono como Platalearostrum hoekmani, en honor ao pescador.






Uxía Rodríguez Rodríguez 1º Bach A

Recordando o día da Ciencia en galego








Xabier Cid Vidal co profesor de Física Ricardo Escudero e as profesoras do depatamentos de Bioloxía: Conchita, Mª Xosé, Lilí e Mª Carmen



España abre o primeiro laboratorio do mundo en crear órganos BIOARTIFICIAIS para transplantes




Fai un par de días saíu nos medios de comunicación unha asombrosa noticia que para moitos pode ser bastante ilusoria. No Hospital Gregorio Marañón de Madrid, acábase de inaugurar o primeiro LABORATORIO DO MUNDO en fascinantes técnicas de medicina rexenerativa. Despois do éxito obtido en animais, adicarase á creación de órganos bioartificiais para transplantes, como corazóns e fígados humanos. A técnica que están a desenvolver basease en limpar mediante deterxentes unha masa de coláxeno que antes era do corazón dun cadáver, para desfacerse das células do donante. Con este proceso de "lavado", é posible obter unha matriz ou andamiaxe celular e eliminar todo o contido celular, para logo poder cambialas polas celulas nai de pacientes sans.
No caso de que este proxecto culmine exitosamente e se obteñan resultados, dentro de dez anos, as novas células que se lle insertarán ao corazón xa serán as do paciente receptor do transplante, é dicir, dipoñerase de O PRIMEIRO CORAZÓN BIOARTIFICIAL para transplantar. Así mesmo, minimizaranse considerabelmente os casos e probabilidades de rechazo e o problema da escasez de órganos doados ós hospitais.

Neste laboratorio que participan tanto expertos españois como estadounidenses, quedan moitas incógnitas por resolver pero supón unha oportunidade revolucionaria para a medicina, sen dúbida un grandioso reto e posible logro sen precedentes.








Eva Rguez.Casas 1ºBacharelato B.

jueves, 4 de noviembre de 2010

Mar Capeans Garrido

Esta compostelá de 41 anos, foi a primeira española que formou parte do equipo permanente do CERN e que participa de cheo no proyecto de LHC, o gran colisionador de Hadrones:
Licenciouse en Física na Universidade de Santiago de Compostela en 1988 e uns meses despois mandou o seu curriculum o CERN a traves dun programa para estudantes, e deu de cheo no que marcaría o seu futuro profesional. É doctora en Física e traballa no CERN dende hai 16 anos.

En varias entrevistas preguntáronlle se lle custou moito chegar ata conseguir un posto fixo no CERN, ela contexta con toda seguridade que sí, que é moi dificil, que hai moi poucos e hai moita competencia. Antes de ser fixa foi foi pasando por distintas labores como por exemplo contribuir no deseño do ATLAS, un dos máis grandes colisores do LHC. Agora compaxina as tarefas de coordinación coa posta de proxectos de I+D (investigación e desarrollo) para un futuro.
Tamén afirma que encontrou dificultades por ser muller, que custa máis facerse ver.
Esforzouse aínda que recoñece ter sorte por empezar a traballar cun premio Nobel, nun laboratorio internacional, e que ten sorte agora de poder traballar en algo que lle gusta realmente.
Dubidou entre a Física e Arquitectura e di "O final escollín a Física pola simple razón de que podía estudiala en Santiago, e se me chegase a decantar pola arquitectura, podería estar no paro."

Aconsella aos xóvenes que soñan con dedicarse á ciencia e di "debedes aprender ben matemáticas, inglés, e escoller unha materia que vos guste e aproveitar as oportunidades da Universidade".

Esta muller GALEGA, divorciada e cunha filla, marcou un principio e un fin no papel de España no CERN.


Se tendes curiosidade por saber máis.



Feito por Uxía Rodríguez Rodríguez, 1º Bach A

María Soengas, galega reveladora no campo dos melanomas.

María Soengas naceu en Agolada (Pontevedra) en 1968. Estudiou Bioloxía na Coruña e, en Madrid, especializaouse en Bioloxía molecular. Pouco despois doutorouse (con honores de primeira clase) en Mecanismos de Replicación de ADN no centro de bioloxía molecular Severo Ochoa. Con 29 anos tivo que marchar de España ao laboratorio Cold Spring Harbor en Nova York. Alí foille asignado o papel de estudiar a apoptosis (suicidio controlado de células) como método para a eliminación de tumores, especialmente melanomas. No 2002 xa era coñecida polos seus traballos e trasladouse ao Departamento de Dermatoloxía da Universidade de Chicago para desenvolver un programa de investigación sobre o melanoma. Grazas ó seu esforzo descubríronse novos mecanismos moleculares referidos ao cancro de pel, o seu progreso e a resistencia que ofrece o tumor á quimioterapia.
Actualmente María Soengas traballa para o CNIO (Centro Nacional de Investigacións Oncolóxicas) onde busca usar as súas investigacións de laboratorio con fines clínicos (descubrir marcadores da enfermidade para o desenvolvemento de diversos fármacos) .
Ademáis de todos os honores anteriores, Soengas recibiu diversos premios e becas entre os que destacan: o premio Académico de Ciencias Biomédicas da Universidade de Michigan, premios da Fundación Americana de Dermatoloxía e outras fundacións contra o cancro. No campo galego, a Xunta otorgoulle o premio María Josefa Wonenburger o 14 de decembro de 2009.
Os estudios de Soengas foron reveladores para o estudo do melanoma, pero como case sempre, a falta de fondos impidiu chegar ás fases de experimentación que se tiñan pensado para o proxecto. Nada máis que dicir desta gran muller que demostra o lonxe que se pode chegar na ciencia aínda que para conseguir aplicacións falten cartos.

Juan Ozaita Corral, 1º Bacharelato A

Ánxel Carrecedo, científico galego con máis posibilidades ó premio Nobel

Estou moi contenta de que sexa eu quen publique a entrada sobre este gran científico, dende agora o meu maior exemplo a seguir, xa que a min gustaríame ser médica, especializarme en medicina forense, en investigación e chegar tan lonxe coma el.
Angel Carracedo é natural de Santa Comba (A Coruña). Licenciouse en Medicina con Premio Extraordinario e catro anos máis tarde obtivo o doutorado, tamén con premio extraordinario. Dende 1990 é catedráctio de Medicina Legal e, tamén dende ese ano, forma parte do consello da Sociedade Internacional e Xenética Forense, entidade que preside dende 1999.
O Doutor Carracedo desenvolve a maior parte da súa carreira profesional no Instituto de Medicina Legal (IML) de Santiago, que dirixe na actualidade. Este centro é un referente mundial no campo da xenética forense e na xenética molecular clínica.
Este científico recoñecido mundialmente destaca polas súas investigacións no campo da xenética aplicada, principalmente no campo da medicina forense. Tamén destaca como formador de investigadores de numerosos países. Dirixiu 28 teses doutorais, todas coa máxima cualificación.
Escribiu 7 libros e realizaou máis de 300 publicacións, a maioría delas en revistas internacionais.
Galiza é, en parte grazas a Carracedo, centro de referencia na xenética forense. Actualmente o equipo no que traballa quere liderar as últimas tecnoloxías e está a desenvolver chips de ADN para análise de investigación criminal. No campo da medicina xenómina están a desenvolver chips de ADN para identificar a posibilidade que ten unha persoa de herdar unha determinada enfermidade (empezando polas enfermedes mentais e polo cancro de mama).
Ademais de en España, Carracedo imparte conferencias en toda Europa, Xapón, Estados Unidos e Iberoamérica. No seu amplo currículo, ademais de ser presidente da Sociedade Internacional de Xenética Forense, é vicepresidente da Academia Internacional de Medicina Legal, membro permanente do Grupo Europeo do ADN e da Comisión do ADN do Instituto Nacional de Xustiza de Estados Unidos, Carracedo coordina a rede da Unión Europea de Standarización do ADN e da Rede Iberoamericana de Xenética Molecular Aplicada á Medicina forense.
Das tres universidades galegas é o profesor mellor colocado para gañar o Nobel de Medicina. O seu traballo constante, meticuloso e rigoroso fixéronlle merecedores de importantes distincións, tanto a nivel nacional como internacional. Entre outras, Carracedo foi premiado pola Academia médico-cirúrxica, a Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia, a Fundación Caixa Galicia, a Fundación Frontela de Medicina Legal, a Sociedade Escandinava de Medicina Forense, o Grupo Hematolóxico forense italiano e outras sociedades científicas. Pero non só destaca como gran científico senón tamén pola súa gran dimensión humana e espírito humilde, aberto e emprendedor. Nunca se atribúe méritos propios, persoas que o coñecen o cualifican como unha persoa extraordinaria pola súa sabedoría e humanidade. Un día que veu o noso instituto a dar unha conferencia, contouelle a nosa profe Carmen que quixera ser fareiro pero que a súa nai sacoullo da cabeza... Se houbese medallas como nas olimpidas a Angel Carracedo teríanlle que dar a de ouro como científico e como persoa. (afirma a nosa profe).
Pequena reflexión persoal: eu realmente quedei abraiada con este científico, con todo o que fixo e o que fai. É un referente para o min e tamén para toda a xente da miña idade, é un exemplo do lonxe que podemos chegar. O preocupante é, porqué a xente non sabe nada deste científico nin de todos os grandes científicos galegos e españois que hai como el. Estas persoas revolucionan o noso mundo, os seus traballos inflúen moito máis do que pensamos na nosa vida. Non obstante todo o mundo sabe quen é Belén Esteban e na television nos bombardean con programas lixo inténtannos ensinar unha realidade que non existe. Se sabemos quen é Zapatero ou Rajoy, tamén temos que saber quen é ANXO CARRACEDO ALVÁREZ.

Angel Carracedo defende a lingua galega.


Feito por María Isabel Limia Pérez 1º Bacharelato
Máis información en :

Miras Portugal, primeira Presidenta da Real Academia Nacional de Farmacia

Hoxe, o día da ciencia en galego, realizamos unha pequena homenaxe a científica galega Teresa Miras Portugal.
María Teresa, naceu no Carballiño en 1948. Casada e con dous fillos destacou no mundo da ciencia aínda cando só homes o facían, por iso é un exemplo para as mulleres.
Licenciada en Farmacia con Premio Extraordinario e Premio Nacional fin de carreira. Con felicitación do xurado e cualificación de Très Honorable na súa tese Doutoral baseado no enzima de síntese de noradrenalina en humanos. Recibiu numerosos premios entre eles o Premio “María Wonenburger” e o Premio da CEOE de Investigación en Ciencias.
Dirixiu máis de 17 teses doutorais e 5 doutoramentos europeos. Leva publicado máis de 200 traballos dos cales 190 en revistas estranxeiras.
No ano 2007 converteuse na primeira muller elixida como Presidenta da Real Academia Nacional de Farmacia. E neste ano volveu a ser reelixida por tres anos máis.


Actualmente é catedrática de Bioquímica e Bioloxía Molecular na Universidade Complutense de Madrid e é membro da Sociedade Española de Biofísica, a Sociedade Española de Bioquímica, a Sociedade Española de Neurociencias e a Sociedad Europea de Neurociencias.



Andrea Gerpe Acosta, 1º Bacharelato A

Unha destacada científicas ourensá

María Martinón Torres é unha paleontropóloga licenciada en Medicina e Ciruxía pola Universidade de Santiago de Compostela que forma o grupo de traballadores do CENIEH (Centro Nacional de Investigación sobre a Evolución Humana).
Dende o ano 1998 pertence ó Equipo Investigador dos xacementos de Atapuerca (Burgos), onde estuda homínidos como obxeto da súa tésis doctoral. O seu traballo diario baséase fundamentalmente nas liñas de investigación de paleobioloxía dos homínidos do Pleistoceno, estudiándoos a partir dos seus restos fósiles atopados; na evolución morfolóxica do aparato dental, (concretamente en filoxenia, sistemática e escenarios evolutivos das especies de homínidos do Pleistoceno, con especial énfasis evolutiva de Europa), na antropoloxía médica e forense, e na Paleopataloxía, que é o estudo da saúde e das enfermedades de especies humanas no pasado.





Lucía Rodríguez Rodríguez 1ºB

Beatriz de Carlos, unha muller que apostou forte.

Beatriz de Carlos é unha científica que conseguiu traballar como investigadora e profesora na Universidade de Southampton (Reino Unido). É licenciada en Física e dedícase a Física teórica, traballa fundamentalmente na busca dunha adecuada cohesión das catro dimensións da teoría-M, con especial atención entre outras cousas na estrutura do vacío. Tamén investiga na cosmoloxía de partículas, querendo encontrar unha posible explicación baseada na física de partículas á enerxía oscura.
Actualmente está impartindo dous cursos de grado e un de postgrado no segundo semestre na devandita universidade. Conta con numerosos traballos e publicacións de gran nivel e importancia para a comunidade científica, podedes atopalos no seguinte link:
No seguinte vídeo, fálanos da súa relación tanto persoal como sobre todo laboral co galego, e da importancia que ten para ela no seu traballo:






Se queredes saber máis dela, aínda que esté en inglés, non vos perdades a opción de visitar o seu blog, que ata vos brinda a oportunidade de poder contactar con ela !!
Eva Rodríguez Casas-1º Bacharelato B.

Marcos Mariño, defensor da ciencia en galego

Hoxe día 4 de novembro, con motivo do día da ciencia en galego, temos que lembrar a aquelas persoas que actualmente traballan facendo que a súa ciencia sexa en galego. Éste é o caso de Marcos Mariño.

Marcos Mariño é un fisico teórico galego doctorado na Universidade de Santiago.
A súa especialidade é a teoría de cordas, que intenta describir as partículas elementais pensando que son cuerdas e non puntos.
A súa paixón pola Física comenza con doce anos, cando comezou a ver o progama de televisión Cosmos de Carl Sagan, momento a partir do cal quedou prendado á Física. Ademais sentiu o apoio constante da súa familia dende pequeno para seguir adiante co que máis lle gustaba.
En canto a súa traxectoria profesional, hai que destacar que tras terminar os seus estudos, comenza a súa primeira experiencia no CERN (a organización europea para la investigación nuclear en Xinebra) onde traballa actualmente, pasando seis anos tamén traballando en investigacións nas universidades máis prestixiosas dos Estados Unidos ( Yale, Rutgers e Harvard). Tamén traballou como profesor en Suiza e Portugal.
Marcos, considérase un galegofalante comprometido coas súas raíces, incluso tanto, que chegou a dar conferencias en galego en Xinebra.





Marcos Mariño from SNL_UDC on Vimeo.




Para obter máis imformación:


Tatiana Nespereira Campuzano 1ºB


Un científico galego interesado polos mosquitos




José Manuel Castro Tubío (Santiago de Compostela, 1978), xoven investigador do Servizo de Hematoloxía do Complexo Hospitalario de Santiago. Actualmente traballa no Centro de Regulación Xenómica de Barcelona, adicado exclusivamente a investigación do proxecto sobre o xenoma da leucemia, o único centro onde se estuda este grave tipo de cancro.
Este científico tamén realizou secuenciación do xenoma dos mosquitos transmisores de enfermidades como: dengue, febre amarela, malaria... Realizou esta investigación xunto con case setenta expertos, a partir da súa tesis realizada en Estados Unidos sobre o mosquito Anopheles (transmisor da malaria).

O seu traballo é moi importante xa que este tipo de enfermidades non poden ser tratadas con fármacos, xa que na maioría dos casos non son efectibles ou non poden ser adquiridos pola poboación debido o elevado prezo, calcúlase que arredor duns 5 anos xa se poderán empregar insecticidad específicos para estas enfermidades.

Lorena Yáñez López e Lidia Blanco Otero 1º Bach A



Tarsy Carballas: Unha vida adicada a investigación.

Licenciose en Farmacia e Química, doctorándose asemade en Farmacia. Estudou na Universidade de Santiago, e logo na de Nancy (Francia). Foi a primeira muller académica de Farmacia no Estado Español. Comezou a traballar na década de 1960 no CSIC, investigando en edafoloxía, mantendo na actualidade un campo de investigación sobre solucións para recuperar o chan das áreas afectadas por incendios. Ten máis de duascentas publicacións e unha ducia de libros.
En 2009 recibiu a Medalla Castelao en recoñecemento da súa contribución á cultura galega


Tarsy Carballas (Taboada, Lugo) é un excelente exemplo do papel das mulleres na investigación, un terreo no que, como en tantas outras facetas, foron apartadas e esquecidas. As cousas cambiaron moito no último século, pero as investigadoras seguen sufrindo unha sociedade lonxe da igualdade.

Esta científica galega as veces síntese fustrada porque non se tomen maís medidas contra os incendios, problema que nos afecta a todos, en especial aos galegos. Neste video pódense apreciar tristes sucesos deste ano 2010



Para máis información: Click aqui.
Mario Blanco Cid 1ºA Bacharelato


Abraham Gallas, con nós no día da ciencia en galego!

Abraham Gallas Torreira (Compostela, 1971) doutorado en Física de Partículas e investigador do programa Ramón e Cajal na USC é un dos científicos galegos que están a traballar no CERN e que viviu en primeira persoa a entrada en funcionamento do Gran Colisor de Hadróns.


No centro, Abraham Gallas no CERN


No seguinte enlace podedes ver un vídeo onde Abraham Gallas explica o obxectivo do detector LHCb:



Grupo de científicos da USC no CERN, entre eles o xoven Xabier Cid Vidal que nos fixo unha visita hoxe ao instituto!

Liliana Villar Whyte 1ºBach A

miércoles, 3 de noviembre de 2010

Novo xen de camuflaxe


Estase a estudar sobre a capacidade de camuflaxe por cambio de coloración case inmediata que posúen os peixes, os anfibios e os reptís. Descubriuse recentemente en Estados Unidos por un grupo de científicos o xen “agrp2”, cuxa proteína permite a variación rápida da cor nos peixes, impedindo que se produzan nas células pigmentarias da pel pigmento marrón ou negro e que, en cambio, se produza pigmento amarelo e vermello. De momento trátase dunha concreta característica na troita, no salmón e no peixe cebra. Estamos a falar do terceiro xen dentro da familia dos agouti, dita proteína situada en concreto na glándula pineal, órgano que regula os ritmos diarios de resposta á luz. Nun principio, pensouse que se había atopado a vía que regula o apetito diario, sen embargo, Chao Zhang descubriu que esta proteína estaba implicada nos cambios rápidos da pigmentación que permiten ó peixe adaptarse ó seu entorno.



Para máis información

Para máis información

Lucía Rodríguez Rodríguez 1ºBacharelato B

MISSION EPOXI





A nave espacial Deep Impact/EPOXI da NASA. Estase a precipitar cara ao cometa Hartley 2, mañá dia 4 realizará un voo a unha distancia de só 700 quilómetros.

Hai miles de millóns de cometas no sistema solar, pero esta será apenas a quinta ocasión na cal unha nave espacial voa o suficientemente preto do núcleo como para fotografalo.
As órbitas dos cometas tenden a ser moi alongadas: viaxan moi lonxe do Sol e logo aproxímanse a distancias moito máis pequenas. Cando aconteza o encontro, Hartley 2 estará preto do Sol, o que permitirá que se quente despois de viaxar polo frío e profundo espazo. O xeo do seu núcleo estará a evaporarse furiosamente, lanzando po e chorros de gas.

O núcleo de Hartley 2 é pequeno, ten menos de 1,6 quilómetro de diámetro. EPOXI internarase na coma do cometa. As cámaras da nave espacial tomarán fotografías de alta resolución. permitindo ver os rasgos, que parecen cicatrices, da superficie do cometa: cráteres, fisuras, respiradeiros...

O propósito da misión é solicitar información sobre a composición do núcleo e comparala con outros cometas. Debido a que os cometas pasan moito tempo a distancias moi grandes do Sol, o frío preserva a súa composición química, e dita composicion pode decir moito.




Feito por : Antia Arias Garcia 1ºB





lunes, 1 de noviembre de 2010

Explosión solar no ano 2013

Dende fai uns días aparécenlle ó Sol unha especie de lunares de cor branco, que son signo dun aumento da actividade magnética. Este aumento pode chegar a provocar explosións de radiacións que viaxan a 2000 km/s polo espazo. Prevéese que cara o 2013 o Sol expulse 10 millóns de toneladas de radiación, que ó chegar a Terra provocarían unha tormenta xeomagnética, que inutilizaría as comunicacións e redes eléctricas. Existen antecedentes rexistrados: como un caso da tormenta eléctrica de 1859, que impidiu o uso das liñas de telégrafo durante varios días e contempláronse auroras boreais en latitudes baixas. Quedou rexistrada unha aurora boreal no Diario de Menorca. Cálculase que a tormenta que se avecina deixará sen rede eléctrica a todo EEUU e ministerios de defensa de diversos países que cren que a vulnerabilidad dos países sen rede eléctrica pode ser aproveitada por terroristas.




Estas tormentas son provocadas polas citadas manchas que representan zonas frías na superficie solar ( a uns 5500 º C) provocadas por correntes de convección que se moven a diferentes velocidades que o resto da superficie solar. Estes desaxustes provocan tensións nos campos magnéticos. Pouco a pouco as manchas van en aumento chegando ata o momento do sol de máxima actividade radioactiva e polo tanto a máis perigosa.

Os gobernos deberán ter especial coidado cos satélites que poderían quedar achicharrados, e cos avións de pasaxeiros, xa que poderían virse abaixo ó ser sometidos a tal cantidade de radiación, ou os seus pasaxeiros sufrir as consecuencias dunha gran exposición a esta. Ademais científicos da NASA xa están buscando novos materiais que paren os efectos da radiación en masa.
Déixovos un video de como se produce unha explosión solar na superficie do astro rei:
http://www.youtube.com/watch?v=eWrm-dADE8w
Para máis información : http://www.quo.es/ciencia/astronomia/2013_explosion_solar




Juan Ozaita Corral 1º Bacharelato A